{"id":28181,"date":"2019-02-08T19:40:16","date_gmt":"2019-02-08T19:40:16","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/apertura-de-contactos-profesionais-con-miami-e-nova-york-no-marco-da-viaxe-institucional-da-xunta\/"},"modified":"2019-02-08T19:40:16","modified_gmt":"2019-02-08T18:40:16","slug":"apertura-de-contactos-profesionais-con-miami-e-nova-york-no-marco-da-viaxe-institucional-da-xunta","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/apertura-de-contactos-profesionais-con-miami-e-nova-york-no-marco-da-viaxe-institucional-da-xunta\/","title":{"rendered":"Apertura de contactos profesionais con Miami e Nova York no marco da viaxe institucional da Xunta"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">A delegaci\u00f3n galega, na que estivo o Cl\u00faster Turismo de Galicia, participou nunha decena de encontros profesionais orientados especiamente ao sector do contract e o turismo<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os encontros vinculados ao turismo e ao sector do contract (dese\u00f1o de mobiliario e interiorismo para hoteis e oficina) tiveron un gran peso na maior parte dos encontros profesionais que se desenvolveron durante a viaxe insitucional da Xunta de Galicia a Miami e Nova York, no que foi a primeira viaxe institucional do presidente N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o a Miami. A axenda tivo un marcado car\u00e1cter econ\u00f3mico e un gran peso tur\u00edstico, de a\u00ed a presenza na viaxe do conselleiro de Industria, Francisco Conde, ou a responsable de Turismo, Nava Castro. A delegaci\u00f3n galega completouse cos responsables dos principais portos galegos, unha representaci\u00f3n do Cl\u00faster de Turismo e por unha delegaci\u00f3n empresarial do sector do contract. Todos eles participaron nunha decena de encontros cos que a Xunta busca abrir v\u00edas de negocio en norteam\u00e9rica, ademais de promocionar a pr\u00f3xima celebraci\u00f3n do Xacobeo 2021.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Precisamente a celebraci\u00f3n deste pr\u00f3ximo fito foi un dos aspectos que se abordou durante os encontros co alcalde do condado de Miami-Dade, Carlos A. Gim\u00e9nez, quen anunciou que ten planeado visitar Galicia o pr\u00f3ximo mes de xu\u00f1o como parte dunha viaxe por Europa. Tam\u00e9n se mantiveron encontros coas colectividades galegas e coas c\u00e1maras de comercio de Miami e Nova York, as\u00ed como celebrouse unha visita ao porto de Miami para promocionar o Ano Santo 2021 e falouse da posibilidade de abrir rutas con Vigo, A Coru\u00f1a ou Ferrol.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais mant\u00edvose un encontro con directivos do Aeroporto de Miami, o primeiro en voos internacionais de EEUU e o terceiro de carga, ao que se lle trasladou o interese para que algunha compa\u00f1\u00eda a\u00e9rea puidese chegar a establecer un voo directo para o Ano Santo (Xacobeo). A axenda de contactos completouse con contactos con grandes grupos hostaleiros como Ritz Carlton e Marriott e coa visita a Nova York, onde as actividades culturais cobraron m\u00e1is peso, coa firma dun convenio de colaboraci\u00f3n entre a Conseller\u00eda de Cultura e Turismo e o Institute of Fine Arts de Nova York, para a organizaci\u00f3n do simposio &#8220;Imaxinando o Cami\u00f1o de Santiago: itinerarios, narraci\u00f3ns, mapas e visi\u00f3ns&#8221;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A delegaci\u00f3n galega, na que estivo o Cl\u00faster Turismo de Galicia, participou nunha decena de encontros profesionais orientados especiamente ao sector do contract e o turismo Os encontros vinculados ao turismo e ao sector do contract (dese\u00f1o de mobiliario e interiorismo para hoteis e oficina) tiveron un gran peso na maior parte dos encontros profesionais &#8230; <a title=\"Apertura de contactos profesionais con Miami e Nova York no marco da viaxe institucional da Xunta\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/apertura-de-contactos-profesionais-con-miami-e-nova-york-no-marco-da-viaxe-institucional-da-xunta\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Apertura de contactos profesionais con Miami e Nova York no marco da viaxe institucional da Xunta\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-28181","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28181","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28181"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28181\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28181"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28181"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28181"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}