{"id":27929,"date":"2018-10-18T10:37:39","date_gmt":"2018-10-18T10:37:39","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/galicia-recibe-o-peregrino-300-000-coa-prevision-de-pechar-este-2018-cunha-nova-marca\/"},"modified":"2018-10-18T10:37:39","modified_gmt":"2018-10-18T09:37:39","slug":"galicia-recibe-o-peregrino-300-000-coa-prevision-de-pechar-este-2018-cunha-nova-marca","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-recibe-o-peregrino-300-000-coa-prevision-de-pechar-este-2018-cunha-nova-marca\/","title":{"rendered":"Galicia recibe o peregrino 300.000 coa previsi\u00f3n de pechar este 2018 cunha nova marca"},"content":{"rendered":"<h4>Os peregrinos chegaron desde 172 pa\u00edses e cada vez por m\u00e1is rutas xacobeas<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">En decembro do ano pasado alcanz\u00e1base por vez primeira a cifra do 300 mil peregrinos chegados a Galicia. Este ano a cifra alcanzouse dous meses antes, e esta semana chegaba o peregrino n\u00famero 300.000 o que fai prever que 2018 concluir\u00e1 cunha nova marca hist\u00f3rica na chegada de romeus, que pode quedar por encima dos 320.000. Chegados desde 172 pa\u00edses ?e cada vez por m\u00e1is rutas xacobeas- este novo fito demostra que Galicia &#8220;gusta, segundo asegurou o presidente da Xunta, Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o, e fai que o Cami\u00f1o de Santiago xa non sexa s\u00f3 un fen\u00f3meno exclusivo dos anos santos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste sentido, lembrou que desde o Goberno galego est\u00e1 a traballarse no seu coidado e na s\u00faa promoci\u00f3n a trav\u00e9s do Plan director do Cami\u00f1o de Santiago, un instrumento cun investimento de 56 mill\u00f3ns e oito li\u00f1as de traballo. E cunha constante planificaci\u00f3n, criterio e sentidi\u00f1o: para mellorar, recuperar e conservar o patrimonio natural e cultural; para seguir apostando por un turismo responsable e diversificado; e para continuar pondo en valor o que nos diferencia a excelencia desde a tranquilidade e a autenticidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ao longo da s\u00faa intervenci\u00f3n, o titular da Xunta referiuse \u00e1 preparaci\u00f3n do Xacobeo 21, un reto para o cal se conta coa nova Conseller\u00eda de Cultura e Turismo, coa entrada da alta velocidade un ano antes do ano santo e coa rehabilitaci\u00f3n integral da Catedral de Santiago. &#8220;Estamos a falar de preparar o mellor Xacobeo da nosa historia&#8221;, dixo, apelando ao esp\u00edrito do Xacobeo 93, que colocou Compostela no mapa tur\u00edstico e outorgoulle o t\u00edtulo de cidade universal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os peregrinos chegaron desde 172 pa\u00edses e cada vez por m\u00e1is rutas xacobeas En decembro do ano pasado alcanz\u00e1base por vez primeira a cifra do 300 mil peregrinos chegados a Galicia. Este ano a cifra alcanzouse dous meses antes, e esta semana chegaba o peregrino n\u00famero 300.000 o que fai prever que 2018 concluir\u00e1 cunha &#8230; <a title=\"Galicia recibe o peregrino 300.000 coa previsi\u00f3n de pechar este 2018 cunha nova marca\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-recibe-o-peregrino-300-000-coa-prevision-de-pechar-este-2018-cunha-nova-marca\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Galicia recibe o peregrino 300.000 coa previsi\u00f3n de pechar este 2018 cunha nova marca\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-27929","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27929","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27929"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27929\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27929"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27929"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27929"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}