{"id":28246,"date":"2019-03-07T06:20:15","date_gmt":"2019-03-07T06:20:15","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/os-ancares-courel-reciben-o-distintivo-observer-de-turismo-cientifico\/"},"modified":"2019-03-07T06:20:15","modified_gmt":"2019-03-07T05:20:15","slug":"os-ancares-courel-reciben-o-distintivo-observer-de-turismo-cientifico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-ancares-courel-reciben-o-distintivo-observer-de-turismo-cientifico\/","title":{"rendered":"Os Ancares-Courel reciben o distintivo Observer de Turismo Cient\u00edfico"},"content":{"rendered":"<h4>En Galicia, s\u00f3 o Parque das Illas Atl\u00e1nticas posu\u00eda este distintivo at\u00e9 agora.<\/h4>\n<p>O espazo Os Ancares e O Courel xa son <a href=\"http:\/\/www.observersciencetourism.com\/index.php\" target=\"_blank\">Espazo Observer Turismo Cient\u00edfico<\/a>, tras superar a primeira fase de auditor\u00eda e obter a acreditaci\u00f3n que establece este selo, que a\u00fana investigaci\u00f3n, ciencia e turismo. O proxecto, emprendido por iniciativa da Deputaci\u00f3n de Lugo en agosto de 2018 cunha achega de 70.000 euros, contin\u00faa agora coa posta en marcha dunha segunda fase con acci\u00f3ns concretas sobre o terreo destinadas a promocionar tur\u00edsticamente o territorio como reserva cient\u00edfica, para crear un turismo de calidade avalado pola certificaci\u00f3n Observer. En Galicia, s\u00f3 o Parque das Illas Atl\u00e1nticas posu\u00eda este distintivo at\u00e9 agora.<\/p>\n<p>O territorio que se converte en Espazo Observer abarca os concellos de Becerre\u00e1, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra do Broll\u00f3n, Quiroga, Ribas de Sil, Baleira, Ribeira de Piqu\u00edn, A Fonsagrada e Negueira de Mu\u00f1iz. En total, m\u00e1is de 100 mil hect\u00e1reas entre Os Ancares e O Courel na que ser\u00e1 a maior zona de estudo cient\u00edfico de Galicia, un modelo co que se busca crear conexi\u00f3ns sustentables entre o turismo, a conservaci\u00f3n da biodiversidade e a ciencia en espazos protexidos \u00e1 vez que se busca xerar desenvolvemento econ\u00f3mico nestes territorios.<\/p>\n<p>&#8220;A zona dos Ancares e O Courel xa conta con outros selos de protecci\u00f3n, como son a Reserva da Biosfera, no primeiro caso, e a Rede Natura 2000, en ambas as demarcaci\u00f3ns. O Courel tam\u00e9n opta este ano ao reco\u00f1ecemento de Xeoparque Mundial da Unesco, polo que queda claramente de manifesto o interese pola protecci\u00f3n dos valores naturais desta zona&#8221;, destacou o deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, que tam\u00e9n avanzou a necesidade de traballar neste proxecto a longo prazo e con continuidade.<\/p>\n<p><strong>Segunda fase<\/strong><\/p>\n<p>Neste sentido avanzou as acci\u00f3ns que se implementar\u00e1n no territorio nos pr\u00f3ximos meses entre as que destacou a creaci\u00f3n dunha denominaci\u00f3n com\u00fan en paralelo coa creaci\u00f3n dun \u00f3rgano de coordinaci\u00f3n cun xestor ou responsable do mesmo. &#8220;A partir de a\u00ed desenvolveranse distintas li\u00f1as de traballo que ser\u00e1 o que marque o inicio da estratexia de Turismo Cient\u00edfico para as Monta\u00f1as de Ancares e O Courel&#8221;, explicou. Ademais impulsarase o uso de recursos naturais e culturais cos que facer divulgaci\u00f3n cient\u00edfica; a creaci\u00f3n dun grupo de traballo no que a Deputaci\u00f3n contar\u00e1 coa participaci\u00f3n da USC, os Concellos integrados na zona e outros axentes craves do territorio que te\u00f1an competencias en materia de divulgaci\u00f3n ou xesti\u00f3n dos recursos naturais. A segunda fase tam\u00e9n contempla a creaci\u00f3n dunha p\u00e1xina web, o dese\u00f1o dun cat\u00e1logo divulgativo de bens de interese cient\u00edfico deste espazo, as\u00ed como cinco itinerarios tem\u00e1ticos ligados ao turismo cient\u00edfico e a creaci\u00f3n dunha APP. Ademais, desenvolverase unha programaci\u00f3n anual de turismo cient\u00edfico, un seminario para empresas do sector sobre o mesmo e un seminario de formaci\u00f3n para gu\u00edas e informadores tur\u00edsticos.<\/p>\n<p><strong>Sistema de certificaci\u00f3n<\/strong><br \/>\nO sistema de certificaci\u00f3n Observer creouse coa finalidade de fomentar e mellorar a calidade das acci\u00f3ns relacionadas co Turismo Cient\u00edfico sustentable e de calidade garantindo a sustentabilidade e a participaci\u00f3n, ademais de facilitar o acceso a todos os sectores da poboaci\u00f3n, mesmo aqueles con necesidades especiais ou de grupos minoritarios. Permitir\u00e1 unificar ciencia, divulgaci\u00f3n cient\u00edfica e turismo nun s\u00f3 distintivo para as monta\u00f1as dos Ancares e O Courel.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En Galicia, s\u00f3 o Parque das Illas Atl\u00e1nticas posu\u00eda este distintivo at\u00e9 agora. O espazo Os Ancares e O Courel xa son Espazo Observer Turismo Cient\u00edfico, tras superar a primeira fase de auditor\u00eda e obter a acreditaci\u00f3n que establece este selo, que a\u00fana investigaci\u00f3n, ciencia e turismo. O proxecto, emprendido por iniciativa da Deputaci\u00f3n de &#8230; <a title=\"Os Ancares-Courel reciben o distintivo Observer de Turismo Cient\u00edfico\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-ancares-courel-reciben-o-distintivo-observer-de-turismo-cientifico\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Os Ancares-Courel reciben o distintivo Observer de Turismo Cient\u00edfico\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-28246","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28246","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28246"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28246\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28246"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28246"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28246"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}