{"id":28112,"date":"2019-01-15T09:58:53","date_gmt":"2019-01-15T09:58:53","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-musica-e-o-turismo-de-galicia-desembarcan-en-glasgow-como-territorio-convidado-ao-festival-celtic-connections\/"},"modified":"2019-01-15T09:58:53","modified_gmt":"2019-01-15T08:58:53","slug":"a-musica-e-o-turismo-de-galicia-desembarcan-en-glasgow-como-territorio-convidado-ao-festival-celtic-connections","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-musica-e-o-turismo-de-galicia-desembarcan-en-glasgow-como-territorio-convidado-ao-festival-celtic-connections\/","title":{"rendered":"A m\u00fasica e o turismo de Galicia desembarcan en Glasgow como territorio convidado ao festival Celtic Connections"},"content":{"rendered":"<p>O conselleiro de Cultura e Turismo, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, subli\u00f1ou hoxe en Vigo o papel protagonista que ter\u00e1 Galicia na 26\u00aa edici\u00f3n do festival <a href=\"https:\/\/www.celticconnections.com\/\" target=\"_blank\">Celtic Connections<\/a> de Glasgow (Escocia) como o territorio convidado este ano polo seu programa Showcase Scotland. Este prestixioso evento musical, que ter\u00e1 lugar do 17 de xaneiro ao 3 de febreiro, est\u00e1 consolidado como un dos m\u00e1is relevantes da temporada de inverno a nivel mundial e o m\u00e1is destacado no \u00e1mbito dos sons celtas.<\/p>\n<p>Con tal motivo, a Conseller\u00eda de Cultura e Turismo organizou, a trav\u00e9s da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e baixo a marca GalicianTunes On Tour, unha delegaci\u00f3n institucional, profesional e art\u00edstica co obxectivo de apoiar a proxecci\u00f3n exterior da nosa m\u00fasica e de promover Galicia como destino tur\u00edstico-cultural. Dela forman parte oito formaci\u00f3ns art\u00edsticas, as\u00ed como unha ducia de empresas e operadores tur\u00edsticos, que ter\u00e1n a oportunidade de entrar en contacto directo con promotoras e axentes internacionais dos seus respectivos sectores.<\/p>\n<p>As\u00ed o detallou Rom\u00e1n Rodr\u00edguez na presentaci\u00f3n celebrada hoxe no Museo do Mar de Galicia, na que tam\u00e9n intervi\u00f1eron V\u00edtor Belho, de Nordes\u00eda, a cargo da coordinaci\u00f3n desta delegaci\u00f3n art\u00edstica e comercial; Rodrigo Roman\u00ed, fundador e director da orquestra Sondeseu; Sabela Maneiro, de Tanxugueiras; e Ces\u00e1reo Pardal, presidente do Cl\u00faster Turismo Galicia, que colabora coa Conseller\u00eda na organizaci\u00f3n da misi\u00f3n tur\u00edstica.<\/p>\n<p>O director da Agadic, Jacobo Sutil; o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio L\u00f3pez-Chaves; e unha representaci\u00f3n dos artistas que tocar\u00e1n en Glasgow asistiron tam\u00e9n a este acto, para o que se contou coa m\u00fasica en directo dun tr\u00edo de arpa, bouzouki e viol\u00edn, integrado por m\u00fasicos de Sondeseu.<\/p>\n<h2>Actuaci\u00f3ns galegas<\/h2>\n<p>A orquestra galega de m\u00fasica folk Sondeseu subir\u00e1 ao escenario principal do Glasgow Royal Concert Hall durante a gala de apertura do Celtic Connections este xoves 17. Como parte do cartel xeral do evento, tam\u00e9n tocar\u00e1n na cidade escocesa Anxo Lorenzo e Mercedes Pe\u00f3n os d\u00edas 25 e 26, respectivamente.<\/p>\n<p>Ademais, Galicia ter\u00e1 un especial protagonismo como o territorio convidado de Showcase Scotland, con diferentes actuaci\u00f3ns entre o 30 de xaneiro e 2 de febreiro a cargo de Ra\u00edces A\u00e9reas (M\u00f3nica de Nut), Tanxugueiras, Xabier D\u00edaz &amp; Adufeiras de Salitre, Anxo Lorenzo, Talabarte e Banda das Crechas. O conselleiro explicou que esta representaci\u00f3n foi decidida polo propio festival tras unha convocatoria aberta, ao tempo que incidiu no feito de que, ademais de ao p\u00fablico xeral, estes concertos ser\u00e1n seguidos por uns 200 delegados internacionais acreditados, entre os que se atopan axentes de vendas, responsables de festivais, selos discogr\u00e1ficos, managers e medios de comunicaci\u00f3n dunha vintena de pa\u00edses.<\/p>\n<p>A Xunta recolleu este convite por parte do festival para ofrecerlles aos grupos participantes novas oportunidades de internacionalizaci\u00f3n non s\u00f3 das s\u00faas carreiras particulares, sen\u00f3n tam\u00e9n da m\u00fasica galega en xeral. Para reforzar a s\u00faa presenza no cartel do Celtic Connections, editouse diferente material promocional, entre o que destaca un CD con temas dos devanditos solistas e bandas.<\/p>\n<h2>T\u00e1ndem cultura-turismo<\/h2>\n<p>Rom\u00e1n Rodr\u00edguez incidiu en que esta relevante presenza da m\u00fasica galega no festival serve, ademais, de porta de entrada para proxectar desde Glasgow a todo o mercado brit\u00e1nico e europeo as vantaxes do t\u00e1ndem cultura-turismo en clave galega. Para isto, c\u00f3ntase coa colaboraci\u00f3n do Cl\u00faster Turismo Galicia para a celebraci\u00f3n o 1 de febreiro dun evento espec\u00edfico para presentar Galicia como destino tur\u00edstico diante de empresas e touroperadoras radicadas en Escocia.<\/p>\n<p>Esta acci\u00f3n incluir\u00e1 unha xornada de workshop entre os representantes dunha ducia de empresas tur\u00edsticas galegas cos doutros tantos operadores escoceses, unha degustaci\u00f3n de produtos galegos a partir das elaboraci\u00f3ns culinarias facilitadas polo Centro Superior de Hostaler\u00eda de Galicia ou a difusi\u00f3n do noso patrimonio cultural, natural e patrimonial a trav\u00e9s dun stand instalado nun dos recintos principais do festival. Tam\u00e9n o d\u00eda 1, Celtic Connections ser\u00e1 o anfitri\u00f3n da \u2018Galician festa\u2019 en honor aos nosos artistas e profesionais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O conselleiro de Cultura e Turismo, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, subli\u00f1ou hoxe en Vigo o papel protagonista que ter\u00e1 Galicia na 26\u00aa edici\u00f3n do festival Celtic Connections de Glasgow (Escocia) como o territorio convidado este ano polo seu programa Showcase Scotland. Este prestixioso evento musical, que ter\u00e1 lugar do 17 de xaneiro ao 3 de febreiro, est\u00e1 &#8230; <a title=\"A m\u00fasica e o turismo de Galicia desembarcan en Glasgow como territorio convidado ao festival Celtic Connections\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-musica-e-o-turismo-de-galicia-desembarcan-en-glasgow-como-territorio-convidado-ao-festival-celtic-connections\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A m\u00fasica e o turismo de Galicia desembarcan en Glasgow como territorio convidado ao festival Celtic Connections\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-28112","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28112","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28112"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28112\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28112"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28112"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28112"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}