{"id":28674,"date":"2019-09-10T06:43:32","date_gmt":"2019-09-10T06:43:32","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/galicia-supera-con-nota-un-veran-de-tempo-inestable-ao-que-o-sector-turistico-galego-soubo-sacarlle-bos-resultados\/"},"modified":"2019-09-10T06:43:32","modified_gmt":"2019-09-10T05:43:32","slug":"galicia-supera-con-nota-un-veran-de-tempo-inestable-ao-que-o-sector-turistico-galego-soubo-sacarlle-bos-resultados","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-supera-con-nota-un-veran-de-tempo-inestable-ao-que-o-sector-turistico-galego-soubo-sacarlle-bos-resultados\/","title":{"rendered":"Galicia supera con nota un ver\u00e1n de tempo inestable ao que o sector tur\u00edstico galego soubo sacarlle bos resultados"},"content":{"rendered":"<h4>As previsi\u00f3ns de ocupaci\u00f3n en agosto situar\u00edanse entre o 85% ao 90% no conxunto do territorio cun bo comportamento da rendibilidade<\/h4>\n<p>A falta de co\u00f1ecer os datos definitivos do mes de agosto facilitados polo INE, o sector tur\u00edstico galego avanza un primeiro balance moi positivo en canto ao comportamento nos meses de xullo e agosto no noso territorio. A pesar de que a inestabilidade meteorol\u00f3xica que marcou o mes de xullo e o arranque de agosto, os datos foron m\u00e1is positivos do esperado, \u00e1 vez que agosto foi un mes que cumpriu expectativas.<\/p>\n<p>Con car\u00e1cter previo, o sector fixouse como fito igualar cifras do ano pasado coa vista posta nunhas previsi\u00f3ns meteorol\u00f3xicas que non eran as m\u00e1is positivas para os primeiros compases do ver\u00e1n. Finalmente, a ocupaci\u00f3n do mes de xullo en Galicia oscilou en cifras en torno ao 65% en destinos urbanos, marcando cifras moi similares \u00e1s de xullo de 2017 e mellorando as cifras de viaxeiros e pernoitas en todas as modalidades de aloxamento. As\u00ed, Galicia encabezou o crecemento tur\u00edstico de Espa\u00f1a en xullo, con m\u00e1is de 675.000 viaxeiros e 1,7 mill\u00f3ns de\u00a0pernoctas entre aloxamento hostaleiro e extrahotelero. Estas cifras supo\u00f1en que o noso territorio recibiu case un 7% m\u00e1is de viaxeiros que en xullo do ano pasado marcando a mellor cifra de viaxeiros e ocupaci\u00f3n de Espa\u00f1a s\u00f3 por detr\u00e1s de Asturias.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, a ocupaci\u00f3n do mes de agosto, a falta de cifras oficiais, esp\u00e9rase que se sit\u00fae en n\u00fameros similares aos do ano precedente, concretamente no arco do 85-90% con excelentes resultados en territorios como as R\u00edas Baixas e a Ribeira Sacra, que posiblemente marcase o seu mellor agosto desde que se fai seguimento. No caso do turismo rural, a ocupaci\u00f3n este ver\u00e1n mellorar\u00eda respecto ao ano pasado, situ\u00e1ndose nunha franxa entre o 40 e o 60%, segundo as fontes consultadas.<\/p>\n<p>Galicia tam\u00e9n consegue mellorar no seu conxunto na estad\u00eda media, a\u00ednda que con diferenzas, segundo a tipolox\u00eda de establecementos, increment\u00e1ndose nos extrahoteleiros. En xullo a estad\u00eda media nos aloxamentos galegos medrou preto dun punto porcentual, acumulando, segundo a Xunta, catro anos consecutivos de mellor\u00eda neste indicador durante o mes de xullo.<\/p>\n<p>Respecto da procedencia dos turistas, o mercado nacional segue sendo maioritario, arredor ao 80% do total a\u00ednda que se observa un comportamento positivo en termos xerais do turismo internacional, especialmente en destinos como Compostela, onde sup\u00f3n m\u00e1is do 40% do total. Cabe destacar tam\u00e9n que, segundo os datos do INE, aumentou tanto o n\u00famero de turistas espa\u00f1ois como estranxeiros, sendo o incremento entre estes \u00faltimos m\u00e1is intenso coa chegada dun 11 % m\u00e1is que en xullo do ano pasado.<\/p>\n<p>Por destinos urbanos, A Coru\u00f1a marcou un bo ver\u00e1n e con taxas de ocupaci\u00f3n por riba do 70% en xullo e de case 90% en agosto, cun importante incremento de viaxeiros respecto ao ano pasado ao tempo en que melloraron o n\u00famero de pernoctas, m\u00e1is de 119 mil noites este mes, a cifra m\u00e1is elevada da serie hist\u00f3rica de xullo. Tam\u00e9n mellorou rendibilidade, igual que Santiago de Compostela, onde o ver\u00e1n estivo marcado por un comportamento moi estable tanto no mes de xullo como en agosto, situ\u00e1ndose arredor do ao 65% en xullo e do 75% en agosto. O mercado nacional representa un 57% da total fronte ao 43% restante de orixe internacional. En Ferrol detectouse un lixeiro incremento na ocupaci\u00f3n situ\u00e1ndose en torno ao 65% en xullo e 80% en agosto, e mellorando cifras de viaxeiros e\u00a0pernoctas en xullo cunha lixeira ca\u00edda dos prezos de aproximadamente un 10%.<\/p>\n<p><strong>Cifras hist\u00f3ricas na Ribeira Sacra<\/strong><\/p>\n<p>Con case 29 mil noites, Lugo marca o seu mellor mes de xullo da cifra hist\u00f3rica, mellorando as cifras do ano pasado tanto en viaxeiros e pernoctas e mellorando en estad\u00eda media e en tarifas hostaleiras, o que redunda en mellorar a rendibilidade, alcadando os 31 euros de RevPar. En agosto mellorou cifras de ocupaci\u00f3n, xa que se en xullo roldaron o 75% en agosto estiveron en torno ao 90%. No conxunto da provincia de Lugo a ocupaci\u00f3n hostaleira en agosto situouse nunha media dun 88 % de ocupaci\u00f3n sendo a Ribeira Sacra a zona da provincia con m\u00e1is visitantes, cunha media dun 95 % de ocupaci\u00f3n. Lugo Centro logrou un 94,82 %, A Mari\u00f1a estivo ao 91,5 %, a Terra Ch\u00e1 chegou a unha media do 83,75 % e A Monta\u00f1a quedou no 75 %.<\/p>\n<p>Oursense cidade, pola s\u00faa banda, rompeu en xullo as cifras do ano de 2017 e 2018 con m\u00e1is de 22 mil noites, o que sup\u00f3n a mellor cifra dun mes de xullo do \u00faltimos dez anos nun contexto de mellora en rendibilidade superando os 33 euros de RevPAR. En agosto a ocupaci\u00f3n foi superior ao 90% o que tam\u00e9n supuxo un lixeiro incremento de prezos e de rendibilidade. Na Ribeira Sacra ourens\u00e1 a ocupaci\u00f3n roldou cifras pr\u00f3ximas ao 95%.<\/p>\n<p>Con m\u00e1is de 100 mil pernoctaciones, Vigo marca un comportamento positivo no mes de xullo a pesar de non incrementar o n\u00famero total de viaxeiros, marcando unha ocupaci\u00f3n final en torno ao 70% en xullo mentres que no mes de agosto situar\u00edase en torno ao 85%. Con todo, o incremento no n\u00famero de noites e, por tanto a estancia media, perm\u00edtenlle marcar un mes de xullo en positivo, cun incremento de tarifas e, por tanto de rendibilidade de seis puntos conseguindo mellorar nada menos que nun 17% o RevPAR que se sit\u00faa en 52 euros de ingreso medio por habitaci\u00f3n dispo\u00f1ible.<\/p>\n<p>Na cidade de Pontevedra creceu levemente tanto a chegada de viaxeiros como as pernoitas, un 4,5% e un 2,7% respectivamente, o que sit\u00faan \u00e1 cidade en 29 mil pernoctas, unha das mellores cifras no \u00faltimos cinco anos cun comportamento homox\u00e9neneo entre os dous mercados, nacional, que sup\u00f3n o 76% da demanda, e estranxeiro nun contexto de crecemento da oferta e dunha ocupaci\u00f3n de case o 70% e unha media de ocupaci\u00f3n dun 86%.\u00a0Sanxenxo mantivo a s\u00faa ocupaci\u00f3n en torno ao 90% en xullo e agosto, a\u00ednda que a inestabilidade meteorol\u00f3xica incidiu posiblemente en que caese lixeiramente o consumo a\u00ednda que o municipio conseguiu manter os baremos de anos anteriores mentre que o Grove rexistrou unha ocupaci\u00f3n media dun 87%.<\/p>\n<p>Finalmente na provincia de Pontevedra, no seu conxunto, observouse un incremento da ocupaci\u00f3n respecto ao ano anterior, sendo as expectativas altas tras un mes de xullo que superara as cifras do ano anterior. As\u00ed, no conxunto da provincia a ocupaci\u00f3n situouse no 83%, lixeiramente inferior \u00e1 do mesmo per\u00edodo do 2018.. Do mesmo xeito que a ocupaci\u00f3n, os prezos tam\u00e9n experimentaron un cambio, neste caso de aproximadamente un 5% m\u00e1is respecto ao ver\u00e1n do ano anterior. En canto ao turismo rural, a media situouse nun 84% en toda a provincia. Para o mes de setembro, est\u00e1 previsto que se alcance unha media do 51 % para toda a comarca, segundo os datos achegados pola Deputaci\u00f3n de Pontevedra.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As previsi\u00f3ns de ocupaci\u00f3n en agosto situar\u00edanse entre o 85% ao 90% no conxunto do territorio cun bo comportamento da rendibilidade A falta de co\u00f1ecer os datos definitivos do mes de agosto facilitados polo INE, o sector tur\u00edstico galego avanza un primeiro balance moi positivo en canto ao comportamento nos meses de xullo e agosto &#8230; <a title=\"Galicia supera con nota un ver\u00e1n de tempo inestable ao que o sector tur\u00edstico galego soubo sacarlle bos resultados\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-supera-con-nota-un-veran-de-tempo-inestable-ao-que-o-sector-turistico-galego-soubo-sacarlle-bos-resultados\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Galicia supera con nota un ver\u00e1n de tempo inestable ao que o sector tur\u00edstico galego soubo sacarlle bos resultados\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-28674","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28674","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28674"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28674\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28674"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28674"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28674"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}