{"id":27532,"date":"2018-04-20T07:57:34","date_gmt":"2018-04-20T07:57:34","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/os-peregrinos-suponen-o-mesmo-impacto-economico-que-23-turistas-convencionais\/"},"modified":"2018-04-20T07:57:34","modified_gmt":"2018-04-20T06:57:34","slug":"os-peregrinos-suponen-o-mesmo-impacto-economico-que-23-turistas-convencionais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-peregrinos-suponen-o-mesmo-impacto-economico-que-23-turistas-convencionais\/","title":{"rendered":"Os peregrinos supo\u00f1en o mesmo impacto econ\u00f3mico que 2,3 turistas convencionais"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">Un estudo da USC analiza o impacto econ\u00f3mico do Cami\u00f1o de Santiago, especialmente nos concellos do rural, onde sup\u00f3n unha oportunidade de desenvolvemento<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8220;\u00c1 luz das primeiras conclusi\u00f3ns imos ser a\u00ednda m\u00e1is conscientes da relevancia do Cami\u00f1o de Santiago para todos os galegos que viven preto&#8221;. As\u00ed se expresaba a directora de <a href=\"http:\/\/turismo.gal\" target=\"_blank\">Turismo de Galicia<\/a>, Nava Castro, tras co\u00f1ecer as primeiras conclusi\u00f3ns do informe elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela sobre o impacto econ\u00f3mico do Cami\u00f1o de Santiago. Un informe, elaborado a partir dun amplo traballo de campo, que permitiu establecer conclusi\u00f3ns como que os peregrinos concentran o 2,3% do gasto tur\u00edstico na Comunidade, pero \u00e1 vez cada un deles sup\u00f3n o mesmo impacto econ\u00f3mico que 2,3 turistas ou que cada euro de gasto dos cami\u00f1antes xera ata un 11% m\u00e1is de produto e ata un 18% m\u00e1is de emprego, influ\u00edndo nos ingresos dos concellos e na s\u00faa calidade de vida<\/p>\n<p><strong>Impacto positivo e sen conflitos entre os residentes<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Esta investigaci\u00f3n, inclu\u00edda nos compromisos do <a href=\"https:\/\/www.turismo.gal\/canle-profesional\/plans-e-proxectos\/plan-director-camino-de-santiago?langId=es_ES\" target=\"_blank\">Plan director do Cami\u00f1o<\/a>, \u00e9 froito da colaboraci\u00f3n entre o Goberno auton\u00f3mico e o <a href=\"http:\/\/www.usc.es\/idega\/\" target=\"_blank\">Grupo de An\u00e1lise e Modelizaci\u00f3n Econ\u00f3mica do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC<\/a>. A trav\u00e9s dela p\u00faidose profundar no impacto, especialmente no rural, do Cami\u00f1o de Santiago, conclu\u00edndo que a ca\u00edda demogr\u00e1fica com\u00fan ao rural galego vese atenuada naqueles puntos polos que pasa a Ruta Xacobea, que \u00e9 percibida positivamente polos veci\u00f1os destas poboaci\u00f3ns, que foron enquisados como parte do traballo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os veci\u00f1os aprecian impactos econ\u00f3micos favorables nos ingresos e nivel de vida dos seus municipios, o comercio local, as posibilidades de emprego ou a actividade tur\u00edstica. Ademais, non notan impactos negativos. Perciben que o Cami\u00f1o de Santiago non prexudica a outras actividades e que os seus beneficios son para residentes do propio concello.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Para obter estas valoraci\u00f3ns, as entrevistas do estudo da USC centr\u00e1ronse principalmente no Cebreiro e Melide polas s\u00faas caracter\u00edsticas dentro do Cami\u00f1o Franc\u00e9s, como o concello m\u00e1is envellecido e o m\u00e1is novo, que ademais son opostos en densidade de poboaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Estes primeiros resultados do informe foron presentados nun acto no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino polo profesor Melchor Fern\u00e1ndez, que dirixiu o estudo xunto a Dores Riveiro, membros do Grupo de An\u00e1lise e Modelizaci\u00f3n Econ\u00f3mica (GAME) do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia e en coordinaci\u00f3n cos t\u00e9cnicos especialistas da \u00e1rea de Estudos e Investigaci\u00f3n de Turismo de Galicia. Ademais, participaron nesta presentaci\u00f3n o delegado territorial da Xunta na Coru\u00f1a, Ovidio Rodeiro, o director-xerente do Xacobeo, Rafael S\u00e1nchez, e representantes de instituci\u00f3ns p\u00fablicas, da Catedral de Santiago, de colectivos xacobeos e do sector tur\u00edstico galego.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Exemplo de sustentabilidade<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Finalmente, os primeiros resultados obtidos consignan un impacto ambiental positivo, pois a poboaci\u00f3n local considera que o Cami\u00f1o de Santiago contrib\u00fae a preservar a paisaxe e non xera un problema de xesti\u00f3n de residuos nin aumenta a contaminaci\u00f3n ambiental.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8220;Para apreciar unha realidade \u00e9 imprescindible co\u00f1ecela. Iso estamos a facer: co\u00f1ecer m\u00e1is a fondo o Cami\u00f1o de Santiago, o noso elemento identitario m\u00e1is internacional&#8221;, afirmou Nava Castro, quen avanzou que os responsables do estudo seguir\u00e1n traballando para, no menor tempo, achegar novas conclusi\u00f3ns relacionadas coa percepci\u00f3n dos peregrinos sobre a s\u00faa experiencia, os seus perf\u00eds, as s\u00faas din\u00e1micas e as variables que implican os seus fluxos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un estudo da USC analiza o impacto econ\u00f3mico do Cami\u00f1o de Santiago, especialmente nos concellos do rural, onde sup\u00f3n unha oportunidade de desenvolvemento &#8220;\u00c1 luz das primeiras conclusi\u00f3ns imos ser a\u00ednda m\u00e1is conscientes da relevancia do Cami\u00f1o de Santiago para todos os galegos que viven preto&#8221;. As\u00ed se expresaba a directora de Turismo de Galicia, &#8230; <a title=\"Os peregrinos supo\u00f1en o mesmo impacto econ\u00f3mico que 2,3 turistas convencionais\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-peregrinos-suponen-o-mesmo-impacto-economico-que-23-turistas-convencionais\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Os peregrinos supo\u00f1en o mesmo impacto econ\u00f3mico que 2,3 turistas convencionais\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-27532","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27532","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27532"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27532\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27532"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27532"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27532"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}