{"id":27571,"date":"2018-05-02T12:33:02","date_gmt":"2018-05-02T12:33:02","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/unha-ponte-de-maio-con-ocupacions-similares-a-semana-santa\/"},"modified":"2018-05-02T12:33:02","modified_gmt":"2018-05-02T11:33:02","slug":"unha-ponte-de-maio-con-ocupacions-similares-a-semana-santa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/unha-ponte-de-maio-con-ocupacions-similares-a-semana-santa\/","title":{"rendered":"Unha ponte de maio con ocupaci\u00f3ns similares a Semana Santa"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">A ponte de maio pechouse en Galicia cunha ocupaci\u00f3n dispar que podemos situar entre o 60 e o 80% e no que o tempo finalmente non foi un aliado propicio para tirar das ocupaci\u00f3ns cara arriba, especialmente no mercado nacional e de proximidade. Como \u00e9 habitual nas estimaci\u00f3ns do Cl\u00faster, estas obeceden a pequenas enquisas entre os asociados, o que nos permite ter unha estimaci\u00f3n m\u00e1is cualitativa que cuantitativa, polo que ao universo da enquisa ref\u00edrese.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed, a partir das valoraci\u00f3ns proporcionadas por representantes do sector, principalmente hoteleiro, obt\u00edvose informaci\u00f3n acerca dos resultados no tocante \u00e1 ocupaci\u00f3n e os prezos, que nos sit\u00faan en cifras similares \u00e1s de Semana Santa. Se centramos o foco simplemente no fin de semana, concretamente na noite do s\u00e1bado, o dato el\u00e9vase nalg\u00fans casos \u00e1 contorna do 90% e mesmo rozando o cheo. Pola s\u00faa banda, en canto ao prezo, a informaci\u00f3n var\u00eda dependendo da procedencia das empresas entrevistadas, pero a t\u00f3nica xeral reflicte que estes se mantiveron ou experimentaron lixeiros incrementos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por provincias podemos establecer que na Coru\u00f1a se rexistraron cifras de ocupaci\u00f3n do 75-80%, chegando nalg\u00fans casos ao 100% na noite do s\u00e1bado. O feito de tratarse dunha ponte, unido \u00e1 celebraci\u00f3n do partido Deportivo ? Barcelona permitiron alcanzar indicadores superiores aos de calquera outro fin de semana. Respecto das tarifas, estas increment\u00e1ronse entre 2 e 3 euros, a\u00ednda que nalg\u00fan caso f\u00e1lase de incrementos de m\u00e1is de 10 euros por habitaci\u00f3n.<br \/>\nEn Santiago de Compostela obs\u00e9rvanse moi boas ocupaci\u00f3ns na noite do s\u00e1bado, sobre o 85%, a\u00ednda que a cifra global da ponte red\u00facese ao 60-65%. O prezo non experimentou significativas variaci\u00f3ns.<br \/>\nNa provincia de Lugo, as cifras de ocupaci\u00f3n reflicten a din\u00e1mica experimentada en toda a comunidade, con datos do 85-90% para as noites de venres e s\u00e1bado, baixando \u00e1 contorna do 75% o indicador para as noites de domingo e luns.<br \/>\nDesde a provincia de Ourense ap\u00fantase \u00e1 meteorolox\u00eda como un h\u00e1ndicap a\u00ednda que os establecementos consultados na capital das Burgas falan de datos pr\u00f3ximos ao cheo para as noites de venres e s\u00e1bado, baixando lixeiramente a cifra o domingo. As tarifas non experimentaron cambios significativos.<br \/>\nPola s\u00faa banda, o global da provincia de Pontevedra roldou o 60% de ocupaci\u00f3n na presente ponte, observ\u00e1ndose incrementos nos prezos dun 2-3%.<br \/>\nPor \u00faltimo, os aloxamentos rurais manexan unha porcentaxe do 30% de ocupaci\u00f3n, tendo en conta tam\u00e9n os 4 d\u00edas, con tarifas similares \u00e1s de Semana Santa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A ponte de maio pechouse en Galicia cunha ocupaci\u00f3n dispar que podemos situar entre o 60 e o 80% e no que o tempo finalmente non foi un aliado propicio para tirar das ocupaci\u00f3ns cara arriba, especialmente no mercado nacional e de proximidade. Como \u00e9 habitual nas estimaci\u00f3ns do Cl\u00faster, estas obeceden a pequenas enquisas &#8230; <a title=\"Unha ponte de maio con ocupaci\u00f3ns similares a Semana Santa\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/unha-ponte-de-maio-con-ocupacions-similares-a-semana-santa\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Unha ponte de maio con ocupaci\u00f3ns similares a Semana Santa\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[3737,2540],"tags":[],"class_list":["post-27571","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster-2","category-cluster"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27571","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27571"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27571\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27571"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27571"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27571"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}