{"id":28635,"date":"2019-08-21T09:00:53","date_gmt":"2019-08-21T09:00:53","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-xunta-de-galicia-presenta-o-balance-da-actividade-do-sector-hoteleiro-na-ultima-decada\/"},"modified":"2019-08-21T09:00:53","modified_gmt":"2019-08-21T08:00:53","slug":"a-xunta-de-galicia-presenta-o-balance-da-actividade-do-sector-hoteleiro-na-ultima-decada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-de-galicia-presenta-o-balance-da-actividade-do-sector-hoteleiro-na-ultima-decada\/","title":{"rendered":"A Xunta de Galicia presenta o balance da actividade do sector hoteleiro na \u00faltima d\u00e9cada"},"content":{"rendered":"<p>O conselleiro de Cultura e Turismo, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, e a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron este luns o\u00a0 informe \u201cDinamismo do sector hoteleiro en Galicia 2009-2019\u201d basado en datos oficiais do Instituto Galego de Estat\u00edstica (IGE) e do Rexistro de Empresas e Actividades Tur\u00edsticas de Galicia (REAT).<\/p>\n<p>Del se desprende que o n\u00famero de hoteis galegos medrou m\u00e1is dun 8% na \u00faltima d\u00e9cada, pasando dos 839 establecementos rexistrados no 2009 aos m\u00e1is de 900 que existen na actualidade. En canto ao total de prazas hoteleiras, a nosa Comunidade conta xa con preto de 55.000, unhas 2.800 m\u00e1is que hai dez anos.<\/p>\n<p>Rom\u00e1n Rodr\u00edguez explicou que o incremento no n\u00famero de establecementos se rexistrou na meirande parte das categor\u00edas de aloxamento, acadando especialmente unha maior evoluci\u00f3n nos hoteis de catro estrelas, que medraron m\u00e1is dun 30%, algo que reflicte \u201ca crecente profesionalizaci\u00f3n do sector e a s\u00faa aposta pola excelencia\u201d.<\/p>\n<p>En canto \u00e1 demanda hoteleira (hoteis + pensi\u00f3ns) o n\u00famero de turistas aloxados neste tipo de establecementos aumentou un 23% ao longo deste tempo. Ademais, a cifra de pernoitas que realizaron estivo preto dos 8,5 mill\u00f3ns, o que sup\u00f3n unha suba do 13,7%.<\/p>\n<p>No caso da demanda nas diferentes tipolox\u00edas de aloxamento, o informe ofrece datos do 2018, indicando que o 69% rexistrouse en hoteis. \u00c9 dicir, de cada 10 noites que os turistas realizan en establecementos galegos, 7 son en hoteis.<\/p>\n<p>O titular de Cultura e Turismo da Xunta sinalou que estes datos reflicten o \u201cpeso espec\u00edfico\u201d do sector hoteleiro na nosa econom\u00eda, as\u00ed como a s\u00faa capacidade para adaptarse \u201caos cambios dos \u00faltimos anos\u201d grazas a s\u00faa aposta permanente pola mellora da calidade e da competitividade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Reparto xeogr\u00e1fico<\/strong><\/p>\n<p>As catro provincias te\u00f1en hoxe m\u00e1is hoteis que hai dez anos, especialmente A Coru\u00f1a e Lugo, cun incremento do 13,3% e do 10,4%, respectivamente; seguidas de Ourense e Pontevedra, cun alza do 9,4% e do 3,8%.<\/p>\n<p>A provincia pontevedresa encabeza a clasificaci\u00f3n tanto no n\u00famero de prazas como no de establecementos, con 25.780 repartidas en 407 negocios. En segundo lugar at\u00f3pase A Coru\u00f1a, con 18.357 en 280 hoteis. Pola s\u00faa banda, Lugo conta con 6.285 prazas repartidas en 127 establecementos e Ourense con 4.538 nun total de 93 hoteis.<\/p>\n<p>O estudo presentado recolle tam\u00e9n a pegada do sector en toda a xeograf\u00eda galega. As\u00ed pois, preto o 59% dos concellos contan con alg\u00fan hotel dentro do seu territorio, mentres que se falamos de establecementos hoteleiros en xeral (hoteis + pensi\u00f3ns) a cifra sit\u00faase por enriba do 80%. \u201cIsto amosa a gran implantaci\u00f3n do sector en toda Galicia, con presenza no rural e \u00e1mbito no urbano, nas zonas de costa e no interior\u201d, remarcou.<\/p>\n<p>Estas cifras, como concretou Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, permiten avanzar \u201cen d\u00faas das li\u00f1as estrat\u00e9xicas da Xunta en materia tur\u00edstica\u201d, como son a descentralizaci\u00f3n da oferta e a desestacionalizaci\u00f3n do turismo, \u201cfavorecendo que cheguen turistas en calquera \u00e9poca do ano para gozar dos distintos valores de cada territorio\u201d.<\/p>\n<p>No que respecta \u00e1 oferta por concellos, Sanxenxo \u00e9 o que acumula un maior n\u00famero de prazas hoteleiras seguido de Santiago de Compostela, Vigo, A Coru\u00f1a e O Grove. Por outra banda, o indicador que mide as prazas hoteleiras por cada 100 habitantes amosa que o municipio cunha maior oferta en relaci\u00f3n \u00e1 s\u00faa poboaci\u00f3n \u00e9 Mondariz-Balneario, debido \u201cao pulo do turismo termal\u201d.<\/p>\n<p><strong>M\u00e1is ingresos e m\u00e1is competitividade<\/strong><\/p>\n<p>No primeiro semestre de 2019, os ingresos ascenderon a 118 mill\u00f3ns de euros, o que sup\u00f3n un incremento do 10,2% respecto ao mesmo per\u00edodo de 2018. De manterse esta tendencia, rematar\u00eda o ano superando o volume de negocio do ano pasado, cando rozou os 300 mill\u00f3ns de euros de ingreso, un 38% m\u00e1is que hai un lustro. \u201cTemos un sector m\u00e1is rendible e competitivo, capaz de xerar m\u00e1is emprego de calidade durante todo o ano e en toda Galicia\u201d, destacou o conselleiro.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Plan MAT de Mellora de Aloxamentos Tur\u00edsticos<\/strong><\/p>\n<p>Na rolda de prensa celebrada no Hotel Oca Puerta del Camino, ambos dirixentes anunciaron, as\u00ed mesmo, a resoluci\u00f3n da convocatoria de axudas por valor de 1,2\u00a0 mill\u00f3ns de euros a 70 establecementos para acometer melloras de modernizaci\u00f3n, accesibilidade ou aforro enerx\u00e9tico no marco do <a href=\"https:\/\/clusterturismogalicia.comgl\/la-xunta-lanza-dos-lineas-de-ayuda-para-la-mejora-de-los-alojamientos-turisticos-por-importe-de-4-millones-de-euros\/\">Plan MAT de Mellora de Aloxamentos Tur\u00edsticos<\/a>, ao que o Goberno auton\u00f3mico est\u00e1 a destinar m\u00e1is de 5 mill\u00f3ns de euros en dous anos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O conselleiro de Cultura e Turismo, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, e a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron este luns o\u00a0 informe \u201cDinamismo do sector hoteleiro en Galicia 2009-2019\u201d basado en datos oficiais do Instituto Galego de Estat\u00edstica (IGE) e do Rexistro de Empresas e Actividades Tur\u00edsticas de Galicia (REAT). Del se desprende que &#8230; <a title=\"A Xunta de Galicia presenta o balance da actividade do sector hoteleiro na \u00faltima d\u00e9cada\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-de-galicia-presenta-o-balance-da-actividade-do-sector-hoteleiro-na-ultima-decada\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Xunta de Galicia presenta o balance da actividade do sector hoteleiro na \u00faltima d\u00e9cada\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-28635","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28635","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28635"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28635\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28635"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28635"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28635"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}