{"id":28500,"date":"2019-07-02T12:13:10","date_gmt":"2019-07-02T12:13:10","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-82-das-vivendas-de-uso-turistico-en-galicia-son-dun-unico-propietario-que-comercializa-so-un-inmoble\/"},"modified":"2019-07-02T12:13:10","modified_gmt":"2019-07-02T11:13:10","slug":"o-82-das-vivendas-de-uso-turistico-en-galicia-son-dun-unico-propietario-que-comercializa-so-un-inmoble","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-82-das-vivendas-de-uso-turistico-en-galicia-son-dun-unico-propietario-que-comercializa-so-un-inmoble\/","title":{"rendered":"O 82% das vivendas de uso tur\u00edstico en Galicia son dun \u00fanico propietario que comercializa s\u00f3 un inmoble"},"content":{"rendered":"<h4>A Conseller\u00eda de Cultura e Turismo fixo balance da evoluci\u00f3n desta tipolox\u00eda de aloxamentos en Galicia desde a s\u00faa regulaci\u00f3n<\/h4>\n<h4>A Xunta constata que se trata dunha actividade de pequenos propietarios que non est\u00e1 a xerar incidentes salientables entre clientes nin residentes<\/h4>\n<p>Desde a entrada en vigor do decreto que regula as Vivendas de Uso Tur\u00edstico (VUTs), en Galicia d\u00e9ronse de alta un total de 8.541 vivendas de uso tur\u00edstico, unha tipolox\u00eda de aloxamento que desde hai dous anos conta cunha regulaci\u00f3n espec\u00edfica na nosa Comunidade. O 82% das cales corresponden a pequenos propietarios que comercializan unha \u00fanica vivenda de uso tur\u00edstico, cifra que aumenta at\u00e9 o 93% no caso de arrendatarios cunha ou d\u00faas vivendas. As\u00ed, s\u00f3 un 7% dos propietarios dispo\u00f1en de m\u00e1is de dous no mercado.<\/p>\n<p>Esta foi unha das cifras m\u00e1is destacadas do balance que ofreceu a Conseller\u00eda de Cultura e Turismo e a Axencia de Turismo de Galicia en torno ao desenvolvemento desta actividade que, \u00e1 vista dos resultados, Galicia est\u00e1 a regular con eficacia e normalidade. Isto, como afirmaron, permite que tanto as persoas que ofrecen estes servizos como as que os contratan poidan facelo con garant\u00edas e con total seguridade xur\u00eddica para ambos.<\/p>\n<p>A an\u00e1lise efectuada polo Goberno galego mostra a gran dispersi\u00f3n na distribuci\u00f3n das vivendas de uso tur\u00edstico polo territorio, as\u00ed como a dispersi\u00f3n na distribuci\u00f3n da s\u00faa propiedade. &#8220;Contabilizamos m\u00e1is de 6.300 propietarios distintos que libremente deciden p\u00f3r a s\u00faa primeira ou segunda vivenda no mercado do aluguer tur\u00edstico&#8221;, reflexionou o titular da conseller\u00eda, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, que asegurou que esta evoluci\u00f3n garante a convivencia de usos, para o que faculta a concellos e comunidades de veci\u00f1os a establecer l\u00edmites se o consideran necesario.<\/p>\n<p><strong>Coordinaci\u00f3n administrativa<\/strong><br \/>\nNeste sentido, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez avanzou a s\u00faa vontade de continuar dando pasos, para o que xa trasladou unha proposta \u00e1 Federaci\u00f3n Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) co fin de facilitar a coordinaci\u00f3n das competencias tur\u00edsticas e urban\u00edsticas exercidas pola administraci\u00f3n auton\u00f3mica e local. Como lembrou, no \u00e1mbito de actuaci\u00f3n dos concellos est\u00e1n funci\u00f3ns como a de regular os usos a trav\u00e9s do seu Plan Xerais de Ordenaci\u00f3n Municipal ou constatar a legalidade urban\u00edstica.<\/p>\n<p>Do mesmo xeito, a Xunta seguir\u00e1 demandando maior coordinaci\u00f3n a nivel estatal neste campo. Para iso, reclama ao Goberno central marcos normativos nos que poder desenvolver as competencias auton\u00f3micas con seguridade xur\u00eddica, a unificaci\u00f3n de criterios que permitan dar unha resposta com\u00fan \u00fanaa realidade din\u00e1mica e en constante evoluci\u00f3n, e a xeraci\u00f3n de espazos de cooperaci\u00f3n nos que poder prever e anticiparse aos r\u00e1pidos cambios que experimenta, de forma xeneralizada, o sector.<\/p>\n<p>Ante a disparidade de criterios entre comunidades aut\u00f3nomas, o conselleiro apostou por unha harmonizaci\u00f3n cun marco com\u00fan m\u00ednimo que redunde en beneficio de todos, as\u00ed como maior colaboraci\u00f3n por parte das plataformas de comercializaci\u00f3n online. Igualmente, volveu solicitar o establecemento dun sistema que permita medir a cifra de persoas que empregan este tipo de aloxamentos, algo inexistente na actualidade.<\/p>\n<p><strong>Distribuci\u00f3n no territorio <\/strong><br \/>\nDo total de vivendas censadas no Instituto Nacional de Estat\u00edstica (INE) en Galicia, 1,6 mill\u00f3ns, s\u00f3 o 0,53% ter\u00edan como finalidade o uso tur\u00edstico nestes momentos, sendo os concellos con maior presencia deste tipo de aloxamentos, Sanxenxo, que supera as 1.600, seguido de Santiago, con 566 vivendas inscritas, Vigo, con 310, A Coru\u00f1a con 296 e outros concellos como O Grove, Barreiros, Foz, Cangas ou Poio, todos eles por baixo das 300.<br \/>\nA provincia de Pontevedra \u00e9 a que conta cunha porcentaxe superior, o 47%, seguida da Coru\u00f1a (37%), Lugo (13%) e Ourense, que suma unicamente o 3% dos inmobles.<\/p>\n<p><strong>Influencia no sector<\/strong><br \/>\nSobre a repercusi\u00f3n no resto do sector, o conselleiro lembrou que as tipolox\u00edas de aloxamento tur\u00edstico que exist\u00edan previamente (hoteis, pensi\u00f3ns, apartamentos tur\u00edsticos, c\u00e1mpings e turismo rural) est\u00e1n a incrementar o seu volume de viaxeiros. En concreto, no primeiro cuadrimestre do ano recibiron un 3,2% m\u00e1is de turistas, que realizaron un 5% m\u00e1is de pasas a noite, co que a subida da ocupaci\u00f3n por habitaci\u00f3n foi do 6,4%. &#8220;Falamos sempre dun crecemento en cantidade, pero sobre todo en calidade&#8221;, recalcou o conselleiro, quen aludiu \u00e1 mellora dos prezos hostaleiros ou ao aumento da rendibilidade empresarial, dun 7,7%.<\/p>\n<p>Finalmente, Rodr\u00edguez tam\u00e9n deu conta da tarefa inspectora desenvolvida nesta \u00e1rea, explicando que a Xunta incorporou as vivendas de uso tur\u00edstico ao seu plan de inspecci\u00f3n co resto de opci\u00f3ns de aloxamento e servizos, actuando principalmente de oficio. En total, inco\u00e1ronse 53 expedientes, cos cales 30 xa foron finalizados. A maior parte dos casos eran derivados de infracci\u00f3ns tipificadas como graves, en concreto por realizar a actividade de maneira ilegal, sen estar inscritas no rexistro auton\u00f3mico. S\u00f3 un grupo reducido motiv\u00e1ronse por incumprir ou alterar as circunstancias que motivaron a autorizaci\u00f3n para a actividade; efectuar cambios substancias ou non cumprir na prestaci\u00f3n dos servizos acordados, ou empregar denominaci\u00f3ns, r\u00f3tulos e distintivos diferentes do fixado na normativa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Conseller\u00eda de Cultura e Turismo fixo balance da evoluci\u00f3n desta tipolox\u00eda de aloxamentos en Galicia desde a s\u00faa regulaci\u00f3n A Xunta constata que se trata dunha actividade de pequenos propietarios que non est\u00e1 a xerar incidentes salientables entre clientes nin residentes Desde a entrada en vigor do decreto que regula as Vivendas de Uso &#8230; <a title=\"O 82% das vivendas de uso tur\u00edstico en Galicia son dun \u00fanico propietario que comercializa s\u00f3 un inmoble\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-82-das-vivendas-de-uso-turistico-en-galicia-son-dun-unico-propietario-que-comercializa-so-un-inmoble\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O 82% das vivendas de uso tur\u00edstico en Galicia son dun \u00fanico propietario que comercializa s\u00f3 un inmoble\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-28500","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28500","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28500"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28500\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28500"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28500"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28500"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}