{"id":28698,"date":"2019-09-18T08:53:15","date_gmt":"2019-09-18T08:53:15","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-19a-edicion-de-termatalia-arrinca-en-ourense-reafirmando-o-seu-papel-como-cita-internacional-de-referencia-para-o-turismo-termal-e-de-saude\/"},"modified":"2019-09-18T08:53:15","modified_gmt":"2019-09-18T07:53:15","slug":"a-19a-edicion-de-termatalia-arrinca-en-ourense-reafirmando-o-seu-papel-como-cita-internacional-de-referencia-para-o-turismo-termal-e-de-saude","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-19a-edicion-de-termatalia-arrinca-en-ourense-reafirmando-o-seu-papel-como-cita-internacional-de-referencia-para-o-turismo-termal-e-de-saude\/","title":{"rendered":"A 19\u00aa edici\u00f3n de Termatalia arrinca en Ourense reafirmando o seu papel como cita internacional de referencia para o turismo termal e de sa\u00fade"},"content":{"rendered":"<h4>M\u00e1is de 300 expositores procedentes de 34 pa\u00edses danse cita en Expourense<br \/>\nO venres 20 presentarase o proxecto &#8220;Un descanso nos Cami\u00f1os&#8221;, nacido no seo do Concruso de Ideas do Cl\u00faster Turismo de Galicia<\/h4>\n<p>Expourense acolle este xoves e venres unha nova edici\u00f3n de <a href=\"https:\/\/www.termatalia.com\/\" target=\"_blank\">Termatalia<\/a>, que conta co apoio da Xunta, da Deputaci\u00f3n e do Concello de Ourense e na que se dar\u00e1n cita 269 expositores, 26 turoperadores e estar\u00e1n representados 34 pa\u00edses con importante presenza de Am\u00e9rica Latina e Eurupa. \u00c1 feira \u00fanese a Semana Termatalia, que se celebra tam\u00e9n na capital ourens\u00e1 desde o 17 co Congreso Internacional de Termalismo 2021-2027: dinamizaci\u00f3n dos territorios e reto demogr\u00e1fico no Balneario de Lobios e o III Simposio Internacional sobre Termalismo e Calidade de Vida, organizado pola Universidade de Vigo.<\/p>\n<p>Nesta d\u00e9cimo novena edici\u00f3n a Xunta de Galicia participar\u00e1, ademais, cun expositor no que se presentar\u00e1 a oferta termal galega e tam\u00e9n est\u00e1 prevista a presenza de turoperadores de diferentes pa\u00edses, as\u00ed como medios especializados de diversas partes do mundo. Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacaba a &#8220;capacidade desestacionalizadora, diversificadora e o impulso econ\u00f3mico que o termalismo est\u00e1 a ter en Galicia&#8221;, un segmento polo que o goberno galego est\u00e1 a facer unha forte aposta tanto a trav\u00e9s do apoio \u00e1 C\u00e1tedra de Hidrolog\u00eda M\u00e9dica da Universidade de Santiago como da innovaci\u00f3n, facilitando un proceso de documentaci\u00f3n nos balnearios galegos; coas infraestruturas, mellorando a capacidade alojativa dos balnearios e sinalizando as vilas termais ou coa posta en marcha de pioneiras iniciativas normativas como a Lei de aproveitamento l\u00fadico das augas termais, unha nova normativa cuxa posta en marcha servir\u00e1 ?para reforzar a calidade da oferta termal galega, dando seguridade xur\u00eddica e garant\u00edas aos proxectos tur\u00edsticos que polas s\u00faas caracter\u00edsticas non poden ser considerados balnearios e que non dispu\u00f1a at\u00e9 agora dunha regulaci\u00f3n espec\u00edfica nin actualizada?.<\/p>\n<p>Termatalia ser\u00e1, ademais, o marco elixido para a posta en marcha da primeira acci\u00f3n do proxecto <strong>&#8220;Un descanso nos Cami\u00f1os&#8221;<\/strong> promovido polo Cluster de Turismo de Galicia a petici\u00f3n dos socios Expourense, Balnearios de Galicia, Grupo Caldaria e a Federaci\u00f3n Provincial de Hostalar\u00eda de Ourense e que conta co apoio da Conseller\u00eda de Cultura e Turismo. Este proxecto busca promover estancias nos balnearios dos Cami\u00f1os de Santiago e en Termatalia protagonizar\u00e1 un dos workshops, para o que est\u00e1 aberto o prazo de inscrici\u00f3n, co obxectivo de fixar criterios para o dese\u00f1o de novos produtos, as\u00ed como a negociaci\u00f3n para a s\u00faa comercializaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>M\u00e1is de 300 expositores procedentes de 34 pa\u00edses danse cita en Expourense O venres 20 presentarase o proxecto &#8220;Un descanso nos Cami\u00f1os&#8221;, nacido no seo do Concruso de Ideas do Cl\u00faster Turismo de Galicia Expourense acolle este xoves e venres unha nova edici\u00f3n de Termatalia, que conta co apoio da Xunta, da Deputaci\u00f3n e do &#8230; <a title=\"A 19\u00aa edici\u00f3n de Termatalia arrinca en Ourense reafirmando o seu papel como cita internacional de referencia para o turismo termal e de sa\u00fade\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-19a-edicion-de-termatalia-arrinca-en-ourense-reafirmando-o-seu-papel-como-cita-internacional-de-referencia-para-o-turismo-termal-e-de-saude\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A 19\u00aa edici\u00f3n de Termatalia arrinca en Ourense reafirmando o seu papel como cita internacional de referencia para o turismo termal e de sa\u00fade\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-28698","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28698","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28698"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28698\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28698"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28698"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28698"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}