{"id":28560,"date":"2019-07-18T10:42:37","date_gmt":"2019-07-18T10:42:37","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-plan-estratexico-do-xacobeo2021-contara-cun-orzamento-minimo-de-2477-millons-de-euros\/"},"modified":"2019-07-18T10:42:37","modified_gmt":"2019-07-18T09:42:37","slug":"o-plan-estratexico-do-xacobeo2021-contara-cun-orzamento-minimo-de-2477-millons-de-euros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-plan-estratexico-do-xacobeo2021-contara-cun-orzamento-minimo-de-2477-millons-de-euros\/","title":{"rendered":"O Plan Estrat\u00e9xico do Xacobeo2021 contar\u00e1 cun orzamento m\u00ednimo de 247,7 mill\u00f3ns de euros"},"content":{"rendered":"<h4>O presidente da Xunta avanzou as li\u00f1as xerais do plan que se presenta este venres na Cidade da Cultura de Galicia<\/h4>\n<p>No marco da reuni\u00f3n da comisi\u00f3n organizadora do Xacobeo 2021 na que se adiantou que o Plan Estrat\u00e9xico do Xacobeo estar\u00e1 dotado cun m\u00ednimo de 247,7 mill\u00f3ns de euros, que se sumar\u00e1n aos 33 mill\u00f3ns xa investidos, o titular da Xunta, Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o animou a aproveitar a oportunidade que brinda a celebraci\u00f3n do pr\u00f3ximo Ano Santo e convidou os galegos a ser part\u00edcipes na organizaci\u00f3n dun &#8220;Xacobeo de 5.000 d\u00edas&#8221; que permita mostrar a mellor Galicia da nosa historia.<\/p>\n<p>Tras 11 anos sen haber ano santo, nos pr\u00f3ximos 11 celebraranse tres, unha circunstancia que N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o consider que hai que converter nunha oportunidade para desarroollar un Xacobeo verde, comprometido coa s\u00faa autenticidade, un Xacobeo innovador, capaz de promocionar unha Galicia cada vez m\u00e1is tecnol\u00f3xica, m\u00e1is dixital e m\u00e1is comprometida cos sectores emerxentes<\/p>\n<p>Durante a s\u00faa intervenci\u00f3n, Feij\u00f3o fixo fincap\u00e9 en que o m\u00e1is importante \u00e9 que non se trata dun proxecto para un ano illado, sen\u00f3n que se trata dun proxecto que comeza desde este momento e cun horizonte que mira a 2027 e 2032, os seguintes anos santos. Deste xeito, lembrou que a situaci\u00f3n \u00e9 semellante \u00e1 que se viviu no seu d\u00eda co Xacobeo 93; &#8220;e, por iso, debemos p\u00f3r o mesmo interese e a mesma implicaci\u00f3n para lograr que volva ser un novo punto de inflexi\u00f3n na nosa historia&#8221;, recalcou.<\/p>\n<p>Grazas \u00e1 antelaci\u00f3n coa que se est\u00e1 traballando, xa se investiron m\u00e1is de 33 mill\u00f3ns, cifra \u00e1 que agora se sumar\u00e1, como m\u00ednimo, os 247,7 mill\u00f3ns que agora se consignan ao plan estrat\u00e9xico para seguir avanzando na folla de ruta trazada inicialmente at\u00e9 2021. &#8220;Estamos a falar dunha folla de ruta que marque non s\u00f3 o que imos facer sen\u00f3n tam\u00e9n como o imos a facer&#8221;, afirmou o titular da Xunta, \u00e1 vez que precisou que o ano santo non \u00e9 a mera suma dunha serie de actos relixiosos, programas culturais ou festexos, sen\u00f3n que \u00e9 a oportunidade de dar, todos, o mellor, para ofrecer xuntos a mellor Galicia.<\/p>\n<p><strong>Xacobeo verde, aut\u00e9ntico, familiar e novo<\/strong><\/p>\n<p>Neste sentido, o plan estrat\u00e9xico define o pr\u00f3ximo Ano Santo como un Xacobeo verde, comprometido coa s\u00faa autenticidade, con aquilo que m\u00e1is o identifica: o Cami\u00f1o, a paisaxe, o patrimonio, a gastronom\u00eda propia. &#8220;E neste sentido, a sustentabilidade e a calidade deben ser obxectivos irrenunciables para que tanto os galegos como os visitantes s\u00f3mense ao coidado e promoci\u00f3n da nosa riqueza&#8221;, pero tam\u00e9n como un Xacobeo innovador, capaz de promocionar unha Galicia cada vez m\u00e1is tecnol\u00f3xica, m\u00e1is dixital e m\u00e1is comprometida cos sectores emerxentes. E un Xacobeo familiar, que conjugue os intereses e as visi\u00f3ns de todas as xeraci\u00f3ns e tam\u00e9n de todos os colectivos, garantindo que sexa accesible a todos, con independencia da idade, da situaci\u00f3n ou do lugar no que viva. O plan, que foi presentado \u00e1 todos os grupos parlamentarios, recolle, ademais 68 medidas achegadas polos grupos parlamentarios a trav\u00e9s do grupo de traballo Xacobeo2021 constitu\u00eddo a comezos de ano.<\/p>\n<p>Por todo iso Feij\u00f3o considera que se est\u00e1 traballando con todas a forza e instrumentos necesarios para abrir un per\u00edodo xacobeo para o que ser\u00e1 necesario que todos os galegos impl\u00edquense. Ao longo deste tempo xa se deron grandes pasos: a rehabilitaci\u00f3n da Catedral, a recuperaci\u00f3n paisax\u00edstica dos m\u00e1is de 1.500 quil\u00f3metros dos Cami\u00f1os de Santiago, tanto ao seu paso por m\u00e1is de 120 concellos como nas entradas en Santiago, o novo Centro de Acollida ao Peregrino, a mellora das instalaci\u00f3ns do Monte do Gozo, e un total de 12 albergues sum\u00e1ronse \u00e1 rede auton\u00f3mica a maiores dos que hab\u00eda no Xacobeo 2010. E a todo iso s\u00famase o esp\u00edrito peregrino, que non fixo m\u00e1is que crecer nos ultimos anos cun 20% m\u00e1is de peregrinos hoxe que no \u00faltimo Ano Santo. E, ademais, con dous importantes fitos: en 2012, por primeira vez o n\u00famero de peregrinos estranxeiros superou aos procedentes do conxunto de Espa\u00f1a, at\u00e9 o punto de que, neste momento, a porcentaxe \u00e9 da 65 % fronte ao 35%. E igualmente, en 2017 superouse a barreira psicol\u00f3xica dos 300.000 peregrinos (en 2018 foron 327.378).<\/p>\n<p>Por todo iso, o presidente do Goberno galego conclu\u00edu dicindo que o Xacobeo 2021 est\u00e1 chamado a ser o principio da Galicia da nova d\u00e9cada &#8220;e o pistoletazo de sa\u00edda para as nosas ilusi\u00f3ns e as nosas expectativas com\u00fans&#8221;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O presidente da Xunta avanzou as li\u00f1as xerais do plan que se presenta este venres na Cidade da Cultura de Galicia No marco da reuni\u00f3n da comisi\u00f3n organizadora do Xacobeo 2021 na que se adiantou que o Plan Estrat\u00e9xico do Xacobeo estar\u00e1 dotado cun m\u00ednimo de 247,7 mill\u00f3ns de euros, que se sumar\u00e1n aos 33 &#8230; <a title=\"O Plan Estrat\u00e9xico do Xacobeo2021 contar\u00e1 cun orzamento m\u00ednimo de 247,7 mill\u00f3ns de euros\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-plan-estratexico-do-xacobeo2021-contara-cun-orzamento-minimo-de-2477-millons-de-euros\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O Plan Estrat\u00e9xico do Xacobeo2021 contar\u00e1 cun orzamento m\u00ednimo de 247,7 mill\u00f3ns de euros\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-28560","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28560","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28560"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28560\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28560"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28560"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28560"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}