{"id":28085,"date":"2018-12-28T08:14:45","date_gmt":"2018-12-28T08:14:45","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/galicia-supera-a-barreira-do-10-mil-transitos-de-barcos-nun-ano-no-conxunto-dos-seus-portos\/"},"modified":"2018-12-28T08:14:45","modified_gmt":"2018-12-28T07:14:45","slug":"galicia-supera-a-barreira-do-10-mil-transitos-de-barcos-nun-ano-no-conxunto-dos-seus-portos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-supera-a-barreira-do-10-mil-transitos-de-barcos-nun-ano-no-conxunto-dos-seus-portos\/","title":{"rendered":"Galicia supera a barreira do 10 mil tr\u00e1nsitos de barcos nun ano no conxunto dos seus portos"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">Soben o n\u00famero de barcos que elixen os portos de R\u00edas Baixas para recalar, cun incremento interanual do 18% sendo Muros e Combarro os portos que rexistran maior n\u00famero de barcos<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Segundo os datos achegados polos xestores das instalaci\u00f3ns na\u00fatico recreativas a <a href=\"http:\/\/www.portosdegalicia.gal\/gl\/\" target=\"_blank\">Portos de Galicia<\/a>, 2018 concl\u00fae con preto de 10.150 barcos en tr\u00e1nsito que pasaron polos portos galegos, o que sup\u00f3n unha subida interanual global do 5%. O presidente de Portos de Galicia, Jose Juan Dur\u00e1n, subli\u00f1ou que, por primeira vez, Galicia pasa a barreira dos 10.000 tr\u00e1nsitos nun ano, o que proba a tendencia \u00e1 alza desta actividade. Un incremento especialmente destacable nas R\u00edas Baixas, que pecha ano cun incremento interanual do 18% en en o n\u00famero de barcos en tr\u00e1nsito que pasaron polos seus portos. En total foron 7.400 os barcos en tr\u00e1nsito rexistrados durante este ano nos portos de titularidade auton\u00f3mica das R\u00edas Baixas, a franxa costeira entre Muros e Tui.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No conxunto da provincia de Pontevedra, o balance de tr\u00e1nsitos tam\u00e9n foi moi positivo, cun incremento do 50%, situ\u00e1ndose en 4.538 os barcos recibidos no conxunto da provincia. Polo que respecta \u00e1 r\u00eda de Pontevedra, rexistr\u00e1ronse 2.500 barcos, un 13% m\u00e1is que en 2017. Deste xeito, a provincia de Pontevedra confirma a consolidaci\u00f3n desta actividade portuaria no conxunto da comunidade, que experimentara xa nos pasados anos un importante ascenso e que est\u00e1 a manter os bos resultados.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Segundo estes datos o porto m\u00e1is transitado foi o de Muros, con 1277 barcos, seguido do porto deportivo de Combarro, con 937. Por municipios, Sanxenxo foi o concello con m\u00e1is chegadas, 1.134 nos peiraos de Portonovo e de Sanxenxo, seguido de Baiona.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Dur\u00e1n Hermida insistiu en que para Portos de Galicia, a captaci\u00f3n de novos tr\u00e1nsitos \u00e9 unha &#8220;li\u00f1a de traballo estrutural&#8221;, tal como rec\u00f3llese no <a href=\"https:\/\/egap.xunta.gal\/recursos\/pdf\/%5B1_1351503634%5D760_PLAN_ESTRATEXICO_DA_NAUTICA_RECREATIVA_EN_GALICIA_2012-2020.pdf\" target=\"_blank\">Plan Estrat\u00e9xico da N\u00e1utica Recreativa 2012-2020<\/a>, que o ente p\u00fablico est\u00e1 a p\u00f3r en pr\u00e1ctica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste sentido, engadiu que para impulsar estas chegadas, est\u00e1n a se desenvolver acci\u00f3ns promocionais dos portos deportivos de Galicia a nivel nacional e internacional, como a recente presenza nos sal\u00f3ns n\u00e1uticos de Southampton (Reino Unido), A Rochelle e Par\u00eds (Francia), ou a participaci\u00f3n prevista no pr\u00f3ximo mes de xaneiro en Fitur.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Soben o n\u00famero de barcos que elixen os portos de R\u00edas Baixas para recalar, cun incremento interanual do 18% sendo Muros e Combarro os portos que rexistran maior n\u00famero de barcos Segundo os datos achegados polos xestores das instalaci\u00f3ns na\u00fatico recreativas a Portos de Galicia, 2018 concl\u00fae con preto de 10.150 barcos en tr\u00e1nsito que &#8230; <a title=\"Galicia supera a barreira do 10 mil tr\u00e1nsitos de barcos nun ano no conxunto dos seus portos\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-supera-a-barreira-do-10-mil-transitos-de-barcos-nun-ano-no-conxunto-dos-seus-portos\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Galicia supera a barreira do 10 mil tr\u00e1nsitos de barcos nun ano no conxunto dos seus portos\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-28085","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28085","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28085"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28085\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28085"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28085"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28085"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}