{"id":27757,"date":"2018-07-18T06:13:20","date_gmt":"2018-07-18T06:13:20","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-parque-nacional-das-illas-atlanticas-organiza-mais-de-200-visitas-guiadas-gratuitas-durante-este-veran\/"},"modified":"2018-07-18T06:13:20","modified_gmt":"2018-07-18T05:13:20","slug":"o-parque-nacional-das-illas-atlanticas-organiza-mais-de-200-visitas-guiadas-gratuitas-durante-este-veran","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-parque-nacional-das-illas-atlanticas-organiza-mais-de-200-visitas-guiadas-gratuitas-durante-este-veran\/","title":{"rendered":"O Parque Nacional das Illas Atl\u00e1nticas organiza m\u00e1is de 200 visitas guiadas gratu\u00edtas durante este ver\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">O gran interese que esperta o <a href=\"https:\/\/www.parquenacionalillasatlanticas.com\/index.php?lang=es\" target=\"_blank\">Parque Nacional das Illas Atl\u00e1nticas<\/a> levou \u00e1 Xunta a ampliar o programa de rutas guiadas estivais programado para este 2018. Baixo o esl\u00f3gan &#8220;Descubrindo o Parque Nacional ofrecer\u00e1 ao longo desta tempada un total de 200 visitas guiadas, tanto \u00e1s C\u00edes e as Ons, como \u00e1s illas de Cortegada e S\u00e1lvora, que comezaron no programa de visita o ano pasado con gran \u00e9xito.<br \/>\nO programa promovido pola <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/medio-ambiente-e-ordenacion-do-territorio\" target=\"_blank\">Conseller\u00eda de Medio Ambiente e Ordenaci\u00f3n do Territorio<\/a> ten o prop\u00f3sito de animar aos cidad\u00e1ns de todas as idades a co\u00f1ecer os valores destes enclaves naturais, completando e enriquecendo as\u00ed a actividade de praia ou de sendeirismo que fan os visitantes durante o ver\u00e1n.<br \/>\nAs rutas desenvolveranse durante o que resta do mes de xullo e ata setembro; en Ons e C\u00edes ofreceranse rutas diarias con varias tem\u00e1ticas, que poder\u00e1n reservarse directamente na caseta de informaci\u00f3n das ilas ou resesrvando a trav\u00e9s da central os m\u00e9rcores para Ons e os xoves para C\u00edes. No caso de de S\u00e1lvora, as visitas ser\u00e1n os luns, m\u00e9rcores, venres e s\u00e1bados mentres que para Cortegada ser\u00e1n os martes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As visitas son\u00a0de balde e orientadas para todos os p\u00fablicos, pensadas para nenos a partir dos 12 anos. Hai que ter en conta que o desprazamento a cada illa corre de conta de cada participante, igual que a comida e a bebida que se queira consumir durante estas actividades.<br \/>\nNo per\u00edodo estival do ano pasado realiz\u00e1ronse case 400 rutas nas 4 illas, nas que participaron 4.245 persoas. Desde que se comezaron a ofertar no 2004, levan participado m\u00e1is de 42.000 persoas.<br \/>\nTodas aquelas persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades deber\u00e1n reservar a s\u00faa praza a trav\u00e9s da web da central de reservas a trav\u00e9s da web <a href=\"http:\/\/www.reservasparquesnacionales.es\/real\/ParquesNac\/usu\/html\/inicio-reserva-oapn.aspx?cen=20&amp;act=+13\" target=\"_blank\">www.reservasparquesnacionales.es<\/a>, xa que as prazas son limitadas. No apartado espec\u00edfico da PN Illas Atl\u00e1nticas, aparece unha listaxe das actividades ofertadas para cada unha das rutas co seu respectivo calendario. Cada persoa poder\u00e1 reservar para unha soa ruta por illa. Habilitarase tam\u00e9n unha lista de espera, coa que cubrir posibles baixas en S\u00e1lvora e Cortegada.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O gran interese que esperta o Parque Nacional das Illas Atl\u00e1nticas levou \u00e1 Xunta a ampliar o programa de rutas guiadas estivais programado para este 2018. Baixo o esl\u00f3gan &#8220;Descubrindo o Parque Nacional ofrecer\u00e1 ao longo desta tempada un total de 200 visitas guiadas, tanto \u00e1s C\u00edes e as Ons, como \u00e1s illas de Cortegada &#8230; <a title=\"O Parque Nacional das Illas Atl\u00e1nticas organiza m\u00e1is de 200 visitas guiadas gratu\u00edtas durante este ver\u00e1n\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-parque-nacional-das-illas-atlanticas-organiza-mais-de-200-visitas-guiadas-gratuitas-durante-este-veran\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O Parque Nacional das Illas Atl\u00e1nticas organiza m\u00e1is de 200 visitas guiadas gratu\u00edtas durante este ver\u00e1n\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-27757","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27757","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27757"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27757\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27757"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27757"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27757"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}