{"id":28569,"date":"2019-07-22T12:19:14","date_gmt":"2019-07-22T12:19:14","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-xunta-cifra-os-obxectivos-do-xacobeo-2021-crecemento-do-pib-numero-de-visitantes-e-emprego-a-tempo-completo\/"},"modified":"2019-07-22T12:19:14","modified_gmt":"2019-07-22T11:19:14","slug":"a-xunta-cifra-os-obxectivos-do-xacobeo-2021-crecemento-do-pib-numero-de-visitantes-e-emprego-a-tempo-completo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-cifra-os-obxectivos-do-xacobeo-2021-crecemento-do-pib-numero-de-visitantes-e-emprego-a-tempo-completo\/","title":{"rendered":"A Xunta cifra os obxectivos do Xacobeo 2021: crecemento do PIB, n\u00famero de visitantes e emprego a tempo completo"},"content":{"rendered":"<h4>O presidente da Xunta destaca o pr\u00f3ximo Ano Santo como unha oportunidade para mostrar o noso potencial no \u00e1mbito relixioso, cultural e tur\u00edstico, pero tam\u00e9n no econ\u00f3mico e social<\/h4>\n<p>Volvendo facer unha chamada \u00e1 implicaci\u00f3n do conxunto da sociedade galega nos pr\u00f3ximos retos que exp\u00f3n a celebraci\u00f3n do Xacobeo 2021, o presidente da Xunta, Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o, destacou alg\u00fans dos obxectivos fixados pola Xunta para esta pr\u00f3xima celebraci\u00f3n durante a presentaci\u00f3n do <a href=\"https:\/\/clusterturismogalicia.comel-plan-estrategico-del-xacobeo2021-contara-con-un-presupuesto-minimo-de-2477-millones-de-euros\/\" target=\"_blank\">Plan Estrat\u00e9xido do Xacobeo<\/a>, que tivo lugar nun acto na Cidade da Cultura nun acto no que se deu cita m\u00e1is de 700 persoas procedentes dos \u00e1mbitos da pol\u00edtica, a cultura ou a peregrinaci\u00f3n. Neste sentido, N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o destacou o seu convencemento de que o Xacobeo 2021 faga crecer o Produto Interior Bruto de Galicia un 0,9% e cre 11.500 empregos a tempo completo no pr\u00f3ximos catro anos, desde hoxe at\u00e9 2022, o \u00faltimo exercicio que se ver\u00e1 influenciado directamente polo Ano Santo.<\/p>\n<p>F\u00edxoo durante a presentaci\u00f3n do Plan estrat\u00e9xico do Xacobeo 2021 ante membros da Igrexa, alcaldes dos m\u00e1is de 120 concellos polos que transcorren os cami\u00f1os, asociaci\u00f3n xacobeas e culturais e directivos tur\u00edsticos, unha ampla representaci\u00f3n de Galicia coa que se quer\u00eda evidenciar que &#8220;o Xacobeo \u00e9 de todos. As galegas e os galegos temos o dereito de vivir o Xacobeo, de gozalo, pero tam\u00e9n temos o deber de preparalo, de enriquecelo, cada un desde as s\u00faas respectivas responsabilidades, individuais ou colectivas&#8221;, aseverou.<\/p>\n<p>Na mesma li\u00f1a, Feij\u00f3o destacou a importancia de cada un dos papeis que ten cada persoa ou entidade para que a terra que se vexa no Xacobeo 2021, e nos seguintes de 2027 e 2032, sexa &#8220;m\u00e1is Galicia Calidade que nunca&#8221;, e expresou o seu desexo de que toda a Comunidade sexa a casa acolledora para os que nos visiten, un territorio que, de cumprirse as expectativas da Xunta, co obxectivo de chegar a superar no pr\u00f3ximo Ano Santo os 9,3 mill\u00f3ns de visitantes, entre viaxeiros e peregrinos, que se marcaron no anterior Xacobeo.<\/p>\n<p>Do mesmo xeito, asegurou que o Xacobeo dos 5.000 d\u00edas como o denominou a Xunta, ?esixe que demos o mellor de n\u00f3s mesmos cada un deles? e convidou a todos os galegos a aproveitar xuntos a Galicia Xacobea da pr\u00f3xima d\u00e9cada para profundar nos \u00e1mbitos marcados como prioritarios: unha Galicia verde, nova, familiar e innovadora, \u00e1mbitos nos que tam\u00e9n se configurou o desenvolvemento do Plan Estrat\u00e9xico do Xacobeo, do que se presentou un v\u00eddeo resumen baixo o slogan &#8220;Eu Te\u00f1o 21&#8221;.<\/p>\n<p><strong>Galicia, no mellor momento para a celebraci\u00f3n dos Anos Santos<\/strong><br \/>\nDurante a s\u00faa intervenci\u00f3n, o presidente da Xunta afirmou que\u00a0&#8220;non cabe d\u00fabida de que aproveitar os seguintes Anos Santos como plataforma para ensinar a Galicia que queremos ser na pr\u00f3xima d\u00e9cada \u00e9 un obxectivo ambicioso?, pero asegurou que ?temos unha vantaxe que nos permite facelo coa preparaci\u00f3n debida: hai tempo suficiente&#8221;.<\/p>\n<p>Neste sentido, explicou que, a diferenza do Xacobeo 2010, &#8220;levamos preparando esta cita desde hai anos, e con a\u00ednda m\u00e1is intensidade desde agora, xa con este Plan Estrat\u00e9xico como folla de ruta, a\u00ednda a ano e medio para que se abra a Porta Santa&#8221;. Feij\u00f3o avogou, ademais, por lograr esa unidade administrativa, da Xunta, concellos e Goberno central, pois &#8220;ser\u00e1 o mellor exemplo para as galegas e os galegos&#8221;. Nesa li\u00f1a, puxo como exemplo os resultados da convocatoria O teu Xacobeo, que revelan unha Galicia con ideas e con ganas de que o pr\u00f3ximo Ano Santo &#8220;sexa o mellor tam\u00e9n porque ser\u00e1 o m\u00e1is participativo&#8221;, dixo, pondo en valor que &#8220;as\u00ed debe ser porque cada gran que se achegue contar\u00e1 para poder lograr os mellores resultados&#8221;.<\/p>\n<p>O presidente da Xunta resaltou para finalizar que o fen\u00f3meno peregrino permite mostrar desde Galicia unha visi\u00f3n polifac\u00e9tica do mundo, cunha gran capacidade para entender a diversidade. &#8220;Defender o Xacobeo deber\u00eda obrigarnos tam\u00e9n a converternos en promotores desa diversidade, que \u00e9 tan contraria \u00e1s tentaci\u00f3ns aislacionistas como a aqueloutras que pretenden desdibujar a personalidade de cada territorio&#8221;, sentenciou.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O presidente da Xunta destaca o pr\u00f3ximo Ano Santo como unha oportunidade para mostrar o noso potencial no \u00e1mbito relixioso, cultural e tur\u00edstico, pero tam\u00e9n no econ\u00f3mico e social Volvendo facer unha chamada \u00e1 implicaci\u00f3n do conxunto da sociedade galega nos pr\u00f3ximos retos que exp\u00f3n a celebraci\u00f3n do Xacobeo 2021, o presidente da Xunta, Alberto &#8230; <a title=\"A Xunta cifra os obxectivos do Xacobeo 2021: crecemento do PIB, n\u00famero de visitantes e emprego a tempo completo\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-cifra-os-obxectivos-do-xacobeo-2021-crecemento-do-pib-numero-de-visitantes-e-emprego-a-tempo-completo\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Xunta cifra os obxectivos do Xacobeo 2021: crecemento do PIB, n\u00famero de visitantes e emprego a tempo completo\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-28569","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28569","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28569"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28569\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28569"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28569"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28569"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}