{"id":27661,"date":"2018-06-01T08:44:51","date_gmt":"2018-06-01T08:44:51","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/turexpo-celebrara-a-sua-oitava-edicion-coa-participacion-de-mais-de-40-turoperadores-internacionais\/"},"modified":"2018-06-01T08:44:51","modified_gmt":"2018-06-01T07:44:51","slug":"turexpo-celebrara-a-sua-oitava-edicion-coa-participacion-de-mais-de-40-turoperadores-internacionais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/turexpo-celebrara-a-sua-oitava-edicion-coa-participacion-de-mais-de-40-turoperadores-internacionais\/","title":{"rendered":"Turexpo celebrar\u00e1 a s\u00faa oitava edici\u00f3n coa participaci\u00f3n de m\u00e1is de 40 turoperadores internacionais"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">A feira sectorial celebrarase do 7 ao 10 de xu\u00f1o no recinto feiral de Silleda<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">O <a href=\"http:\/\/www.turexpogalicia.com\/index.php\/es\/\" target=\"_blank\">Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia, Turexpo<\/a>, volver\u00e1 abrir as s\u00faas portas entre o 7 e o 10 de xu\u00f1o no recinto feiral da Semana Verde de Silleda para dar acollida a un gran n\u00famero de casetas institucionais e privadas, entre os que estar\u00e1 tam\u00e9n presente o Cl\u00faster Turismo de Galicia cunha caseta propia. Tampouco faltar\u00e1 espazo para as festas galegas de interese tur\u00edstico, que ter\u00e1n o seu propio espazo en Turexpo Galicia, a trav\u00e9s da feira <a href=\"http:\/\/www.turexpogalicia.com\/index.php\/es\/festur\" target=\"_blank\">Festur<\/a>, nin a habitual <a href=\"http:\/\/www.turexpogalicia.com\/index.php\/es\/bolsa-de-contratacion\" target=\"_blank\">Bolsa de Contrataci\u00f3n Tur\u00edstica<\/a>, na que se dar\u00e1n cita un toral de 43 turoperadores de 12 pa\u00edses como Alema\u00f1a, Brasil, Canad\u00e1, Dinamarca, Francia, Gran Breta\u00f1a, Italia, Polonia, Portugal, Rusia e, por primeira vez no sal\u00f3n, Xeorxia. Estes operadores internacionais e nacionais co\u00f1ecer\u00e1n a oferta de numerosas empresas do sector do turismo, a maior\u00eda galegas. Estas poder\u00e1n mostrarlles detalladamente as s\u00faas propostas aos turoperadores co obxectivo de que as incorporen \u00e1s ofertas que far\u00e1n aos seus clientes nos seus pa\u00edses de orixe. Ser\u00e1 a trav\u00e9s de reuni\u00f3ns agendadas en funci\u00f3n dos intereses de ambas as partes, as cales ter\u00e1n lugar durante o primeiro d\u00eda e medio do certame.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A maior\u00eda destes turoperadores estableceron como preferencias para co\u00f1ecer nestas reuni\u00f3ns propostas de gastronom\u00eda, enoturismo, lecer e cultura, hoteis, spas e balnearios, turismo activo, almacenistas e axencias de viaxes, suscitando tam\u00e9n interese os parques naturais, o turismo rural e as empresas de servizos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Como novidade nestas mesas de negocio, participan por primeira vez empresas especializadas en turismo familiar, en viaxes para singles e en turismo de experiencias, e tam\u00e9n importantes empresas que comercializan aloxamentos. A Bolsa de Contrataci\u00f3n Tur\u00edstica, a cal conta co apoio da Axencia Turismo de Galicia, ser\u00e1 as\u00ed unha vez m\u00e1is unha inmellorable plataforma de negocio para as empresas participantes e o sector tur\u00edstico galego.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Viaxe de familiarizaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A estas mesas de negocio a Bolsa de Contrataci\u00f3n engadir\u00e1 o venres d\u00eda 8 pola tarde e o s\u00e1bado 9 durante todo o d\u00eda un post- tour, unha viaxe de familiarizaci\u00f3n que levar\u00e1 aos turoperadores \u00e1 r\u00eda de Muros e Noia e a Fisterra. As\u00ed as cousas, o venres realizar\u00e1n un paseo polo centro hist\u00f3rico da vila de Noia e ver\u00e1n unha posta de sol no Castro de Baro\u00f1a, para logo cear en Porto do Son. Xa o s\u00e1bado, subir\u00e1n a un vag\u00f3n do Museo Mineiro de San Finx (Lousame) e visitar\u00e1n tanto a central hidroel\u00e9ctrica do Tambre como varias pesqueiras de lamprea. Tam\u00e9n navegar\u00e1n polo Tambre, visitar\u00e1n Ponche Nafonso e descubrir\u00e1n a r\u00eda desde o mar no balandro Joaqu\u00edn Vieta. Tras atracar no porto marisqueiro de O Freixo, comer\u00e1n e visitar\u00e1n Muros para dirixirse logo cara a Fisterra. As\u00ed, pola tarde co\u00f1ecer\u00e1n Carnota, O Pindo e a fervenza do \u00c9zaro, ademais de facer un pequeno tramo do Cami\u00f1o dos Faros.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A feira sectorial celebrarase do 7 ao 10 de xu\u00f1o no recinto feiral de Silleda O Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia, Turexpo, volver\u00e1 abrir as s\u00faas portas entre o 7 e o 10 de xu\u00f1o no recinto feiral da Semana Verde de Silleda para dar acollida a un gran n\u00famero de casetas institucionais e privadas, entre &#8230; <a title=\"Turexpo celebrar\u00e1 a s\u00faa oitava edici\u00f3n coa participaci\u00f3n de m\u00e1is de 40 turoperadores internacionais\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/turexpo-celebrara-a-sua-oitava-edicion-coa-participacion-de-mais-de-40-turoperadores-internacionais\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Turexpo celebrar\u00e1 a s\u00faa oitava edici\u00f3n coa participaci\u00f3n de m\u00e1is de 40 turoperadores internacionais\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-27661","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27661","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27661"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27661\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27661"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27661"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27661"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}