{"id":27827,"date":"2018-08-31T06:49:06","date_gmt":"2018-08-31T06:49:06","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-turismo-rural-galego-reunese-para-debater-situacion-e-estratexias-de-promocion-conxunta-para-este-outono\/"},"modified":"2018-08-31T06:49:06","modified_gmt":"2018-08-31T05:49:06","slug":"o-turismo-rural-galego-reunese-para-debater-situacion-e-estratexias-de-promocion-conxunta-para-este-outono","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-turismo-rural-galego-reunese-para-debater-situacion-e-estratexias-de-promocion-conxunta-para-este-outono\/","title":{"rendered":"O turismo rural galego re\u00fanese para debater situaci\u00f3n e estratexias de promoci\u00f3n conxunta para este outono"},"content":{"rendered":"<h4>A Cidade da Cultura acolleu unha xornada de encontro na que participaron algo m\u00e1is dunha vintena de empresarios e representantes de asociaci\u00f3ns de turismo rural para profundar no cat\u00e1logo de produtos tur\u00edsticos que se elaborou durante o ver\u00e1n e promover estratexias de futuro<\/h4>\n<p>No marco de elaboraci\u00f3n do <a href=\"https:\/\/www.turismoruraldegalicia-experiencias.com\/\" target=\"_blank\"><strong>Cat\u00e1logo de produtos de Turismo Rural 2018<\/strong><\/a> que o Cl\u00faster Turismo de Galicia est\u00e1 a promover a proposta da <a href=\"http:\/\/fegatur.org\/\" target=\"_blank\">Federaci\u00f3n Galega de Turismo Rural (Fegatur)<\/a> e da <a href=\"https:\/\/agatur.org\/\" target=\"_blank\">Asociaci\u00f3n Galega de Turismo Rural (Agatur)<\/a>, Compostela acolleu un encontro do sector do turismo rural galego ao obxecto de facer unha an\u00e1lise da situaci\u00f3n actual deste segmento e trazar estratexias conxuntas de acci\u00f3n para os pr\u00f3ximos meses. A xornada serviu para co\u00f1ecer a situaci\u00f3n do proxecto de creaci\u00f3n deste cat\u00e1logo de produtos tur\u00edsticos vinculados a este segmento, resolver d\u00fabidas e acordar unha estratexia de acci\u00f3n do sector de turismo rural para o pr\u00f3ximo outono 2018, na que se promocionen os establecementos de turismo rural de Galicia durante os meses de outubro e novembro con diversas iniciativas tanto de modo conxunto do sector como sector como a nivel individual.<\/p>\n<p>A xornada contou coa participaci\u00f3n do xefe de \u00e1rea de Produtos de Turismo de Galicia, Santiago Bacariza, que fixo fincap\u00e9 na necesidade de fomentar sinerx\u00edas e colaboraci\u00f3ns entre empresas para beneficiarse de iniciativas como a do cat\u00e1logo pero tam\u00e9n das axudas que se xestionan a trav\u00e9s de Turismo de Galicia, centradas na creaci\u00f3n de produto. Bacariza chamou a atenci\u00f3n, ademais, do gran impulso que vai supor a celebraci\u00f3n do Xacbeo 2021 e o turismo rural debe aproveitar este fluxo de visitantes que vai chegar nos pr\u00f3ximos anos a Galicia. &#8220;\u00c9 fundamental profundar nunha maior vertebraci\u00f3n asociativa do sector do turismo rural galego e a creaci\u00f3n de produto tur\u00edstico que apenas existe actualmente&#8221;, indicou.<\/p>\n<p>Precisamente a internacionalizaci\u00f3n as\u00ed como a desestacionalizaci\u00f3n, a diferenciaci\u00f3n do produto e a necesidade de maior promoci\u00f3n foron alg\u00fans dos aspectos que se abordaron durante a xornada, a modo de breve diagn\u00f3stico da situaci\u00f3n actual do sector.<\/p>\n<p><strong>Culminaci\u00f3n de traballos e posta en marcha da campa\u00f1a<\/strong><br \/>\nEsta xornada sup\u00f3n o punto e final da primeira fase de dinamizaci\u00f3n do turismo rural galego neste exercicio. Durante os meses de xullo e agosto asociaci\u00f3ns como Mar de Compostela, Campo e Mar, Ribeira Sacra Rural e Agatur mantiveron unha serie de encontros e xornadas de traballo que culminaron na creaci\u00f3n dun cat\u00e1logo de produtos tur\u00edsticos, no que se han ir engadindo as achegas realizadas por diversos establecementos de turismo rural e que xa pode consultarse en li\u00f1a, a falta de conclu\u00edrse definitivamente durante a primeira quincena do mes de setembro.<\/p>\n<p>Finalmente tam\u00e9n se acordou levar a cabo unha acci\u00f3n de promoci\u00f3n centrada no fin de semana do 29 e 30 de setembro, a modo de experiencia piloto para ver a resposta do p\u00fablico final e que concluir\u00e1 a finais de novembro. Calquera establecemento de turismo rural ou asociaci\u00f3n de turismo rural interesada pode dirixirse a <a href=\"mailto:estudos.fegatur@gmail.com\" target=\"_blank\">estudos.fegatur@gmail.com<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Cidade da Cultura acolleu unha xornada de encontro na que participaron algo m\u00e1is dunha vintena de empresarios e representantes de asociaci\u00f3ns de turismo rural para profundar no cat\u00e1logo de produtos tur\u00edsticos que se elaborou durante o ver\u00e1n e promover estratexias de futuro No marco de elaboraci\u00f3n do Cat\u00e1logo de produtos de Turismo Rural 2018 &#8230; <a title=\"O turismo rural galego re\u00fanese para debater situaci\u00f3n e estratexias de promoci\u00f3n conxunta para este outono\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-turismo-rural-galego-reunese-para-debater-situacion-e-estratexias-de-promocion-conxunta-para-este-outono\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O turismo rural galego re\u00fanese para debater situaci\u00f3n e estratexias de promoci\u00f3n conxunta para este outono\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737,2547,3739],"tags":[],"class_list":["post-27827","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2","category-xornadas","category-jornadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27827","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27827"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27827\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27827"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27827"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27827"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}