{"id":28109,"date":"2019-01-15T09:47:32","date_gmt":"2019-01-15T09:47:32","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-xunta-abre-a-convocatoria-de-subvencions-do-programa-o-teu-xacobeo\/"},"modified":"2019-01-15T09:47:32","modified_gmt":"2019-01-15T08:47:32","slug":"a-xunta-abre-a-convocatoria-de-subvencions-do-programa-o-teu-xacobeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-abre-a-convocatoria-de-subvencions-do-programa-o-teu-xacobeo\/","title":{"rendered":"A Xunta abre a convocatoria de subvenci\u00f3ns do programa O teu Xacobeo"},"content":{"rendered":"<p>A Conseller\u00eda de Cultura e Turismo publica hoxe no\u00a0<a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2019\/20190114\/AnuncioG0256-281218-0001_gl.html\" target=\"_self\">Diario Oficial de Galicia<\/a>\u00a0a convocatoria de subvenci\u00f3ns a proxectos novos de dinamizaci\u00f3n do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo.<\/p>\n<p>O obxectivo \u00e9 converter o Xacobeo 21 no m\u00e1is participativo celebrado ata agora, propiciando a transparencia e igualdade de oportunidades. As\u00ed, por primeira vez, calquera cidad\u00e1n ou entidade, tanto p\u00fablica como privada, poder\u00e1 presentar as s\u00faas propostas para levar a cabo na antesala do vindeiro Ano Santo.<\/p>\n<p>Dotado cun investimento de 2 mill\u00f3ns de euros, O teu Xacobeo conceder\u00e1, en r\u00e9xime de concorrencia competitiva, subvenci\u00f3ns a novos proxectos de dinamizaci\u00f3n ao longo deste 2019 e ata abril de 2020. A trav\u00e9s desta iniciativa, o Goberno galego busca implicar e fomentar a participaci\u00f3n de todos os axentes da sociedade para dese\u00f1ar xuntos unha programaci\u00f3n sociocultural que anticipe a celebraci\u00f3n do Xacobeo 21 e a s\u00faa repercusi\u00f3n.<\/p>\n<p>Deste xeito, definirase conxuntamente o seu contido desde unha perspectiva multidisciplinar e plural, impulsando ao mesmo tempo o desenvolvemento sustentable do territorio. Poder\u00e1n optar a estas axudas econ\u00f3micas tres tipos diferentes de solicitantes: entidades locais (concellos galegos, mancomunidades de concellos, consorcios locais e as deputaci\u00f3ns provinciais), entidades privadas (persoas f\u00edsicas ou xur\u00eddicas constitu\u00eddas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que est\u00e1n comprendidas na definici\u00f3n de pequena e mediana empresa) e entidades p\u00fablicas ou privadas sen \u00e1nimo de lucro.<\/p>\n<p>No caso de entidades p\u00fablicas, abrirase unha li\u00f1a de 875.000 euros, grazas \u00e1 cal os concellos de menos de 3000 habitantes recibir\u00e1n ata 10.000 euros por proxecto; os de 3000 a 10.000 habitantes, un m\u00e1ximo de 15.000 euros por proxecto; os de 10.000 a 50.000 habitantes, ata 25.000 euros por proxecto; e os de m\u00e1is de 50.000 habitantes un m\u00e1ximo de 50.000 euros. Para as entidades privadas, disporanse 825.000 euros adicionais que cubrir\u00e1n un m\u00e1ximo do 60% ata 25.000 euros. Finalmente, para entidades sen \u00e1nimo de lucro cons\u00edgnanse 300.000 euros, con axudas polo 90% do proxecto presentado e ata 20.000 euros.<\/p>\n<h2>\u00c1reas subvencionables<\/h2>\n<p>O teu Xacobeo abrangue un total de cinco \u00e1reas subvencionables: \u00e1mbito art\u00edstico, patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade, gastronom\u00eda, \u00e1mbito deportivo e \u00e1mbito social.<\/p>\n<p>O \u00e1mbito art\u00edstico comprende toda unha serie de disciplinas como artes visuais, arquitectura, dese\u00f1o, cultura dixital, artesan\u00eda, moda, cinema e documental, todo tipo de m\u00fasicas, artes esc\u00e9nicas (teatro, danza, novo circo, etc.), literatura e libro. No eido do patrimonio, historia, pensamento e espiritualidade ter\u00e1n cabida foros de reflexi\u00f3n, encontros, publicaci\u00f3ns, estudos, conferencias, xornadas de formaci\u00f3n, programas de intercambio con expertos doutras nacionalidades, charlas educativas en colexios, etc.<\/p>\n<p>En canto a \u00e1rea gastron\u00f3mica, incl\u00faense experiencias e actividades de elevado valor engadido, que contrib\u00faan a dar a co\u00f1ecer e gozar do patrimonio enogastron\u00f3mico de Galicia achegando a visitantes e locais unha parte das tradici\u00f3ns, oficios, cultura, historia e identidade territorial. Tam\u00e9n a promoci\u00f3n de produtos con denominaci\u00f3n de orixe ou indicaci\u00f3ns xeogr\u00e1ficas (por exemplo: catas e degustaci\u00f3ns, charlas, talleres, actividades de formaci\u00f3n e intercambio, publicaci\u00f3ns, feiras e outras).<\/p>\n<p>No \u00e1mbito deportivo prevense eventos de calquera disciplina deportiva, con especial atenci\u00f3n \u00e1s actividades non profesionais e para todos os p\u00fablicos. Incl\u00faense actividades dirixidas e ao aire libre como cami\u00f1adas ou rutas organizadas, clases en grupo e tam\u00e9n disciplinas relacionadas co benestar, o fomento da vida activa e o gozo respectuoso da natureza. Por \u00faltimo, o \u00e1mbito social contempla os programas de voluntariado, sociais e\/ou educativos que fomenten a inclusi\u00f3n e participaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Na repartici\u00f3n das subvenci\u00f3ns os proxectos presentados valoraranse como criterios principais a pertinencia, calidade do contido e das actividades, comunicaci\u00f3n e difusi\u00f3n, viabilidade e sustentabilidade. As\u00ed, avaliarase se se axusta aos obxectivos e prioridades da estratexia do Xacobeo 2021 especificada nas directrices aprobadas tanto polo Consejo Jacobeo a nivel nacional como pola Comisi\u00f3n Organizadora do Xacobeo 21 en Galicia. Tam\u00e9n se ter\u00e1 en conta como se implementan na pr\u00e1ctica ou en que medida contrib\u00fae \u00e1 difusi\u00f3n dos valores e obxectivos asociados ao Ano Santo.<\/p>\n<p>A presentaci\u00f3n das solicitudes realizarase preferentemente por medios electr\u00f3nicos a trav\u00e9s do formulario normalizado dispo\u00f1ible na\u00a0<a href=\"https:\/\/sede.xunta.gal\/portada\" target=\"_self\">sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia<\/a>. O prazo remata o 15 de febreiro.<\/p>\n<h2>Participaci\u00f3n e sustentabilidade<\/h2>\n<p>O teu Xacobeo forma parte de toda unha serie de medidas coas que o Executivo auton\u00f3mico est\u00e1 a sentar as bases do vindeiro Ano Santo e que contan, a trav\u00e9s da Conseller\u00eda de Cultura e Turismo, cun investimento total de 30 mill\u00f3ns de euros.<\/p>\n<p>O Xacobeo 21, concibido como unha cita que vai m\u00e1is al\u00f3 dun ano concreto, ampl\u00eda o seu alcance e pegada tanto aos anos anteriores como aos posteriores, convertendo esta celebraci\u00f3n en motor de desenvolvemento e dinamizaci\u00f3n de Galicia. Para iso conta con cinco piares fundamentais: planificaci\u00f3n, participaci\u00f3n de toda a sociedade, o seu car\u00e1cter global, a proxecci\u00f3n internacional e a sustentabilidade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Conseller\u00eda de Cultura e Turismo publica hoxe no\u00a0Diario Oficial de Galicia\u00a0a convocatoria de subvenci\u00f3ns a proxectos novos de dinamizaci\u00f3n do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo. O obxectivo \u00e9 converter o Xacobeo 21 no m\u00e1is participativo celebrado ata agora, propiciando a transparencia e igualdade de oportunidades. As\u00ed, por primeira vez, calquera cidad\u00e1n &#8230; <a title=\"A Xunta abre a convocatoria de subvenci\u00f3ns do programa O teu Xacobeo\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-abre-a-convocatoria-de-subvencions-do-programa-o-teu-xacobeo\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Xunta abre a convocatoria de subvenci\u00f3ns do programa O teu Xacobeo\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-28109","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28109","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28109"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28109\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28109"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28109"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28109"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}