{"id":27971,"date":"2018-11-07T12:15:48","date_gmt":"2018-11-07T12:15:48","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/medra-o-interese-da-turoperacion-britanica-polo-destino-galicia\/"},"modified":"2018-11-07T12:15:48","modified_gmt":"2018-11-07T11:15:48","slug":"medra-o-interese-da-turoperacion-britanica-polo-destino-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/medra-o-interese-da-turoperacion-britanica-polo-destino-galicia\/","title":{"rendered":"Medra o interese da turoperaci\u00f3n brit\u00e1nica polo destino Galicia"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">Concl\u00fae a misi\u00f3n comercial do Cl\u00faster Turismo de Galicia na World Travel Market de Londres con boas sensaci\u00f3ns e duplicando o n\u00famero de encontros profesionais celebrados<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">\nConcl\u00fae a quinta misi\u00f3n comercial do Cl\u00faster Turismo de Galicia \u00e1 World Travel Market con bo sabor de boca, tras comprobar o incremento do interese da turoperaci\u00f3n brit\u00e1nica no Destino Galicia. Ao longo do tres d\u00edas de xornadas profesionais a trintena de profesionais do sector tur\u00edstico galego mantiveron m\u00e1is de medio centenar de encontros, pr\u00e1citicamente o dobre que en 2017, con 25 turoperadores brit\u00e1nicos de perfil variado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E o que \u00e9 a\u00ednda m\u00e1is importante: a maior parte dos contactos desenvolv\u00e9ronse con turoperadores brit\u00e1nicos que son referentes no seu segmento de mercado, desde o turismo cultural con empresas como Martin Randall e ACE Cultural Tours ao do mercado de luxo con A&amp;K, Kirker; empresas con moito peso no segmento de touring e cruceiros como Albatross Grouo ou Saga Holidays; relixioso: Tangney Tours e por suposto de aventura con \u00e9nfase no \u00e1mbito da sustentabilidade, a trav\u00e9s de encontros comerciais con empresas l\u00edderes non s\u00f3 no mercado brit\u00e1nico sen\u00f3n tam\u00e9n no panorama internacional: World Expeditions, National Geographic Expeditions, Ramblers Worlwide Holiday&#8230;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O turismo activo, a gastronom\u00eda, o turismo urbano e cultural e, por suposto, o Cami\u00f1o de Santiago, foron os principais intereses que manifestaron moitos dos contactos profesionais que visitaron o espazo de Galicia na caseta de Turespa\u00f1a no que se continuaron afianzando alg\u00fans contactos e sinerx\u00edas establecidas en anteriores encontros, tanto en edici\u00f3ns anteriores desta feira como en iniciativas como o Spain Reloaded, celebrado na Toja en outubro do ano pasado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tampouco faltaron turoperadores que buscaban ampliar programas consolidados con sa\u00eddas garantidas para todo o 2019 buscando novos itinerarios e propostas para 2020 e 2021. Falouse moito de cami\u00f1o, pero tam\u00e9n de turismo mari\u00f1eiro en conexi\u00f3n con gastronom\u00eda, megalitismo ou camelias. Outro nicho moi interesantes que tiveron cabida na axenda son o de Slow travel ou turoperadores especializados en tours para motos, que demostraron o seu interese pola oferta tur\u00edstica galega, onde cada vez buscan experiencias personalizadas e de maior calidade, moitos dos cales quer\u00edan ampliar experiencias, localizar zonas de interese en Galicia ou ampliar aloxamentos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Axenda institucional<\/strong><br \/>\nAdemais, durante estes d\u00edas tam\u00e9n se desenvolveron encontros institucionais tanto coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, como coa secretaria de Estado de Turismo, Isabel Mar\u00eda Oliver, o director Xeral de Comercio e Turismo de Asturias, Julio Gonz\u00e1lez Zapico, ou o director da rede de Paradores, \u00d3scar L\u00f3pez, entre outros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8220;Estamos moi satisfeitos do nivel de traballo desenvolvido durante estes d\u00edas na feira, segue sendo unha das citas m\u00e1is importantes para o sector tur\u00edstico a nivel internacional e tam\u00e9n unha cita de gran interese para o sector galego, non s\u00f3 polos encontros profesionais coa turoperaci\u00f3n brit\u00e1nica, se non tam\u00e9n por co\u00f1ecer tendencias de futuro ou polas sinerx\u00edas que se desenvolven entre n\u00f3s&#8221;, explicou o presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Ces\u00e1reo Pardal, quen destacou a importancia de seguir traballando na internacionalizaci\u00f3n do sector tur\u00edstico galego a trav\u00e9s da segmentaci\u00f3n e a especializaci\u00f3n da oferta tur\u00edstica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Concl\u00fae a misi\u00f3n comercial do Cl\u00faster Turismo de Galicia na World Travel Market de Londres con boas sensaci\u00f3ns e duplicando o n\u00famero de encontros profesionais celebrados Concl\u00fae a quinta misi\u00f3n comercial do Cl\u00faster Turismo de Galicia \u00e1 World Travel Market con bo sabor de boca, tras comprobar o incremento do interese da turoperaci\u00f3n brit\u00e1nica no &#8230; <a title=\"Medra o interese da turoperaci\u00f3n brit\u00e1nica polo destino Galicia\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/medra-o-interese-da-turoperacion-britanica-polo-destino-galicia\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Medra o interese da turoperaci\u00f3n brit\u00e1nica polo destino Galicia\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-27971","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27971","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27971"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27971\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27971"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27971"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27971"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}