{"id":27493,"date":"2018-04-10T10:22:32","date_gmt":"2018-04-10T10:22:32","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-internacionalizacion-e-o-turismo-deportivo-marcaron-a-actividade-de-expourense-en-2017\/"},"modified":"2018-04-10T10:22:32","modified_gmt":"2018-04-10T09:22:32","slug":"a-internacionalizacion-e-o-turismo-deportivo-marcaron-a-actividade-de-expourense-en-2017","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-internacionalizacion-e-o-turismo-deportivo-marcaron-a-actividade-de-expourense-en-2017\/","title":{"rendered":"A internacionalizaci\u00f3n e o turismo deportivo marcaron a actividade de Expourense en 2017"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">O recinto ourens\u00e1n fai balance da s\u00faa actividade en 2017, tempo durante o que acolleu 11 feiras, d\u00faas delas internacionais (Xantar e Termatalia), e 29 eventos que atraeron a 89.000 visitas e os 940 expositores de 46 pa\u00edses.<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Durante o ano pasado a actividade do <a href=\"http:\/\/www.expourense.org\/\" target=\"_blank\">recinto feiral Expourense<\/a> estivo marcada pola internacionalizaci\u00f3n e a cooperaci\u00f3n p\u00fablico-privada, ademais de por a instalaci\u00f3n da pista de atletismo cuberta e a celebraci\u00f3n do I Sal\u00f3n do Deporte e Turismo Activo-Sportur Galicia, que se converteron nun sector estrat\u00e9xico para a Fundaci\u00f3n.<br \/>\n2017 foi un ano de transici\u00f3n no que o recinto buscou a compatibilidade entre a actividade feiral e a deportiva, un gran reto que en 2018 buscar\u00e1 alcanzar a compatibilidade total. A trav\u00e9s de todas as s\u00faas actividades, Expourense, consol\u00eddase como unha plataforma que contrib\u00fae, a trav\u00e9s da organizaci\u00f3n de citas \u00fanicas, a fomentar a competitividade das empresas galegas e a facilitar contactos internacionais, sobre todo en sectores estrat\u00e9xicos como o termalismo, a enogastronom\u00eda ou a automoci\u00f3n, e aos que se engade agora o deporte. Por todo o anterior, as feiras e eventos promovidos por Expourense exerceron de axente dinamizador da actividade econ\u00f3mica galega conseguindo ademais a involucraci\u00f3n dos empresarios e fomentando o asociacionismo.<br \/>\n<strong>Novidades<\/strong><br \/>\nNa s\u00faa busca de novos nichos de mercado para as empresas expositoras, Expourense estreou en 2017 d\u00faas feiras: o xa mencionado <a href=\"http:\/\/www.sporturgalicia.com\/\" target=\"_blank\">Sal\u00f3n do Deporte e Turismo Activo &#8211; Sportur Galicia<\/a> que naceu co obxectivo de dar a co\u00f1ecer Galicia como destino activo e saudable e promocionar a multitude de opci\u00f3ns que esta comunidade ofrece para os afeccionados ao deporte e \u00e1s actividades ao aire libre; e Bebega, Mostra do Beb\u00e9 de Galicia que xurdiu como un escaparate do comercio local especializado.<br \/>\nExpourense tam\u00e9n organizou en 2017 citas orientadas ao p\u00fablico xeral de car\u00e1cter comercial que convocaron os diferentes sectores, servindo de plataforma especialmente para o comercio local e contando co apoio de asociaci\u00f3ns empresariais como \u00e9 o caso dos centros comerciais abertos ou da.C.A.Ou.T.O. (Asociaci\u00f3n de Concesionarios de Autom\u00f3biles de Ourense). Con esta \u00faltima, Expourense coorganiz\u00f3 a 9\u00aa edici\u00f3n do Sal\u00f3n do Autom\u00f3bil (Novo e de Ocasi\u00f3n) que \u00e9 unha das citas que xera maior volume de negocio con m\u00e1is de 400 veh\u00edculos vendidos.<br \/>\nNo 2017 cumpriu a s\u00faa maior\u00eda de idade Celebra, Sal\u00f3n de Vodas, Bautizos, Comuni\u00f3ns e Actos Sociais que volveu contar cunha pasarela de moda na que as empresas ourens\u00e1ns mostraron a calidade e a innovaci\u00f3n coa que traballan. O resto de citas do ano foron a 24\u00aa Mostra da Oportunidade e Megaxove, 18\u00ba Sal\u00f3n da Mocidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Promoci\u00f3n internacional de Galicia<\/strong><br \/>\nNo referente \u00e1 actividade feiral de Expourense \u00e9 preciso apuntar a promoci\u00f3n que dos distintos sal\u00f3ns, e dos sectores vinculados a eles, realizouse durante todo o ano nunha vintena de exposici\u00f3ns que tiveron lugar noutros puntos de Galicia, Espa\u00f1a, Europa e Am\u00e9rica Latina. Citas como Xantar, Termatalia ou VINIS TERRAE estiveron presentes nas principais feiras internacionais vencelladas ao turismo (FITUR Madrid, BTL Lisboa, ITB Berl\u00edn, etc.) e nos foros profesionais m\u00e1is importantes dos correspondentes sectores, proxectando por tanto a marca Galicia.<br \/>\nDoutra banda, no 2017 asin\u00e1ronse dous importantes convenios para a celebraci\u00f3n de dous eventos relevantes que ter\u00e1n lugar no 2018 e que contribuir\u00e1n de novo a situar a Ourense nacional e internacionalmente. O primeiro deles foi o asinado en Foz do Igua\u00e7u para converter a esta cidade na sede de<a href=\"http:\/\/www.termatalia.com\/\" target=\"_blank\"> Termatalia Brasil 2018<\/a>, o proxecto m\u00e1is internacional de Expourense. O outro gran evento previsto para este ano ser\u00e1 a Semana Internacional do Baile Deportivo de Ourense, unha cita que reunir\u00e1 a 3.000 participantes entre o 22 e o 24 de xu\u00f1o, que ter\u00e1 lugar no Pazo dos Deportes &#8220;Paco Paz&#8221; e en Expourense.<br \/>\nAdemais de importantes acci\u00f3ns de formaci\u00f3n, Expourense fixo un importante esforzo \u00e1 hora de promover, organizar e acoller xornadas, cursos e seminarios de formaci\u00f3n ou actualizaci\u00f3n profesional. Nas diversas convocatorias, ben complementando \u00e1s feiras ou de maneira individual, participaron m\u00e1is de 300 relatores nacionais e internacionais. Foron seguidas por m\u00e1is de 10.500 asistentes. Neste sentido, cabe destacar a estreita cooperaci\u00f3n que Expourense mant\u00e9n coa Universidade de Vigo e que se materializaron o ano pasado na celebraci\u00f3n no recinto do II Simposio Internacional sobre Auga e Calidade de vida, xunto co Concello de Ourense e a Deputaci\u00f3n Provincial. Este tipo de cooperaci\u00f3n tam\u00e9n se mant\u00e9n coa Direcci\u00f3n Xeral de Educaci\u00f3n, Formaci\u00f3n Profesional e Innovaci\u00f3n Educativa ao facilitar desde a Fundaci\u00f3n a participaci\u00f3n de alumnos dos distintos ciclos formativos de toda Galicia nas feiras que promove para que te\u00f1an un contacto directo cos sectores.<br \/>\nFinalmente as instalaci\u00f3ns de Expourense foron o escenario elixido para a organizaci\u00f3n dunha trintena de eventos de distintas entidades p\u00fablicas e persoais. Estas citas indican que outras empresas conf\u00edan nas infraestruturas e soporte de Expourense para organizar as s\u00faas actividades. Con todo isto, o obxectivo da Fundaci\u00f3n Expourense \u00e9 continuar a ser un eixo vertebrador no que empresas, colectivos e sociedade en xeral atopan o seu punto de encontro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O recinto ourens\u00e1n fai balance da s\u00faa actividade en 2017, tempo durante o que acolleu 11 feiras, d\u00faas delas internacionais (Xantar e Termatalia), e 29 eventos que atraeron a 89.000 visitas e os 940 expositores de 46 pa\u00edses. Durante o ano pasado a actividade do recinto feiral Expourense estivo marcada pola internacionalizaci\u00f3n e a cooperaci\u00f3n &#8230; <a title=\"A internacionalizaci\u00f3n e o turismo deportivo marcaron a actividade de Expourense en 2017\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-internacionalizacion-e-o-turismo-deportivo-marcaron-a-actividade-de-expourense-en-2017\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A internacionalizaci\u00f3n e o turismo deportivo marcaron a actividade de Expourense en 2017\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-27493","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27493","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27493"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27493\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27493"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27493"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27493"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}