{"id":27875,"date":"2018-09-20T05:08:48","date_gmt":"2018-09-20T05:08:48","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/rias-baixas-volve-conseguir-unha-alta-valoracion-entre-os-visitantes-que-a-elixiron-como-destino-este-veran\/"},"modified":"2018-09-20T05:08:48","modified_gmt":"2018-09-20T04:08:48","slug":"rias-baixas-volve-conseguir-unha-alta-valoracion-entre-os-visitantes-que-a-elixiron-como-destino-este-veran","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/rias-baixas-volve-conseguir-unha-alta-valoracion-entre-os-visitantes-que-a-elixiron-como-destino-este-veran\/","title":{"rendered":"R\u00edas Baixas volve conseguir unha alta valoraci\u00f3n entre os visitantes que a elixiron como destino este ver\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">A <a href=\"https:\/\/www.depo.gal\/\" target=\"_blank\">Deputaci\u00f3n de Pontevedra<\/a> acaba de facer p\u00fablico un <a href=\"https:\/\/www.depo.gal\/documents\/1076146\/7904805\/Estudo+comportamento+compra+destino+veran+2018.pptx\/d84144d0-1a17-4b76-8836-dbdfa000ce88\" target=\"_blank\">estudo de comportamento do viaxeiro que visita as R\u00edas Baixas<\/a>, a partir dunha enquisa realizada de maneira aleatoria durante os pasados meses de ver\u00e1n entre os visitantes a esta zona, sendo o perfil deste viaxeiro maioritariamente de orixe nacional e cunha franxa de idade entre os 36 e os 65 anos. Entre as orixes nacionais destaca especialmente o viaxeiro de Madrid, Catalu\u00f1a e Andaluc\u00eda mentres que nas internacionais, o maioritario prov\u00e9n de Portugal (case un 47%).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O estudo concl\u00fae que a provincia de Pontevedra ten un turismo que prefire os hoteis (o 44%) e que v\u00e9n \u00e1s R\u00edas Baixas entre 4 d\u00edas e unha semana (o 53% dos enquisados); que escolle o destino pola gastronom\u00eda, pola oferta cultural, pola natureza e polas praias; que Internet \u00e9 o medio a trav\u00e9s do que se informan e xestionan a maior parte das s\u00faas compras e reservas, e tam\u00e9n que o destino consegue unha valoraci\u00f3n moi alta, con 4,69 puntos sobre 5. Ademais destaca o estudo que m\u00e1is dun 60% dos enquisados escolleu como destino as R\u00edas Baixas por recomendaci\u00f3n de amigos ou familiares.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A Presidenta da Deputaci\u00f3n de Pontevedra, Carmela Silva, resaltou especialmente os datos relativos \u00e1 importancia que ten Internet como medio de reserva e de informaci\u00f3n, e asegurou que &#8220;de aqu\u00ed ao ver\u00e1n de 2019 a revoluci\u00f3n que imos facer no TIC vai ser total e absoluta&#8221;. As\u00ed, Carmela Silva asegurou que &#8220;o destino est\u00e1 a vivir importantes cambios no relativo \u00e1s novas tecnolox\u00edas, contemplados no Plan Estrat\u00e9xico de Turismo, que nos permitir\u00e1n confirmar novidades nos pr\u00f3ximos meses&#8221; e adiantou que &#8220;a Deputaci\u00f3n acaba de presentar o proxecto &#8220;Tourist Inside&#8221; ao Goberno estatal para modernizar o destino, un proxecto que &#8220;permitir\u00e1 modernizar e que o TIC consigan un gran papel na promoci\u00f3n e na compra de paquetes de viaxes&#8221; xa que &#8220;o futuro do sector pasa por elas&#8221;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Carmela Silva lembrou que o TIC son moi importantes en especial para o turismo estranxeiro e que precisamente a internacionalizaci\u00f3n \u00e9 un dos obxectivos prioritarios marcados no Plan Estrat\u00e9xico de Turismo. &#8220;\u00c9 un turismo moi interesante que se move polos motivos que n\u00f3s queremos promover, de alta capacidade adquisitiva, que consome moito e que se move durante todo o ano&#8221;. A Presidenta asegurou que o fomento da internacionalizaci\u00f3n, que lembrou que \u00e9 importante &#8220;para os n\u00fameros e para o modelo&#8221; do turismo provincial, ten que pasar pola &#8220;promoci\u00f3n naqueles lugares do estranxeiro onde chegan as rutas do aeroporto de Vigo&#8221;. A Presidenta provincial avanzou que a Deputaci\u00f3n presentar\u00e1 ao sector os datos deste estudo, ao que lle seguir\u00e1 outro que se elaborar\u00e1 xa en tempada baixa, e tam\u00e9n os levar\u00e1 \u00e1 pr\u00f3xima Mesa do Turismo provincial que se celebrar\u00e1 en outubro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Deputaci\u00f3n de Pontevedra acaba de facer p\u00fablico un estudo de comportamento do viaxeiro que visita as R\u00edas Baixas, a partir dunha enquisa realizada de maneira aleatoria durante os pasados meses de ver\u00e1n entre os visitantes a esta zona, sendo o perfil deste viaxeiro maioritariamente de orixe nacional e cunha franxa de idade entre os &#8230; <a title=\"R\u00edas Baixas volve conseguir unha alta valoraci\u00f3n entre os visitantes que a elixiron como destino este ver\u00e1n\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/rias-baixas-volve-conseguir-unha-alta-valoracion-entre-os-visitantes-que-a-elixiron-como-destino-este-veran\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre R\u00edas Baixas volve conseguir unha alta valoraci\u00f3n entre os visitantes que a elixiron como destino este ver\u00e1n\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-27875","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27875","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27875"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27875\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27875"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27875"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27875"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}