{"id":28425,"date":"2019-06-06T05:04:50","date_gmt":"2019-06-06T05:04:50","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-xunta-destaca-un-investimento-de-43-millons-de-euros-que-esta-a-permitir-o-impulso-do-enoturismo-en-galicia\/"},"modified":"2019-06-06T05:04:50","modified_gmt":"2019-06-06T04:04:50","slug":"a-xunta-destaca-un-investimento-de-43-millons-de-euros-que-esta-a-permitir-o-impulso-do-enoturismo-en-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-destaca-un-investimento-de-43-millons-de-euros-que-esta-a-permitir-o-impulso-do-enoturismo-en-galicia\/","title":{"rendered":"A Xunta destaca un investimento de 4,3 mill\u00f3ns de euros que est\u00e1 a permitir o impulso do enoturismo en Galicia"},"content":{"rendered":"<h4 style=\"text-align: justify;\">O departamento dirixido por Rom\u00e1n Rodr\u00edguez tam\u00e9n anuncia a licitaci\u00f3n do plan Ribeira Sacra de coordinaci\u00f3n de actuaci\u00f3ns neste territorio<\/h4>\n<p style=\"text-align: justify;\">No marco da presentaci\u00f3n das <a href=\"https:\/\/www.xornadasrutasvinosgalicia2019.com\/\" target=\"_blank\">Xornadas de portas abertas nas rutas dos vi\u00f1os de Galicia<\/a>, que se desenvolver\u00e1n do 7 ao 9 e do 14 a 16 de xu\u00f1o nas denominaci\u00f3ns de orixe R\u00edas Baixas, Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras coa participaci\u00f3n de 67 adegas e un amplo abanico de propostas como catas comentadas, visitas a museos ou rutas monumentais, a Xunta de Galicia destacou os investimentos que est\u00e1 a realizar a administraci\u00f3n auton\u00f3mica para o impulso do enoturismo. Un apoio que se traduce nunha achega de 230.000 euros para a realizaci\u00f3n destas xornadas at\u00e9 2021, e noutros 236.000 euros destinados \u00e1 sinalizaci\u00f3n das rutas das DO R\u00edas Baixas e Ribeiro xa executadas \u00e1s que se suman importantes investimentos para a posta en marcha do Museo do Vi\u00f1o de Galicia en Ribadavia, o Museo da Enolox\u00eda do Condado de Tea, o Spa Vi\u00f1oterapia de Leiro ou para a conservaci\u00f3n dos lagares rupestres de O\u00edmbra, entre outras actuaci\u00f3ns. Deste xeito, o Goberno galego fixo unha achega total para a dinamizaci\u00f3n do enoturismo de 4,3 mill\u00f3ns de euros, ao que se suma o apoio \u00e1s numerosas festas de interese tur\u00edstico ao redor deste produto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais, o conselleiro de Cultura e Turismo, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, fixo referencia \u00e1 pr\u00f3xima posta en marcha dos plans de dinamizaci\u00f3n tur\u00edstica para o cinco zonas denominaci\u00f3n de orixe, froito da colaboraci\u00f3n de diversos departamentos da Xunta co obxectivo de impulsar economicamente estes territorios e \u00e1 execuci\u00f3n da sinalizaci\u00f3n das DO Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Licitaci\u00f3n do plan Ribeira Sacra<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O departamento dirixido por Rom\u00e1n Rodr\u00edguez tam\u00e9n anunciou a licitaci\u00f3n en breve prazo do Plan de Xesti\u00f3n da Ribeira Sacra, como paso para continuar o proceso da candidatura desta paisaxe cultural \u00e1 inscrici\u00f3n na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, un plan que, segundo avanzou o conselleiro de Cultura e Turismo, sup\u00f3n &#8220;unha verdadeira oportunidade para a protecci\u00f3n, a mellora continua e a promoci\u00f3n&#8221; deste territorio e ser\u00e1 &#8220;a mostra do noso compromiso na conservaci\u00f3n e difusi\u00f3n desta paisaxe cultural&#8221;, servindo para &#8220;coordinar os investimentos e as actuaci\u00f3ns desenvolvidas polos diferentes axentes do territorio&#8221;. No marco do plan tam\u00e9n se incl\u00fae desenvolver medidas concretas orientadas a conservar o valor universal excepcional desta contorna e promoverase a difusi\u00f3n dos seus valores dentro e f\u00f3ra da zona.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste sentido Rodr\u00edguez lembrou o investimento de m\u00e1is de 1,8 mill\u00f3ns de euros durante 2018, dirixidos \u00e1 restauraci\u00f3n e conservaci\u00f3n do patrimonio cultural, as actividades de promoci\u00f3n tur\u00edstica da Ribeira Sacra e o coidado e sinalizaci\u00f3n do Cami\u00f1o de Inverno. Un esforzo investidor que contin\u00faa ao longo de 2019, no que xa foron executados 1,7 mill\u00f3ns de euros, licit\u00e1ndose actuaci\u00f3ns de conservaci\u00f3n por valor de m\u00e1is de 700.000.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O departamento dirixido por Rom\u00e1n Rodr\u00edguez tam\u00e9n anuncia a licitaci\u00f3n do plan Ribeira Sacra de coordinaci\u00f3n de actuaci\u00f3ns neste territorio No marco da presentaci\u00f3n das Xornadas de portas abertas nas rutas dos vi\u00f1os de Galicia, que se desenvolver\u00e1n do 7 ao 9 e do 14 a 16 de xu\u00f1o nas denominaci\u00f3ns de orixe R\u00edas Baixas, &#8230; <a title=\"A Xunta destaca un investimento de 4,3 mill\u00f3ns de euros que est\u00e1 a permitir o impulso do enoturismo en Galicia\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-destaca-un-investimento-de-43-millons-de-euros-que-esta-a-permitir-o-impulso-do-enoturismo-en-galicia\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Xunta destaca un investimento de 4,3 mill\u00f3ns de euros que est\u00e1 a permitir o impulso do enoturismo en Galicia\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2547,3739],"tags":[],"class_list":["post-28425","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-xornadas","category-jornadas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28425","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28425"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28425\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28425"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28425"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28425"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}