{"id":27941,"date":"2018-10-24T05:43:20","date_gmt":"2018-10-24T05:43:20","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/tres-asociados-da-ruta-do-vino-rias-baixas-reconecidos-nos-premios-de-enoturismo-rutas-do-vino-de-espana-2018\/"},"modified":"2018-10-24T05:43:20","modified_gmt":"2018-10-24T04:43:20","slug":"tres-asociados-da-ruta-do-vino-rias-baixas-reconecidos-nos-premios-de-enoturismo-rutas-do-vino-de-espana-2018","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/tres-asociados-da-ruta-do-vino-rias-baixas-reconecidos-nos-premios-de-enoturismo-rutas-do-vino-de-espana-2018\/","title":{"rendered":"Tres asociados da Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas, reco\u00f1ecidos nos Premios de Enoturismo Rutas do Vi\u00f1o de Espa\u00f1a 2018"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">Tres asociados da <a href=\"http:\/\/rutadelvinoriasbaixas.com\/\" target=\"_blank\">Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixa<\/a>s, integrada no <a href=\"https:\/\/www.wineroutesofspain.com\/\" target=\"_blank\">Club de Produto das Rutas do Vi\u00f1o de Espa\u00f1a<\/a>, foron galardoados nos Premios de Enoturismo Rutas do Vi\u00f1o de Espa\u00f1a 2018. M\u00e1is concretamente, tr\u00e1tase do Concello de Cambados e das adegas Marqu\u00e9s de Vizhoja e Paco &amp; Lola. Cambados foi nomeado como o Mellor Municipio Enotur\u00edstico &#8220;polo nivel de conservaci\u00f3n e protecci\u00f3n do seu patrimonio hist\u00f3rico (un dos conxuntos hist\u00f3ricos mellor conservados de Galicia), pola s\u00faa contorna de vi\u00f1edos e adegas e o seu labor de potenciaci\u00f3n da cultura do vi\u00f1o e a gastronom\u00eda, especialmente a trav\u00e9s da Festa do Vi\u00f1o Albari\u00f1o R\u00edas Baixas, creada en 1953&#8221;, segundo destaca o xurado. Pola s\u00faa banda, Bodegas Marqu\u00e9s de Vizhoja recibiu o reco\u00f1ecemento polo seu Compromiso coa Sociedade e o Medio Ambiente, pola &#8220;iniciativa de desenvolver xornadas de sensibilizaci\u00f3n para reflexionar e buscar sinerx\u00edas entre os profesionais agr\u00edcolas e forestais para a prevenci\u00f3n dos incendios&#8221; mentres que a cooperativa Paco &amp; Lola obtivo unha menci\u00f3n especial \u00e1 Mellor Experiencia Enotur\u00edstica pola s\u00faa proposta Son &amp; Sal.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Desde a Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas felicitan &#8220;aos asociados premiados polo seu bo facer. O reco\u00f1ecemento do seu labor en prol do enoturismo contrib\u00fae a situar o noso itinerario como un dos principais destinos do pa\u00eds&#8221;. Ademais, desde a asociaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro aproveitaron a ocasi\u00f3n para animar a outros establecementos adheridos &#8220;a presentar as s\u00faas propostas \u00e1 pr\u00f3xima edici\u00f3n dos Premios de Enoturismo Rutas do Vi\u00f1o de Espa\u00f1a, xa que se supo\u00f1en un trampol\u00edn para incrementar a visibilidade do bo traballo que se est\u00e1 levando a cabo no noso territorio&#8221;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Novo \u00e9xito da Ruta BTT<\/strong><br \/>\nDoutra banda a Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas, tam\u00e9n celebra o \u00e9xito da cita deportiva que congregou a 200 amantes do ciclismo que tiveron a oportunidade de descubrir a subzona do Rosal sobre as s\u00faas bicicletas a trav\u00e9s da <a href=\"http:\/\/rutadelvinoriasbaixas.com\/tag\/btt\/\" target=\"_blank\">III BTT Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas<\/a> que comezou e finalizou na praza do Concello do Rosal. Todos os participantes obtiveron dous agasallos: unha camiseta conmemorativa e unha botella de vi\u00f1o de R\u00edas Baixas. Desde a asociaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro m\u00f3stranse moi satisfeitos pola &#8220;excelente resposta que, un ano m\u00e1is, rexistrou esta cita&#8221; pero, ademais, sorteouse un enopack composto por unha visita guiada a unha adega adherida \u00e1 Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas no Rosal e un xantar ou cea nun restaurante asociado tam\u00e9n localizado nesta mesma subzona.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tres asociados da Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas, integrada no Club de Produto das Rutas do Vi\u00f1o de Espa\u00f1a, foron galardoados nos Premios de Enoturismo Rutas do Vi\u00f1o de Espa\u00f1a 2018. M\u00e1is concretamente, tr\u00e1tase do Concello de Cambados e das adegas Marqu\u00e9s de Vizhoja e Paco &amp; Lola. Cambados foi nomeado como o Mellor Municipio &#8230; <a title=\"Tres asociados da Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas, reco\u00f1ecidos nos Premios de Enoturismo Rutas do Vi\u00f1o de Espa\u00f1a 2018\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/tres-asociados-da-ruta-do-vino-rias-baixas-reconecidos-nos-premios-de-enoturismo-rutas-do-vino-de-espana-2018\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Tres asociados da Ruta do Vi\u00f1o R\u00edas Baixas, reco\u00f1ecidos nos Premios de Enoturismo Rutas do Vi\u00f1o de Espa\u00f1a 2018\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-27941","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27941","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27941"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27941\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27941"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27941"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27941"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}