{"id":28031,"date":"2018-11-29T12:55:23","date_gmt":"2018-11-29T12:55:23","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/nove-concellos-colaboraran-na-delimitacion-do-itinerario-cultural-a-compostela-pola-ria-de-muros-noia\/"},"modified":"2018-11-29T12:55:23","modified_gmt":"2018-11-29T11:55:23","slug":"nove-concellos-colaboraran-na-delimitacion-do-itinerario-cultural-a-compostela-pola-ria-de-muros-noia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/nove-concellos-colaboraran-na-delimitacion-do-itinerario-cultural-a-compostela-pola-ria-de-muros-noia\/","title":{"rendered":"Nove concellos colaborar\u00e1n na delimitaci\u00f3n do itinerario cultural a Compostela pola r\u00eda de Muros-Noia"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">O obxectivo \u00e9 conseguir oficializar este cami\u00f1o para o Xacobeo de 2021<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os concellos de Ames, Bri\u00f3n, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago asinaron un convenio de colaboraci\u00f3n a trav\u00e9s do que se comprometen a avanzar na delimitaci\u00f3n do itinerario cultural a Compostela pola r\u00eda de Muros-Noia. O obxectivo do nove concellos \u00e9 que este itinerario sexa reco\u00f1ecido primeiro como ruta hist\u00f3rica, e posteriormente obte\u00f1a a declaraci\u00f3n oficial de cami\u00f1o de Santiago. &#8220;Este \u00e9 o segundo paso que se fai para o reco\u00f1ecemento deste itinerario&#8221;, sinalou a alcaldesa de Lousame e representante desta agrupaci\u00f3n de municipios, Teresa Villaverde, quen se marca como obxectivo &#8220;poder entregar o trazado antes de que remate a lexislatura e traballar para conseguir a s\u00faa oficializaci\u00f3n como Ruta Xacobea co horizonte do Xacobeo 2021&#8221;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Para conseguilo xa se avanzou na recompilaci\u00f3n de diferente documentaci\u00f3n hist\u00f3rica, grazas ao financiamento da Asociaci\u00f3n Rural de Desenvolvemento R\u00eda de Muros-Noia. O estudo elaborado, tal e como lembrou a alcaldesa de Lousame, sinala que &#8220;hai unha base s\u00f3lida para demostrar a historicidad deste itinerario de peregrinaci\u00f3n, a\u00ednda que ser\u00e1 previsiblemente nas pr\u00f3ximas semanas cando te\u00f1amos o informe completo&#8221;. Agora, apuntou Teresa Villaverde, &#8220;realizarase un traballo de campo intensivo para determinar a delimitaci\u00f3n do trazado definitivo, e facerlle chegar as conclusi\u00f3ns \u00e1 Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio d\u00e1 Xunta de Galicia&#8221;.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Para acometer a proposta de delimitaci\u00f3n do itinerario cultural a Santiago da r\u00eda de Muros-Noia no convenio establ\u00e9cese un orzamento m\u00e1ximo de 18.148,79 euros, IVE inclu\u00eddo, que ser\u00e1 achegado proporcionalmente por todos os concellos, en funci\u00f3n dos quil\u00f3metros de trazado de cami\u00f1o en cada un deles. O convenio designa ao Concello de Lousame como representante da agrupaci\u00f3n de concellos e responsable t\u00e9cnico e administrativo da s\u00faa xesti\u00f3n, de xeito que se encargar\u00e1 de contratar a asistencia t\u00e9cnica e de establecer as interlocuci\u00f3ns que sexan precisas con outras administraci\u00f3ns, nomeadamente coa Xunta de Galicia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O obxectivo \u00e9 conseguir oficializar este cami\u00f1o para o Xacobeo de 2021 Os concellos de Ames, Bri\u00f3n, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago asinaron un convenio de colaboraci\u00f3n a trav\u00e9s do que se comprometen a avanzar na delimitaci\u00f3n do itinerario cultural a Compostela pola r\u00eda de Muros-Noia. O obxectivo do nove &#8230; <a title=\"Nove concellos colaborar\u00e1n na delimitaci\u00f3n do itinerario cultural a Compostela pola r\u00eda de Muros-Noia\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/nove-concellos-colaboraran-na-delimitacion-do-itinerario-cultural-a-compostela-pola-ria-de-muros-noia\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Nove concellos colaborar\u00e1n na delimitaci\u00f3n do itinerario cultural a Compostela pola r\u00eda de Muros-Noia\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-28031","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28031","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28031"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28031\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28031"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28031"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28031"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}