{"id":28794,"date":"2019-10-21T04:55:13","date_gmt":"2019-10-21T04:55:13","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/galicia-destino-activo-aposta-polo-pais-vasco-para-a-presentacion-dos-seus-produtos\/"},"modified":"2019-10-21T04:55:13","modified_gmt":"2019-10-21T03:55:13","slug":"galicia-destino-activo-aposta-polo-pais-vasco-para-a-presentacion-dos-seus-produtos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-destino-activo-aposta-polo-pais-vasco-para-a-presentacion-dos-seus-produtos\/","title":{"rendered":"Galicia Destino Activo aposta polo Pa\u00eds Vasco para a presentaci\u00f3n dos seus produtos"},"content":{"rendered":"<h4>O Cl\u00faster de Turismo de Galicia organiza o pr\u00f3ximo 29 de outubro en Bilbao un workshop para mostrar a axencias de viaxe vascas o produto de turismo activo na comunidade galega.<\/h4>\n<p>Galicia segue apostando polo seu posicionamento como destino de turismo activo e para iso organiza o pr\u00f3ximo 29 de outubro un workshop en Bilbao para captar, difundir e promocionar o seu produto en novos mercados emisores, traballando as\u00ed para consolidar unha iniciativa p\u00fablico &#8211; privada atractiva que mostra o potencial que o turismo activo en territorio galego.<\/p>\n<p>&#8220;Workshop Galicia Destino Activo 19&#8221; realizarase o hotel Barcel\u00f3 Bilbao Nervi\u00f3n de Bilbao co obxectivo de p\u00f3r en contacto \u00e1s empresas que forman parte dos produtos desenvolvidos en Galicia baixo a marca Galicia Destino Activo con axentes de comercializaci\u00f3n do norte de Espa\u00f1a, fomentando as\u00ed relaci\u00f3ns comerciais que impulsen a chegada de usuarios de turismo activo desde a franxa meridional do pa\u00eds.<\/p>\n<p>O evento arrincar\u00e1 cunha presentaci\u00f3n dos produtos tur\u00edsticos que forman parte da <a href=\"http:\/\/galiciadestinoactivo.com\/\" target=\"_blank\">marca Galicia Destino Activo<\/a> e tentar\u00e1 trasladar as mentes das persoas participantes a localizaci\u00f3ns punteiras para a pr\u00e1ctica deportiva ao aire libre en Galicia. Tras un aperitivo, inspirado na gastronom\u00eda galega, celebrarase a fase networking, na que as empresas que prestan os servizos de turismo activo poder\u00e1n falar directamente cos prestadores de servizos e crear experiencias ad hoc para a s\u00faa empresa e os seus clientes. O Workshop terminar\u00e1 co sorteo dun dos produtos de GDA para 2 persoas co obxectivo de motivar un aumento da participaci\u00f3n, pero tam\u00e9n a vinculaci\u00f3n coa marca das axencias comercializadoras no norte de Espa\u00f1a, fomentando o establecemento de redes comerciais entre a industria tur\u00edstica vasca e galega.<\/p>\n<p>As empresas galegas que participan nalg\u00fan dos produtos desenvolvidos no marco de Galicia Destino Activo\u00a0poden participar na xornada, <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLSeloTGnB0uPSpyBKR5cdrRI1aGZs3aoxbjmAY5vADUxiE92Ug\/viewform\" target=\"_blank\">solicitando a s\u00faa praza a trav\u00e9s desta ligaz\u00f3n<\/a>.\u00a0 As prazas son limitadas e o prazo de inscrici\u00f3n termina o venres 25 de outubro.<\/p>\n<p>&#8220;Galicia Destino Activo&#8221; \u00e9 a marca coa que o Cl\u00faster de Turismo de Galicia v\u00e9n traballando desde o ano 2015 co obxectivo de promocionar e comercializar paquetes de turismo activo.\u00a0M\u00e1is de 40 empresas conforman 14 produtos tur\u00edsticos consolidados, que se realizan polas 4 provincias galegas, e que te\u00f1en como espi\u00f1a dorsal a pr\u00e1ctica de turismo activo nun marco natural inigualable. Este produto potenciouse coa creaci\u00f3n dunha p\u00e1xina web e unha aplicaci\u00f3n m\u00f3bil que serve para poder mostrar todas as opci\u00f3ns tanto a axencias de emisor como ao p\u00fablico final.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n:\u00a0<a href=\"mailto:info@galiciadestinoactivo.com\" target=\"_blank\">info@galiciadestinoactivo.com<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Cl\u00faster de Turismo de Galicia organiza o pr\u00f3ximo 29 de outubro en Bilbao un workshop para mostrar a axencias de viaxe vascas o produto de turismo activo na comunidade galega. Galicia segue apostando polo seu posicionamento como destino de turismo activo e para iso organiza o pr\u00f3ximo 29 de outubro un workshop en Bilbao &#8230; <a title=\"Galicia Destino Activo aposta polo Pa\u00eds Vasco para a presentaci\u00f3n dos seus produtos\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-destino-activo-aposta-polo-pais-vasco-para-a-presentacion-dos-seus-produtos\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Galicia Destino Activo aposta polo Pa\u00eds Vasco para a presentaci\u00f3n dos seus produtos\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-28794","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28794","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28794"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28794\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28794"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28794"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28794"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}