{"id":28620,"date":"2019-08-14T04:00:05","date_gmt":"2019-08-14T04:00:05","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/crece-a-oferta-de-vivendas-de-uso-turistico-en-galicia-que-alcanzan-unha-ocupacion-media-en-xullo-do-70\/"},"modified":"2019-08-14T04:00:05","modified_gmt":"2019-08-14T03:00:05","slug":"crece-a-oferta-de-vivendas-de-uso-turistico-en-galicia-que-alcanzan-unha-ocupacion-media-en-xullo-do-70","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/crece-a-oferta-de-vivendas-de-uso-turistico-en-galicia-que-alcanzan-unha-ocupacion-media-en-xullo-do-70\/","title":{"rendered":"Crece a oferta de vivendas de uso tur\u00edstico en Galicia, que alcanzan unha ocupaci\u00f3n media en xullo do 70%"},"content":{"rendered":"<p>As vivendas de uso tur\u00edstico creceron nos \u00faltimos meses en Galicia, chegando a un total de 9.075 segundo os datos do <a href=\"https:\/\/www.turismo.gal\/espazo-profesional\/directorio-de-empresas-e-establecementos-turisticos?langId=es_ES\">Rexistro de Empresas e Actividades Tur\u00edsticas (REAT)<\/a>, unha cifra case o dobre maior que as 5000 que se rexistraban en marzo de 2018, o que sup\u00f3n que catro de cada cinco municipios galegos contan con aloxamentos deste tipo. En canto ao n\u00famero de prazas ofrecidas, xa pasa das 46.000 neste tipo de aloxamentos, moi pr\u00f3ximo \u00e1s 55.000 que oferta o sector hostaleiro da comunidade. \u00c1 cabeza, e con moita diferenza, sit\u00faase o municipio pontevedr\u00e9s de Sanxenxo, con 1.646 vivendas rexistradas, o triplo das que ten o seu inmediato seguidor, o\u00a0 concello de Santiago de Compostela, onde os turistas poden elixir entre 585 vivendas.<\/p>\n<p>Desde a Xunta destacan que a chegada deste tipo de aloxamentos non produciu \u201cunha gran conflitividade ou unha gran perda de convivencia&#8221;. \u201cOs alugueres tur\u00edsticos&#8221;, asegurou o conselleiro de Cultura e Turismo, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, representan &#8220;unha nova modalidade que \u00e9 compatible cos establecementos hostaleiros normais&#8221; e recalcou a necesidade de regulalas. Galicia foi pioneira coa posta en marcha dun decreto\u00a0 e dun rexistro no que est\u00e1n anotados estes establecementos.<\/p>\n<p>Sobre o crecemento exponencial da oferta, o conselleiro matizou que &#8220;en Galicia est\u00e1 a crecer, pero non ten a escala doutras comunidades&#8221;, comparando as cifras da nosa comunidade co exemplo de Catalu\u00f1a onde existen 80.000 establecementos deste tipo.<\/p>\n<p>O incremento deste tipo de aloxamento fixo que a ocupaci\u00f3n caia este ano por segundo ano consecutivo segundo os datos de <a href=\"https:\/\/aviturga.es\/\">Aviturga<\/a>, a Asociaci\u00f3n de Vivendas Tur\u00edsticas de Galicia. Durante o mes de xullo ocup\u00e1ronse o 72,4 % das prazas ofertadas na comunidade, fronte ao 75 % rexistrado no mesmo mes do 2018, un mes onde xa caeran 10 puntos porcentuais con respecto a 2017. \u201cProduciuse un importante incremento de aloxamentos no mercado para id\u00e9ntica demanda\u201d, sinalan desde a asociaci\u00f3n. Destinos urbanos como A Coru\u00f1a e Santiago de Compostela alcanzaron datos de ocupaci\u00f3n similares aos do ano anterior, roldando o 79 %, seguido de\u00a0 Sanxeno, que alcanza unha ocupaci\u00f3n do 77% das s\u00faas prazas, superando a media de Galicia e mellorando as s\u00faas cifras do pasado ano que se situaban nun 74%. A provincia de Pontevedra lidera a clasificaci\u00f3n de ocupaci\u00f3n cun 74%, seguida da provincia da Coru\u00f1a, cun 72,5 %, Lugo 72 % e Ourense 71,25 %.<\/p>\n<p>En canto ao perfil de usuarios, a maior\u00eda dos que optan por estes aloxamentos son familias de entre 2 e 4 membros, de orixe nacional, que buscan descanso e tranquilidade e valoran especialmente o prezo e a comodidade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As vivendas de uso tur\u00edstico creceron nos \u00faltimos meses en Galicia, chegando a un total de 9.075 segundo os datos do Rexistro de Empresas e Actividades Tur\u00edsticas (REAT), unha cifra case o dobre maior que as 5000 que se rexistraban en marzo de 2018, o que sup\u00f3n que catro de cada cinco municipios galegos contan &#8230; <a title=\"Crece a oferta de vivendas de uso tur\u00edstico en Galicia, que alcanzan unha ocupaci\u00f3n media en xullo do 70%\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/crece-a-oferta-de-vivendas-de-uso-turistico-en-galicia-que-alcanzan-unha-ocupacion-media-en-xullo-do-70\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Crece a oferta de vivendas de uso tur\u00edstico en Galicia, que alcanzan unha ocupaci\u00f3n media en xullo do 70%\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-28620","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28620","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28620"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28620\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28620"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28620"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28620"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}