{"id":27836,"date":"2018-09-04T06:58:25","date_gmt":"2018-09-04T06:58:25","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-outono-gastronomico-en-turismo-rural-contara-coa-participacion-de-86-establecementos-e-172-menus-diferentes\/"},"modified":"2018-09-04T06:58:25","modified_gmt":"2018-09-04T05:58:25","slug":"o-outono-gastronomico-en-turismo-rural-contara-coa-participacion-de-86-establecementos-e-172-menus-diferentes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-outono-gastronomico-en-turismo-rural-contara-coa-participacion-de-86-establecementos-e-172-menus-diferentes\/","title":{"rendered":"O Outono Gastron\u00f3mico en Turismo Rural contar\u00e1 coa participaci\u00f3n de 86 establecementos e 172 men\u00fas diferentes"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">Entre o 14 de setembro e o 16 de decembro Turismo de Galicia volve p\u00f3r en marcha a s\u00faa iniciativa <a href=\"http:\/\/www.outonogastronomico2018.com\/\" target=\"_blank\">Outono Gastron\u00f3mico<\/a>, coa que se pretende seguir fomentando a elecci\u00f3n de Galicia para gozala tam\u00e9n no outono, especialmente no turismo rural, que mellorou as s\u00faas cifras de ocupaci\u00f3n neste per\u00edodo nos \u00faltimos anos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En parella, en familia ou con amigos, o programa permite gozar de fins de semana en casas de turismo rural con prezos que van desde os 30 euros aos 300 en funci\u00f3n da modalidade elixida polo viaxeiro e que incl\u00faen propostas culinarias, dese\u00f1adas para a ocasi\u00f3n.\u00a0Ao longo das s\u00faas 11 edici\u00f3ns anteriores, preto de 60.000 persoas participaron xa no outono gastron\u00f3mico, que foi premiado na edici\u00f3n de Fitur de 2016 como Mellor Produto de Turismo Activo Nacional na modalidade de Enogastronom\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nesta ocasi\u00f3n, adh\u00edrense a esta proposta 23 casas de turismo rural da provincia da Coru\u00f1a, 19 de Lugo, 25 de Pontevedra e 19 de Ourense. Todas elas ofrecen diferentes propostas que se adaptan ao tipo de viaxeiros, \u00e1s s\u00faas preferencias ou \u00e1 duraci\u00f3n da estancia. Estar\u00e1n dispo\u00f1ibles todos os fins de semana, excepto os do 12 a 14 de outubro e 7 a 9 de decembro:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8211; Oferta Men\u00fa Outono Gastron\u00f3mico, dese\u00f1ada exclusivamente para esta ocasi\u00f3n, incl\u00fae entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, caf\u00e9s ou infusi\u00f3ns, vi\u00f1os das distintas denominaci\u00f3ns de orixe galegas e outras bebidas polo prezo global de 30 euros por persoa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8211; Tam\u00e9n se ofrece a posibilidade do Paquete Outono Gastron\u00f3mico que permite degustar o men\u00fa Outono gastron\u00f3mico e pasar a noite na casa de turismo rural elixida, inclu\u00edndo os almorzos do d\u00eda seguinte. Esta segunda modalidade prev\u00e9 un men\u00fa por persoa m\u00e1is aloxamento e almorzo, a escoller entre a noite de venres ou s\u00e1bado. O prezo \u00e9 de 120 euros para d\u00faas persoas en habitaci\u00f3n dobre ou de 80 euros para unha persoa en habitaci\u00f3n individual.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8211; Outra das opci\u00f3ns \u00e9 gozar do Fin de semana Outono Gastron\u00f3mico, que incl\u00fae dous men\u00fas por persoa m\u00e1is o aloxamento, na noite de venres e s\u00e1bado. O prezo \u00e9 de 200 euros para d\u00faas persoas en habitaci\u00f3n dobre e 140 para unha persoa en habitaci\u00f3n individual.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8211; E se se quere compartir coa familia un fin de semana, existe o Fin de semana familiar Outono Gastron\u00f3mico que incl\u00fae ofertas para un e dous nenos at\u00e9 14 anos. Para parellas acompa\u00f1adas dun neno, a oferta de men\u00fas e aloxamento ser\u00e1 de 260 euros, mentres que para as que vaian acompa\u00f1adas de d\u00faas o prezo ser\u00e1 de 300 euros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Novos Plan de Turismo Rural e Enogastr\u00f3nomico<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Como en edici\u00f3ns anteriores, ponse a disposici\u00f3n dos viaxeiros gu\u00edas informativas que poder\u00e1n atoparse nos propios establecementos de turismo rural participantes, nas oficinas de turismo, nos campos de golf e noutros espazos p\u00fablicos de Galicia. Tam\u00e9n se distribuir\u00e1n carteis e d\u00edpticos para a s\u00faa divulgaci\u00f3n e promoverase nas redes sociais. Toda a informaci\u00f3n est\u00e1 dispo\u00f1ible na web de Turismo de Galicia e <a href=\"http:\/\/www.outonogastronomico2018.com\/\" target=\"_blank\">outonogastronomico2018.com<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entre o 14 de setembro e o 16 de decembro Turismo de Galicia volve p\u00f3r en marcha a s\u00faa iniciativa Outono Gastron\u00f3mico, coa que se pretende seguir fomentando a elecci\u00f3n de Galicia para gozala tam\u00e9n no outono, especialmente no turismo rural, que mellorou as s\u00faas cifras de ocupaci\u00f3n neste per\u00edodo nos \u00faltimos anos. En parella, &#8230; <a title=\"O Outono Gastron\u00f3mico en Turismo Rural contar\u00e1 coa participaci\u00f3n de 86 establecementos e 172 men\u00fas diferentes\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-outono-gastronomico-en-turismo-rural-contara-coa-participacion-de-86-establecementos-e-172-menus-diferentes\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O Outono Gastron\u00f3mico en Turismo Rural contar\u00e1 coa participaci\u00f3n de 86 establecementos e 172 men\u00fas diferentes\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-27836","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27836","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27836"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27836\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27836"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27836"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27836"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}