{"id":28217,"date":"2019-02-22T08:44:11","date_gmt":"2019-02-22T08:44:11","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/investimentos-e-plan-de-seguridade-continuan-os-traballos-para-a-posta-a-piques-dos-caminos-de-santiago-de-face-ao-xacobeo2021\/"},"modified":"2019-02-22T08:44:11","modified_gmt":"2019-02-22T07:44:11","slug":"investimentos-e-plan-de-seguridade-continuan-os-traballos-para-a-posta-a-piques-dos-caminos-de-santiago-de-face-ao-xacobeo2021","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/investimentos-e-plan-de-seguridade-continuan-os-traballos-para-a-posta-a-piques-dos-caminos-de-santiago-de-face-ao-xacobeo2021\/","title":{"rendered":"Investimentos e plan de seguridade: contin\u00faan os traballos para a posta a piques dos Cami\u00f1os de Santiago de face ao Xacobeo2021"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">Galicia investir\u00e1 15,6M? para que todos os itinerarios do Cami\u00f1o de Santiago cheguen ao Xacobeo 21 nas mellores condici\u00f3ns<\/h4>\n<h4 style=\"text-align: justify;\">A Conseller\u00eda de Cultura e Turismo prop\u00f3n o dese\u00f1o dun plan de seguridade e o establecemento de protocolos de asistencia de face \u00e1 celebraci\u00f3n do pr\u00f3ximo Ano Santo<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">A Xunta de Galicia contin\u00faan avanzando nos preparativos para o Xacobeo2021 e faio d\u00e1ndolle continuidade aos importantes investimentos que se est\u00e1n realizando nos diferentes cami\u00f1os desde 2015, dentro do Plan Director do Cami\u00f1o. En concreto, os novos traballos orientados \u00e1 supervisi\u00f3n, mantemento e posto a piques das Rutas Xacobeas supor\u00e1 un investimento de 15,6 mill\u00f3ns de euros e afectar\u00e1 a unha superficie superior aos 1.250 quil\u00f3metros en sendas e estradas de 121 concellos nos dous pr\u00f3ximos anos.\u00a0Estes investimentos beneficiar\u00e1n a todos os treitos do Cami\u00f1o, pero nos dous primeiros anos o maior investimento corresponder\u00e1 ao Cami\u00f1o Franc\u00e9s, o m\u00e1is transitado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais, e orientado a avanzar na coordinaci\u00f3n da seguridade nos Cami\u00f1os, o conselleiro de Cultura e Turismo celebrou unha comisi\u00f3n interdisciplinar na Delegaci\u00f3n do Goberno de Galicia como primeiro paso para a coordinaci\u00f3n interadministrativa e de definir estratexias e espazos de acollida para grandes grupos de peregrinos no pr\u00f3ximo Ano Santo. Neste sentido, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez abordou a necesidade de dese\u00f1ar un plan operativo neste campo que permita encarar a celebraci\u00f3n do Xacobeo 21 coas maiores garant\u00edas e responder o reto da xesti\u00f3n de fluxos que este evento supor\u00e1 na Comunidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez puxo sobre a mesa a creaci\u00f3n dunha comisi\u00f3n encargada do dese\u00f1o dun plan operativo de seguridade, que se inicie en 2020, baseado na coordinaci\u00f3n, coa participaci\u00f3n dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e Protecci\u00f3n Civil e que integre a todos os axentes implicados nestas tarefas, favorecendo a coordinaci\u00f3n entre todos os actores implicados na xesti\u00f3n do Cami\u00f1o e inclu\u00edndo como membros desta comisi\u00f3n aos representantes das deputaci\u00f3ns provinciais de Pontevedra e Ourense, que polo de agora non est\u00e1n a participar nela.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste sentido, a Xunta solicitou informaci\u00f3n para co\u00f1ecer o estado no que se atopan as melloras de seguridade viaria necesarias no Cami\u00f1o Franc\u00e9s e no Portugu\u00e9s, os dous itinerarios m\u00e1is percorridos, e destacou a importancia de atender tam\u00e9n os posibles puntos conflitivos do resto de rutas anticip\u00e1ndose a situaci\u00f3ns problem\u00e1ticas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Mellora permanente<\/strong><br \/>\nNeste sentido, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez comentou que a Xunta leva traballando amplamente na seguridade viaria dos peregrinos a trav\u00e9s de actuaci\u00f3ns realizadas nos proxectos de mellora e sinalizaci\u00f3n iniciados en 2015 no marco do Plan Director do Cami\u00f1o e que, seguindo o calendario previsto, culminar\u00e1 en 2020 cun investimento que, en conxunto, supera os 10 mill\u00f3ns de euros. A esta cantidade sumaranse o oito contratos de mantemento, por un valor de 15,6 mill\u00f3ns de euros, aprobados no \u00faltimo Consello da Xunta e que garantir\u00e1n at\u00e9 2022 a conservaci\u00f3n do traballo feito ao longo deste per\u00edodo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Campa\u00f1as de sensibilizaci\u00f3n<\/strong><br \/>\nTodas estas acci\u00f3ns complementaranse con campa\u00f1as de concienciaci\u00f3n entre os peregrinos, distribuci\u00f3n de cubremochilas nos albergues e distribuci\u00f3n da Gu\u00eda de emerxencias para peregrinos polos Cami\u00f1os de Santiago editada o pasado ano, froito do compromiso de colaboraci\u00f3n entre a Vicepresidencia e Conseller\u00eda de Presidencia, Administraci\u00f3ns p\u00fablicas e Xustiza e Ax\u00e9nciaa Turismo de Galicia, un acordo que permite incorporar \u00e1s agrupaci\u00f3ns de voluntarios de Protecci\u00f3n Civil na tarefa de reforzar a seguridade dos peregrinos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Galicia investir\u00e1 15,6M? para que todos os itinerarios do Cami\u00f1o de Santiago cheguen ao Xacobeo 21 nas mellores condici\u00f3ns A Conseller\u00eda de Cultura e Turismo prop\u00f3n o dese\u00f1o dun plan de seguridade e o establecemento de protocolos de asistencia de face \u00e1 celebraci\u00f3n do pr\u00f3ximo Ano Santo A Xunta de Galicia contin\u00faan avanzando nos preparativos &#8230; <a title=\"Investimentos e plan de seguridade: contin\u00faan os traballos para a posta a piques dos Cami\u00f1os de Santiago de face ao Xacobeo2021\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/investimentos-e-plan-de-seguridade-continuan-os-traballos-para-a-posta-a-piques-dos-caminos-de-santiago-de-face-ao-xacobeo2021\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Investimentos e plan de seguridade: contin\u00faan os traballos para a posta a piques dos Cami\u00f1os de Santiago de face ao Xacobeo2021\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-28217","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28217","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28217"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28217\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28217"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28217"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28217"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}