{"id":27625,"date":"2018-05-21T05:29:20","date_gmt":"2018-05-21T05:29:20","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/alto-nivel-de-satisfaccion-de-peregrinos-e-vecinos-do-camino-de-santiago-segundo-un-estudo-que-destaca-que-a-ruta-xacobea-non-esta-saturada\/"},"modified":"2018-05-21T05:29:20","modified_gmt":"2018-05-21T04:29:20","slug":"alto-nivel-de-satisfaccion-de-peregrinos-e-vecinos-do-camino-de-santiago-segundo-un-estudo-que-destaca-que-a-ruta-xacobea-non-esta-saturada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/alto-nivel-de-satisfaccion-de-peregrinos-e-vecinos-do-camino-de-santiago-segundo-un-estudo-que-destaca-que-a-ruta-xacobea-non-esta-saturada\/","title":{"rendered":"Alto nivel de satisfacci\u00f3n de peregrinos e veci\u00f1os do Cami\u00f1o de Santiago, segundo un estudo que destaca que a Ruta Xacobea non est\u00e1 saturada"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">Un estudo da USC constata que a capacidade de acollida dos cami\u00f1os de Santiago \u00e9 superior \u00e1 actual e mostra a satisfacci\u00f3n do peregrino<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">O estudo da USC sobre o <a href=\"http:\/\/www.turismo.gal\/aei\/portal\/index.php?idm=44\" target=\"_blank\"><strong>impacto socioecon\u00f3mico do Cami\u00f1o de Santiago<\/strong> <\/a>descarta unha posible saturaci\u00f3n, a pesar de que detecta elevadas densidades de ocupaci\u00f3n puntuais en etapas concretas e en xornadas do ver\u00e1n. Esta \u00e9 unha das conclusi\u00f3ns do estudo,<a href=\"https:\/\/clusterturismogalicia.comlos-peregrinos-suponen-el-mismo-impacto-economico-que-23-turistas-convencionales\/\" target=\"_blank\"> cuxa primeira parte se presentaba hai algunhas semanas,<\/a> e que v\u00e9n completar o co\u00f1ecemento e impacto que o peregrino do Cami\u00f1o Franc\u00e9s ten sobre o territorio e os seus habitantes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste sentido, esta segunda parte do estudo, titulada Perf\u00eds, din\u00e1micas e percepci\u00f3n dos peregrinos, constata que a capacidade de acollida real \u00e9 moi superior ao n\u00famero de peregrinos que fan a ruta xacobea actualmente. Desc\u00e1rtase as\u00ed unha posible saturaci\u00f3n, a pesar de que existen elevadas densidades de ocupaci\u00f3n puntuais concentradas en etapas concretas e en d\u00edas do ver\u00e1n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O estudo foi realizado pola <a href=\"http:\/\/www.usc.es\/\" target=\"_blank\">Universidade de Santiago de Compostela (USC)<\/a> por iniciativa da Xunta de Galicia co obxectivo de co\u00f1ecer a realidade da peregrinaci\u00f3n para facilitar a toma de decisi\u00f3ns tanto das administraci\u00f3ns p\u00fablicas como das entidades privadas e contribu\u00edr \u00e1 xeraci\u00f3n de co\u00f1ecemento que poida ser empregado polos investigadores e divulgadores.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Para a s\u00faa elaboraci\u00f3n, analizouse a capacidade de carga f\u00edsica, a capacidade de carga real e a capacidade de carga efectiva, tendo en conta aspectos como as horas de luz, a distancia m\u00ednima entre grupos ou posibles condicionantes meteorol\u00f3xicos, sociais e ambientais. Entre as s\u00faas conclusi\u00f3ns destaca especialmente que a percepci\u00f3n dunha alta afluencia \u00e9 unha realidade subxectiva para un amplo n\u00famero de peregrinos e non se reflicte que sexa un elemento que cambie a s\u00faa valoraci\u00f3n positiva da experiencia. De feito, obs\u00e9rvase un nivel de satisfacci\u00f3n moi alto: para un 64% dos peregrinos, a experiencia foi mellor ou moito mellor do esperado e s\u00f3 un 5,8% afirma que resultou menor do previsto. Esta valoraci\u00f3n propicia que o 98,6% dos peregrinos recomenden facer o Cami\u00f1o de Santiago. Ademais, ata unha 53% confesa que, con seguridade, repetir\u00e1 a experiencia percorrendo outro dos itinerarios e un 31% prev\u00e9 que volver\u00e1 peregrinar pola mesma ruta xacobea.\u00a0Ademais, a an\u00e1lise establece que n 75% dos galegos afirma que lle agrada a presenza dos cami\u00f1antes e a inmensa maior\u00eda non considera que o volume sexa excesivo en ning\u00fan momento do ano<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>O 83% regresar\u00e1 como turista<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O estudo tam\u00e9n se det\u00e9n en analizar os perf\u00eds dos peregrinos. Neste sentido, compr\u00f3base que o Cami\u00f1o de Santiago destaca pola s\u00faa diversidade. Os peregrinos non se reco\u00f1ecen como turistas, pero si poden chegar a selo no futuro, pois ata un 83% declara que volver\u00e1. En concreto, obs\u00e9rvanse dous grupos diferenciados, en funci\u00f3n de se peregrinan s\u00f3s ou en grupo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nos primeiros, hai tres categor\u00edas: experto (nacional, repite, curto e longo percorrido, con idades entre 40 e 50 anos, que se ve como peregrino e con conciencia cr\u00edtica), tradicional (estranxeiro, non repite, longo percorrido, con idades entre 20 e 40 anos e de m\u00e1is de 60 e peregrino) e viaxeiro (estranxeiro, non repite, longo percorrido, novo e vese como viaxeiro).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En canto aos peregrinos en grupo, dist\u00ednguense os seguintes: moderno (nacional, non repite, curto percorrido, que se ve como peregrino, cun relevante peso feminino e moi satisfeito coa experiencia), l\u00fadico (multinacional, curto e medio percorrido, con diferentes perf\u00eds de lecer e conciencia cr\u00edtico) e nova (nacional, non repite, curto percorrido e que se ve como viaxeiro).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Aposta polo turismo responsable<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8220;Son datos que falan dunha realidade da que Galicia \u00e9 protagonista e que fan posible os galegos?, sinalou Nava Castro, quen apuntou a vontade do Goberno galego por continuar traballando por mellorar e liderar a peregrinaci\u00f3n, convertida nun referente internacional na s\u00faa xesti\u00f3n e na s\u00faa promoci\u00f3n. Nesa li\u00f1a enm\u00e1rcase o Estudo do impacto socioecon\u00f3mico do Cami\u00f1o de Santiago que, como lembrou a directora, \u00e9 de gran importancia para seguir diversificando os fluxos de peregrinos. ?Hoxe recibimos m\u00e1is peregrinos, por m\u00e1is rutas e durante m\u00e1is meses que hai 15 anos?, detallou. Respecto diso, indicou que, como parte da estratexia auton\u00f3mica, o Cami\u00f1o Franc\u00e9s comparte cada vez m\u00e1is protagonismo co resto de itinerarios oficiais e que meses como xullo e agosto cederon peso na afluencia en favor doutros, unha li\u00f1a na que animou a perseverar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O estudo apunta retos e oportunidades a ter en conta no futuro en base \u00e1s diferentes conclusi\u00f3ns obtidas. Entre eles est\u00e1n o impulso da tempada baixa, desestacionalizando a chegada de peregrinos en favor dos meses no que a actividade descende ou atraer a outros visitantes durante \u00e9pocas nas que, polos condicionantes xeogr\u00e1ficos e meteorol\u00f3xicos, hai maiores dificultades para facer o Cami\u00f1o de Santiago. Tam\u00e9n se detectan oportunidades na gobernaci\u00f3n de itinerarios como o Cami\u00f1o de Fisterra e Mux\u00eda, con singularidades propias.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un estudo da USC constata que a capacidade de acollida dos cami\u00f1os de Santiago \u00e9 superior \u00e1 actual e mostra a satisfacci\u00f3n do peregrino O estudo da USC sobre o impacto socioecon\u00f3mico do Cami\u00f1o de Santiago descarta unha posible saturaci\u00f3n, a pesar de que detecta elevadas densidades de ocupaci\u00f3n puntuais en etapas concretas e en &#8230; <a title=\"Alto nivel de satisfacci\u00f3n de peregrinos e veci\u00f1os do Cami\u00f1o de Santiago, segundo un estudo que destaca que a Ruta Xacobea non est\u00e1 saturada\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/alto-nivel-de-satisfaccion-de-peregrinos-e-vecinos-do-camino-de-santiago-segundo-un-estudo-que-destaca-que-a-ruta-xacobea-non-esta-saturada\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Alto nivel de satisfacci\u00f3n de peregrinos e veci\u00f1os do Cami\u00f1o de Santiago, segundo un estudo que destaca que a Ruta Xacobea non est\u00e1 saturada\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-27625","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27625","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27625"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27625\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27625"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27625"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27625"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}