{"id":28341,"date":"2019-04-23T14:07:50","date_gmt":"2019-04-23T14:07:50","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/balance-moi-positivo-dunha-semana-santa-que-supera-as-previsions-grazas-ao-bo-tempo\/"},"modified":"2019-04-23T14:07:50","modified_gmt":"2019-04-23T13:07:50","slug":"balance-moi-positivo-dunha-semana-santa-que-supera-as-previsions-grazas-ao-bo-tempo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/balance-moi-positivo-dunha-semana-santa-que-supera-as-previsions-grazas-ao-bo-tempo\/","title":{"rendered":"Balance moi positivo dunha Semana Santa que supera as previsi\u00f3ns grazas ao bo tempo"},"content":{"rendered":"<h4>A comunidade asina unha das mellores Semanas Santa dos \u00faltimos anos, mellorando at\u00e9 10 puntos as cifras do ano pasado.<\/h4>\n<p>A falla de recompilar os \u00faltimos datos, a Semana Santa deste ano asina un dos mellores datos do \u00faltimo lustro, alcanzando posiblemente o 85% de ocupaci\u00f3n no conxunto do territorio, de xoves a domingo, e asinando ocupaci\u00f3ns nalg\u00fans puntos at\u00e9 dez puntos superiores \u00e1s do ano pasado, en que nin o tempo nin o calendario favoreceron a chegada de viaxeiros a Galicia.<\/p>\n<p>En termos xerais, a ocupaci\u00f3n para o conxunto da Semana Santa quedar\u00eda na pinza do 65% ao 85%, a\u00ednda que as impresi\u00f3ns do sector recollidas at\u00e9 agora coinciden en destacar que as reservas de \u00faltima hora animaron os d\u00edas grandes da Semana, mellorando as expectativas iniciais cunha chegada de viaxeiros que se notou non s\u00f3 no aloxamento sen\u00f3n tam\u00e9n na restauraci\u00f3n. Hai que ter en conta que estas primeiras cifras son achegas, xa que fai falta pechar as cifras definitivas, tendo en conta que o luns de Pascua a\u00ednda foi festivo en varias Comunidades Aut\u00f3nomas.<\/p>\n<p>&#8220;As expectativas de ocupaci\u00f3n que manexabamos eran positivas, a pesar de que as previsi\u00f3ns meteorol\u00f3xicas non nos daban moi bo tempo para os d\u00edas festivos. Con todo, son cada vez m\u00e1is os viaxeiros que elixen Galicia igualmente e este ano a s\u00faa fidelidade tivo premio&#8221;, explicou o presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia, Ces\u00e1reo Pardal, que destacou que a bonanza climatol\u00f3xica favoreceu a reservas de \u00faltima hora, cada vez m\u00e1is habituais.<\/p>\n<p><strong>Turismo relixioso consolidado<\/strong><\/p>\n<p>Nos territorios vinculados tradicionalmente coa Semana Santa, caso de Viveiro ou Ferrol, moitos establecementos hostaleiros colgaron cartel de completos cunha afluencia de turistas da que se beneficiaron tam\u00e9n as comarcas da Mari\u00f1a e Ferrolterra. Nestes casos, o turismo relixioso est\u00e1 xa moi consolidado, e ano a ano, marca excelentes resultados nestas datas. Foi o caso de Ferrol, con porcentaxes de ocupaci\u00f3n entre o 70% e o 85%, rozando o completo nos d\u00edas grandes. Moi boas sensaci\u00f3ns tam\u00e9n na Ribeira Sacra, tanto lucense como ourens\u00e1 e cifras de ocupaci\u00f3n que seguramente estar\u00e1n na li\u00f1a da Semana Santa de 2017, especialmente positiva para a provincia ourens\u00e1.<\/p>\n<p>Lugo conseguiu no seu conxunto da provincia unha ocupaci\u00f3n do 93,3%, o que supuxo un ascenso de m\u00e1is de dez puntos con respecto ao ano pasado. A Mari\u00f1a e a Ribeira Sacra foron as zonas da provincia con m\u00e1is visitantes, cunha media do 95 %. Os d\u00edas craves continuaron sendo xoves e venres, nos que alg\u00fans establecementos chegaron ao 100 %.<\/p>\n<p>Na cidade da Coru\u00f1a a porcentaxe de ocupaci\u00f3n quedou finalmente nun 86%, doce puntos por encima da cifra marcada na Semana Santa do ano pasado, cunhas sensaci\u00f3ns excelentes no sector. No caso de Santiago de Compostela, que cumpriu expectativas e chegou ao 80%, os hostaleiros destacaron especialmente a animaci\u00f3n nas r\u00faas dos d\u00edas grandes, que conseguiron que a cidade lucise co ambiente propio das Festas do Ap\u00f3stolo e que permitiu que alg\u00fans establecementos chegasen ao 95% de ocupaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Na provincia de Pontevedra a ocupaci\u00f3n situar\u00edase en torno ao 85% de forma xeral pero hai que esperar para co\u00f1ecer as cifras definitivas. Na cidade de Vigo, de xoves a domingo, a ocupaci\u00f3n estivo en torno ao 83,5% mentres que na cidade de Pontevedra quedou no 85%, cunha notable afluencia de peregrinos que escollen o Cami\u00f1o Portugu\u00e9s.<\/p>\n<p>En Sanxenxo a capacidade hostaleira estaba ao redor do 65% e tam\u00e9n cultivaron excelentes resultados, cunha media do 84.4% de ocupaci\u00f3n, o que significa que pasaron a noite neste munciipio m\u00e1is de 31.200 turistas, a maior\u00eda de xoves a domingo. Moitos dos hoteis de Sanxenxo colgaron o cartel de completo e a maior\u00eda tiveron ocupaci\u00f3ns por encima do 90% mentres que no Grove marcaron en torno ao 90% nos d\u00edas grandes da Semana Santa, o que supuxo un incremento de 20 puntos respecto das previsi\u00f3ns.<\/p>\n<p>Finalmente Ourense rozou o cheo nos d\u00edas centrais de Semana Santa, deixando unha cifra global en torno ao 80% mentres que o turismo rural marcou unha ocupaci\u00f3n en torno ao 67% nos d\u00edas festivos, e en torno ao 50% no conxunto da semana.<\/p>\n<p><strong>Procedencia nacional<\/strong><\/p>\n<p>Como v\u00e9n sendo habitual a orixe dos viaxeiros en Semana Santa \u00e9 maioritariamente nacional, a\u00ednda que nalg\u00fans puntos n\u00f3tase a chegada de turistas internacionais. Neste contexto cabe destacar que tam\u00e9n influ\u00edu a chegada de peregrinos que elixiron estas datas para facer o Cami\u00f1o de Santiago.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A comunidade asina unha das mellores Semanas Santa dos \u00faltimos anos, mellorando at\u00e9 10 puntos as cifras do ano pasado. A falla de recompilar os \u00faltimos datos, a Semana Santa deste ano asina un dos mellores datos do \u00faltimo lustro, alcanzando posiblemente o 85% de ocupaci\u00f3n no conxunto do territorio, de xoves a domingo, e &#8230; <a title=\"Balance moi positivo dunha Semana Santa que supera as previsi\u00f3ns grazas ao bo tempo\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/balance-moi-positivo-dunha-semana-santa-que-supera-as-previsions-grazas-ao-bo-tempo\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Balance moi positivo dunha Semana Santa que supera as previsi\u00f3ns grazas ao bo tempo\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-28341","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28341","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28341"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28341\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28341"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28341"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28341"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}