{"id":28329,"date":"2019-04-19T12:38:16","date_gmt":"2019-04-19T12:38:16","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-xunta-avanza-no-plan-de-dinamizador-para-o-sector-enoturistico-galego\/"},"modified":"2019-04-19T12:38:16","modified_gmt":"2019-04-19T11:38:16","slug":"a-xunta-avanza-no-plan-de-dinamizador-para-o-sector-enoturistico-galego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-avanza-no-plan-de-dinamizador-para-o-sector-enoturistico-galego\/","title":{"rendered":"A Xunta avanza no plan de dinamizador para o sector enotur\u00edstico galego"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">Os conselleiros de Medio Rural, Econom\u00eda, Emprego e Industria e de Cultura e Turismo reun\u00edronse cos representantes dos consellos reguladores vin\u00edcolas e das Rutas do Vi\u00f1o<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">A Xunta consens\u00faa co sector os obxectivos para avanzar no plan de dinamizaci\u00f3n territorial do cinco denominaci\u00f3ns de orixe do vi\u00f1o. Baixo a m\u00e1xima da cooperaci\u00f3n entre administraci\u00f3ns e co sector tur\u00edstico, o obxectivo que se persegue \u00e9 mellorar o posicionamento dos vi\u00f1os galegos no seu conxunto, impulsado a oferta tur\u00edstica nas zonas de produci\u00f3n a trav\u00e9s do futuro Plan estrat\u00e9xico de dinamizaci\u00f3n territorial do cinco denominaci\u00f3ns de orixe de vi\u00f1o de Galicia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No encontro, no que tam\u00e9n estivo presente o Cl\u00faster Turismo de Galicia, se insiti\u00f3 na necesidade de realizar un maior aproveitamento dos recursos do territorio como clave para dinamizar os espazos rurais.?Galicia \u00e9 co\u00f1ecida pola s\u00faa gastronom\u00eda e vinculala ao seu territorio \u00e9 fundamental para impulsar economicamente esas zonas?, destacou o conselleiro de Medio Rural, Jos\u00e9 Gonz\u00e1lez, quen lembrou que o sector do vi\u00f1o implica a m\u00e1is de 13.000 viticultores e m\u00e1is de 460 adegas que producen un valor estimado de m\u00e1is de 206 mill\u00f3ns de euros no mercado, ademais de ser o sector m\u00e1is exportador da econom\u00eda galega, segundo indicou tam\u00e9n o conselleiro de Econom\u00eda, Francisco Conde.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste \u00e1mbito, lembrou que at\u00e9 o pr\u00f3ximo 16 de maio est\u00e1 aberta a primeira convocatoria da Business Factory Food, a aceleradora do sector agroalimentario que busca impulsar novos proxectos que acheguen ideas innovadoras a este \u00e1mbito.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Estratexia Galicia Sabe<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Para conseguir eses fins, o plan vai desenvolver unha serie de actuaci\u00f3ns que se basean na elaboraci\u00f3n de indicadores socioecon\u00f3micos, desde os demogr\u00e1ficos at\u00e9 os relacionados co emprego ou o valor engadido, entre outros. Tam\u00e9n se far\u00e1 un estudo da cadea de valor do vi\u00f1o e do sector tur\u00edstico, as\u00ed como unha an\u00e1lise pormenorizada do patrimonio natural, cultural e paisax\u00edstico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pola s\u00faa banda, o conselleiro de Cultura e Turismo fixo fincap\u00e9 na Estratexia Galicia Sabe, unha nova folla de ruta que axudar\u00e1 a definir prioridades e a planificar a actividade deste tipo de turismo no pr\u00f3ximos catro anos. O obxectivo \u00e9 impulsar un modelo de desenvolvemento sustentable e responsable a trav\u00e9s de cinco li\u00f1as estrat\u00e9xicas. Entre elas, at\u00f3pase o reco\u00f1ecemento e protecci\u00f3n \u00e1 cultura gastron\u00f3mica de Galicia; a estimulaci\u00f3n do co\u00f1ecemento, a formaci\u00f3n e o I+D+i; o impulso de produtos e li\u00f1as de traballo de turismo enogastron\u00f3mico; a renovaci\u00f3n da mercadotecnia e a comunicaci\u00f3n; e a creaci\u00f3n dun modelo de gobernanza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En definitiva, como destacou Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, Galicia Sabe facilitar\u00e1 a aproximaci\u00f3n entre o sector primario e o turismo e servir\u00e1 tam\u00e9n para potenciar o turismo rural cun modelo desestacionalizado e comprometido co medio ambiente e o territorio.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os conselleiros de Medio Rural, Econom\u00eda, Emprego e Industria e de Cultura e Turismo reun\u00edronse cos representantes dos consellos reguladores vin\u00edcolas e das Rutas do Vi\u00f1o A Xunta consens\u00faa co sector os obxectivos para avanzar no plan de dinamizaci\u00f3n territorial do cinco denominaci\u00f3ns de orixe do vi\u00f1o. Baixo a m\u00e1xima da cooperaci\u00f3n entre administraci\u00f3ns e &#8230; <a title=\"A Xunta avanza no plan de dinamizador para o sector enotur\u00edstico galego\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-avanza-no-plan-de-dinamizador-para-o-sector-enoturistico-galego\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Xunta avanza no plan de dinamizador para o sector enotur\u00edstico galego\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-28329","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28329","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28329"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28329\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28329"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28329"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28329"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}