{"id":28662,"date":"2019-09-03T04:00:24","date_gmt":"2019-09-03T04:00:24","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-xunta-de-galicia-impulsa-o-13o-outono-gastronomico-en-turismo-rural-coa-participacion-de-86-establecementos-galegos\/"},"modified":"2019-09-03T04:00:24","modified_gmt":"2019-09-03T03:00:24","slug":"a-xunta-de-galicia-impulsa-o-13o-outono-gastronomico-en-turismo-rural-coa-participacion-de-86-establecementos-galegos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-de-galicia-impulsa-o-13o-outono-gastronomico-en-turismo-rural-coa-participacion-de-86-establecementos-galegos\/","title":{"rendered":"A Xunta de Galicia impulsa o 13\u00ba \u201cOutono Gastron\u00f3mico en Turismo Rural\u201d coa participaci\u00f3n de 86 establecementos galegos"},"content":{"rendered":"<p>A 13\u00aa edici\u00f3n do \u201cOutono Gastron\u00f3mico en Turismo Rural\u201d celebrarase entre o 13 de setembro e o 15 de decembro a trav\u00e9s de toda a xeograf\u00eda galega da man de 86 establecementos participantes que, adem\u00e1is de aloxamento, ofrecer\u00e1n diferentes men\u00fas elaborados con produtos galegos de temporada.<\/p>\n<p>Como novidade este ano, baixo a marca \u201cOutono Plus\u201d ofreceranse outro tipo de actividades como paseos a cabalo, rutas de sendeirismo, visitas a adegas ou lugares de interese paisax\u00edstico ou cultural, actividades deportivas, circu\u00edtos termais ou mesmo un escape room.<\/p>\n<p>O titular de Cultura e Turismo, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez explicou que os datos avalan a \u201cf\u00f3rmula exitosa\u201d desta actividade. No que respecta \u00e1 \u00faltima edici\u00f3n, preto de 5.000 persoas decidiron achegarase a alg\u00fan dos 86 establecementos adheridos, xerando un volume de facturaci\u00f3n superior aos 300.000 euros. Os negocios participantes cualificaron cun 4,7 sobre 5 a s\u00faa experiencia neste evento e nove de cada dez amos\u00e1ronse partidarios de repetir a experiencia.<\/p>\n<p>Na edici\u00f3n deste ano participar\u00e1n 86 establecementos de turismo rural, 24 na Coru\u00f1a, 22 en Pontevedra e 20 en Lugo e Ourense que ofrecer\u00e1n men\u00fas de entre 30 e 300 euros. Entre as modalidades que ofertar\u00e1n para gozar desta actividade en parella, en familia ou con amigos figura o <em>Men\u00fa Outono Gastron\u00f3mico <\/em>\u2013sen pasar a noite\u2013, o <em>Paquete Outono Gastron\u00f3mico <\/em>para unha noite, o <em>Fin de Semana Outono Gastron\u00f3mico<\/em> para d\u00faas noites o <em>Fin de semana familiar Outono Gastron\u00f3mico<\/em> para d\u00faas noites con nenos.<\/p>\n<p>No acto de presentaci\u00f3n desta actividade, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez tivo tam\u00e9n palabras para aplaudir \u201co bo facer dos nosos establecementos de turismo rural\u201d, unha tipolox\u00eda de aloxamento que durante o primeiro semestre do ano experimentou un incremento de preto do 12% na s\u00faa cifra de viaxeiros en toda Galicia.<\/p>\n<p>O Gobern\u00f3 galego traballa nesta altura nunha <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/notas-de-prensa\/-\/nova\/41065\/nueva-estrategia-turismo-rural-avanza-parlamento-como-proyecto-transversal-que\">Estratexia de Turismo Rural<\/a> que incl\u00fae unha clasificaci\u00f3n por estrelas para este tipo de establecementos, ao igual que sucede co resto de tipolox\u00edas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A 13\u00aa edici\u00f3n do \u201cOutono Gastron\u00f3mico en Turismo Rural\u201d celebrarase entre o 13 de setembro e o 15 de decembro a trav\u00e9s de toda a xeograf\u00eda galega da man de 86 establecementos participantes que, adem\u00e1is de aloxamento, ofrecer\u00e1n diferentes men\u00fas elaborados con produtos galegos de temporada. Como novidade este ano, baixo a marca \u201cOutono Plus\u201d &#8230; <a title=\"A Xunta de Galicia impulsa o 13\u00ba \u201cOutono Gastron\u00f3mico en Turismo Rural\u201d coa participaci\u00f3n de 86 establecementos galegos\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-de-galicia-impulsa-o-13o-outono-gastronomico-en-turismo-rural-coa-participacion-de-86-establecementos-galegos\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Xunta de Galicia impulsa o 13\u00ba \u201cOutono Gastron\u00f3mico en Turismo Rural\u201d coa participaci\u00f3n de 86 establecementos galegos\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-28662","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28662","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28662"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28662\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28662"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28662"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28662"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}