{"id":28118,"date":"2019-01-16T10:21:50","date_gmt":"2019-01-16T10:21:50","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/exceltur-revela-a-crecente-contribucion-do-turismo-a-economia-galega-ao-xerar-6-341-millons-de-euros-cunha-suba-do-96\/"},"modified":"2019-01-16T10:21:50","modified_gmt":"2019-01-16T09:21:50","slug":"exceltur-revela-a-crecente-contribucion-do-turismo-a-economia-galega-ao-xerar-6-341-millons-de-euros-cunha-suba-do-96","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/exceltur-revela-a-crecente-contribucion-do-turismo-a-economia-galega-ao-xerar-6-341-millons-de-euros-cunha-suba-do-96\/","title":{"rendered":"Exceltur revela a crecente contribuci\u00f3n do turismo \u00e1 econom\u00eda galega ao xerar 6.341 mill\u00f3ns de euros, cunha suba do 9,6%"},"content":{"rendered":"<p>A Conseller\u00eda de Cultura e Turismo e Exceltur, Alianza para a Excelencia Tur\u00edstica, presentaron hoxe en Santiago de Compostela o Estudo Impactur para Galicia, que analiza polo mi\u00fado o impacto econ\u00f3mico do turismo na econom\u00eda e no emprego da Comunidade. O vicepresidente executivo de Exceltur, Jos\u00e9 Luis Zoreda, presentou os datos e conclusi\u00f3ns desta investigaci\u00f3n, que amosa un sobresa\u00ednte desempe\u00f1o da actividade tur\u00edstica e confirman o importante papel do turismo en Galicia.<\/p>\n<p>Jos\u00e9 Luis Zoreda compartiu como os resultados desta quinta edici\u00f3n amosan que o PIB tur\u00edstico de Galicia \u201crexistrou un incremento interanual do 9,6% no ano 2017, 8,4% en termos constantes (unha vez descontado o efecto dos prezos), ata os 6.341 mill\u00f3ns de euros, xerando en s\u00f3 un ano 553 mill\u00f3ns de euros adicionais, o que sup\u00f3n un crecemento superior ao 5,6% real rexistrado polo conxunto do sector tur\u00edstico espa\u00f1ol no mesmo per\u00edodo\u201d.<\/p>\n<p>Estes niveis de actividade supo\u00f1en o 10,4% do total do PIB da econom\u00eda galega e o 11% do emprego. Igualmente, remarcou que todos os compo\u00f1entes da demanda \u201ccontribu\u00edron a este positivo balance e se situaron en niveis por riba de 2016\u201d. E matizou: \u201cPor riba de todos destacou o comportamento da demanda estranxeira, que reforza a aposta por esta captaci\u00f3n polos actores p\u00fablicos e privados\u201d. As\u00ed mesmo, fixo fincap\u00e9 no \u201cpapel determinante que xogaron os empresarios tur\u00edsticos, ao crear 7.165 novos postos de traballo ata os 109.050\u201d. \u201cIsto \u2013subli\u00f1ou\u2013 grazas a un aumento interanual do emprego do 7% respecto a 2016.<\/p>\n<p>Segundo os responsables do estudo, a relevancia do turismo na nosa estrutura produtiva v\u00e9n explicada tanto polo seu impacto sobre as ramas de actividade directamente en contacto co turismo como polo seu efecto arrastre sobre outros sectores da econom\u00eda. As\u00ed, aos efectos directos (hoteis, restaurantes, axencias de viaxe, empresas de alugueiro de coches e transporte de pasaxeiros, servizos de ocio etc.) hai que engadir os efectos indirectos en eidos como agricultura e pesca, subministro de alimentos, construci\u00f3n, empresas t\u00e9xtiles, de electricidade, auga ou servizos de asesor\u00eda. En concreto, ese efecto arrastre cuantif\u00edcase en 2.094 mill\u00f3ns de euros (o 3,5% da econom\u00eda galega) e 31.430 empregos (o 3,2% do total).<\/p>\n<h2>Respaldo \u00e1 folla de ruta<\/h2>\n<p>Entre as causas destes resultados, Exceltur apunta \u00e1 evoluci\u00f3n da demanda estranxeira e do consumo tur\u00edstico dos espa\u00f1ois, tanto galegos como do resto de autonom\u00edas, ademais do crecemento da inversi\u00f3n das empresas tur\u00edsticas da Comunidade e dos niveis de gasto p\u00fablico comprometidos para a consolidaci\u00f3n e mellora desta actividade.<\/p>\n<p>O conselleiro de Cultura e Turismo, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, declarou que este tipo de an\u00e1lises resultan fundamentais para a gobernanza desta actividade \u201cbaixo par\u00e1metros de calidade e sustentabilidade que fan de Galicia un lugar mellor para visitar e tam\u00e9n para vivir\u201d.<\/p>\n<p>Puxo en valor, as\u00ed mesmo, que o informe avala a aposta que a Xunta e o sector tur\u00edstico ve\u00f1en facendo no marco da Estratexia do Turismo de Galicia 2020. Neste sentido, lembrou que o Goberno auton\u00f3mico consid\u00e9rao un sector clave da econom\u00eda, de a\u00ed o seu decidido apoio, intensificado agora coa creaci\u00f3n dunha conseller\u00eda espec\u00edfica que conta cun orzamento de 141 mill\u00f3ns de euros para 2018, un 6,2%, m\u00e1is que no exercicio anterior.<\/p>\n<h2>Novos retos competitivos<\/h2>\n<p>Pola s\u00faa banda, Jos\u00e9 Mar\u00eda Gonz\u00e1lez, presidente de Exceltur, destacou que os resultados de Impactur \u201cevidencian como a industria tur\u00edstica foi o principal dinamizador de xeraci\u00f3n de prosperidade e emprego en Galicia en 2017\u201d. Tras resaltar a relevante aposta inversora do sector privado nos dous \u00faltimos exercicios, mencionou os novos retos competitivos aos que se enfronta o sector, entre os que subli\u00f1ou \u201co crecente entorno de competitividade e a necesidade de seguir mellorando na captaci\u00f3n de turistas e a s\u00faa fidelizaci\u00f3n, dando continuidade \u00e1 pol\u00edtica de diferenciaci\u00f3n do destino coa xeraci\u00f3n de produto de alto valor engadido asociado \u00e1 marca Galicia, a obrigada coordinaci\u00f3n con visi\u00f3n de Estado das externalidades causadas polas vivendas de uso tur\u00edstico e a evoluci\u00f3n futura do modelo tur\u00edstico da Comunidade, inspirada na xesti\u00f3n do crecemento m\u00e1is sustentable que, sen superar as capacidades de carga nos destinos, se apoie nas oportunidades de transformaci\u00f3n dixital do sector e en acadar a maior empat\u00eda cidad\u00e1 polo sector\u201d.<\/p>\n<p>Ante este escenario, animou \u00e1 Xunta de Galicia a seguir priorizando a acci\u00f3n transversal de Goberno a favor do sector tur\u00edstico \u201cpara afrontar con rigor o novo horizonte, que exixir\u00e1 intensificar a colaboraci\u00f3n entre os actores p\u00fablicos e privados baixo unha visi\u00f3n estrat\u00e9xica de longo prazo, que procure un novo escenario competitivo m\u00e1is diversificado e diferenciado, que achegue o maior valor engadido e asegure os m\u00e1ximos beneficios sociais e econ\u00f3micos distribu\u00eddos a nivel local entre o conxunto da sociedade galega\u201d.<\/p>\n<h2>Repercusi\u00f3n noutros sectores<\/h2>\n<p>Impactur indica tam\u00e9n que o turismo impulsou a creaci\u00f3n de emprego en Galicia, cun aumento do 7%, un dato por riba da media auton\u00f3mica. En particular, o estudo apunta que o turismo xerou en Galicia 109.050 postos de traballo, o 11% do total da Comunidade.<\/p>\n<p>Como consecuencia dun maior gasto tur\u00edstico e dun maior volume de demanda, o emprego medrou un 4,6% no sector do aloxamento, un 2,9% na restauraci\u00f3n, un 9,1% no transporte e actividade anexas e un 3,4% na actividades culturais e recreativas. Ademais, impulsou un 10,8% o comercio minorista asociado a viaxes e excursi\u00f3ns e un 2,9% a construci\u00f3n polo aumento da inversi\u00f3n p\u00fablica e privada na renovaci\u00f3n das infraestruturas tur\u00edsticas.<\/p>\n<p>O 71,2% do emprego tur\u00edstico de Galicia \u00e9 creado directamente en ramas relacionadas co turismo e, a maiores, o seu efecto arrastre sobre o resto de sectores permite xerar o 28,8% restante. Tr\u00e1tase en concreto de 12.641 postos no comercio minorista, 13.228 na construci\u00f3n, 2.884 na agricultura e pesca e 7.501 nas distintas ramas de servizos a empresas.<\/p>\n<h2>Un 37,3% m\u00e1is de gasto estranxeiro<\/h2>\n<p>En canto \u00e1 suma do consumo tur\u00edstico, a formaci\u00f3n bruta de capital humano e o gasto tur\u00edstico das administraci\u00f3ns p\u00fablicas, Impactur subli\u00f1a un incremento internanual do 9,6% ata os 6.955 mill\u00f3ns de euros. Neste sentido, salienta a consolidaci\u00f3n do turismo interno e a un turismo nacional moi fidelizado, en especial o procedente de comunidades lim\u00edtrofes e doutras como a Comunidade de Madrid, Andaluc\u00eda ou Catalu\u00f1a, principalmente.<\/p>\n<p>Particularmente destacable resulta que o gasto dos turistas estranxeiros subira un 37,3% ata os 1.189 mill\u00f3ns de euros, o que permitiu unha ganancia de 323 mill\u00f3ns de euros nun s\u00f3 ano. En opini\u00f3n dos responsable do estudo, este dato reflicte o esforzo pola diversificaci\u00f3n e atracci\u00f3n dos mercados estranxeiros. Tam\u00e9n se incrementou o gasto dos turistas espa\u00f1ois, as\u00ed como o impacto dos propios galegos viaxando pola Comunidade, cunha alza do 6,6%.<\/p>\n<h2>Maior investimento p\u00fablico e privado<\/h2>\n<p>O investimento empresarial veuse igualmente reforzado, cunha mellora interanual do 2,5% ata os 1.105 mill\u00f3ns de euros. Isto, en opini\u00f3n de Exceltur, foi posible grazas a unha maior confianza entre as empresas tur\u00edsticas galegas, atribu\u00edda no estudo ao favorable devir das cifras agregadas do sector e \u00e1 recuperaci\u00f3n das marxes empresariais de beneficio.<\/p>\n<p>En id\u00e9ntica porcentaxe aumentou o gasto corrente das administraci\u00f3ns p\u00fablicas no eido tur\u00edstico ata os 520 mill\u00f3ns de euros. Ao respecto, Exceltur afirma que esta mellora se deriva principalmente do esforzo realizado no incremento orzamentario da Xunta de Galicia nos programas de gasto p\u00fablico vencellados \u00e1 ordenaci\u00f3n e promoci\u00f3n do turismo, protecci\u00f3n civil, sanidade e formaci\u00f3n dos profesionais para ofrecer un mellor servizo aos visitantes.<\/p>\n<p>Finalmente, o estudo revela que os impostos recadados e vinculados ao turismo ascenderon a 1.363 mill\u00f3ns de euros, o que sup\u00f3n o 10,4% do total e por riba do ano anterior.<\/p>\n<p>Este estudo calcula o impacto socioecon\u00f3mico para o conxunto da Comunidade e permite a s\u00faa comparaci\u00f3n coa Conta Sat\u00e9lite do Turismo Espa\u00f1ol elaborada polo INE e coa de outros territorios que seguen a mesma metodolox\u00eda. Os indicadores derivados de Impactur resultan imprescindibles para medir os principais efectos directos e indirectos do sector tur\u00edstico sobre a econom\u00eda galega en clave de xeraci\u00f3n de PIB, emprego, inversi\u00f3n de capital, impostos, as\u00ed como os efectos multiplicadores sobre os demais sectores.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Conseller\u00eda de Cultura e Turismo e Exceltur, Alianza para a Excelencia Tur\u00edstica, presentaron hoxe en Santiago de Compostela o Estudo Impactur para Galicia, que analiza polo mi\u00fado o impacto econ\u00f3mico do turismo na econom\u00eda e no emprego da Comunidade. O vicepresidente executivo de Exceltur, Jos\u00e9 Luis Zoreda, presentou os datos e conclusi\u00f3ns desta investigaci\u00f3n, &#8230; <a title=\"Exceltur revela a crecente contribuci\u00f3n do turismo \u00e1 econom\u00eda galega ao xerar 6.341 mill\u00f3ns de euros, cunha suba do 9,6%\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/exceltur-revela-a-crecente-contribucion-do-turismo-a-economia-galega-ao-xerar-6-341-millons-de-euros-cunha-suba-do-96\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Exceltur revela a crecente contribuci\u00f3n do turismo \u00e1 econom\u00eda galega ao xerar 6.341 mill\u00f3ns de euros, cunha suba do 9,6%\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-28118","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28118","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28118"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28118\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28118"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28118"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28118"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}