{"id":28806,"date":"2019-10-25T12:14:09","date_gmt":"2019-10-25T12:14:09","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-proxecto-turistico-termal-un-descanso-nos-caminos-presentase-en-porto\/"},"modified":"2019-10-25T12:14:09","modified_gmt":"2019-10-25T11:14:09","slug":"o-proxecto-turistico-termal-un-descanso-nos-caminos-presentase-en-porto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-proxecto-turistico-termal-un-descanso-nos-caminos-presentase-en-porto\/","title":{"rendered":"O proxecto tur\u00edstico termal &#8220;Un descanso nos Cami\u00f1os&#8221; pres\u00e9ntase en Porto"},"content":{"rendered":"<h4>Promovido por Expourense e a s\u00faa marca Termatalia, a Asociaci\u00f3n de Balnearios de Galicia, Grupo Caldaria e a Federaci\u00f3n Provincial de Hostalar\u00eda de Ourense co apoio do Cl\u00faster de Turismo de Galicia e da Axencia de Turismo de Galicia<\/h4>\n<h4>Presentouse antes axencias de viaxes e medios de comunicaci\u00f3n do Norte de Portugal, un mercado estrat\u00e9xico para o turismo galego<\/h4>\n<p>A Loja Interactiva Welcome Center de Porto, en Portugal, acolleu a presentaci\u00f3n da iniciativa <a href=\"http:\/\/descansocaminos.clusterturismogalicia.com\/\" target=\"_blank\">&#8220;Un descanso nos Cami\u00f1os&#8221;<\/a> nun acto ao que acudiron axencias de viaxes, empresas do sector tur\u00edstico e medios de comunicaci\u00f3n do Norte de Portugal. Tr\u00e1tase dun proxecto conxunto promovido por Expourense e a s\u00faa marca Termatalia, a Asociaci\u00f3n de Balnearios de Galicia, Grupo Caldaria e a Federaci\u00f3n Provincial de Hostalar\u00eda de Ourense que no marco do concurso de ideas promovido polo Cl\u00faster Turismo Galicia lanza un produto tur\u00edstico-termal que incl\u00fae estancias nos balnearios galegos dos distintos Cami\u00f1os de Santiago.<\/p>\n<p>&#8220;Un descanso nos Cami\u00f1os&#8221; ten o obxectivo de incidir no aspecto da comercializaci\u00f3n deste produto, de modo que beneficie non s\u00f3 \u00e1s empresas do sector termal de Galicia, se non a outras empresas e actividades tur\u00edsticas da oferta complementaria, facilitando a s\u00faa integraci\u00f3n ante diferentes canles, priorizando o mercado de proximidade tanto en Espa\u00f1a como Norte de Portugal.<\/p>\n<p>A presentaci\u00f3n de Porto obedece \u00e1 procura dos seus promotores por impulsar o proxecto no Norte de Portugal, un mercado estrat\u00e9xico para Galicia, para buscar oportunidades de traballo e poder vender como destino conxunto tanto a Galicia como ao Norte de Portugal, de face \u00e1 celebraci\u00f3n do Xacobeo 2021 xa que o proxecto est\u00e1 orientado a peregrinos, pero tam\u00e9n ao resto de viaxeiros interesados por Galicia.<\/p>\n<p>Na presentaci\u00f3n desta tarde, na que participaron a directora de Termatalia e conselleira do Cl\u00faster de Turismo de Galicia, Emma Gonz\u00e1lez; o xerente da Asociaci\u00f3n de Balnearios de Galicia, Benigno Amor; o cogerente da empresa de servizos tur\u00edsticos Autoxiro, Emilio Cu\u00ed\u00f1as, e o representante de Turismo Porto e Norte, Joao Sabino, distribu\u00eduse o folleto promocional co resumo do proxecto, os promotores e participantes e a referencia \u00e1 p\u00e1xina web onde axencias como p\u00fablico interesado pode acceder \u00e1 informaci\u00f3n detallada tanto dos balnearios como das experiencias creadas. Este folleto tam\u00e9n estar\u00e1 presente nos eventos e feiras de promoci\u00f3n nos que participe o Cl\u00faster de Turismo de Galicia.<\/p>\n<p>Esta presentaci\u00f3n \u00e9 a segunda das acci\u00f3ns de execuci\u00f3n do proxecto. A primeira tivo lugar no marco de Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, Sa\u00fade e Benestar e consistiu na organizaci\u00f3n dun Workshop e Fam trip centrado nos produtos tur\u00edsticos orientados\u00a0ao Cami\u00f1o de Santiago baseados na oferta de Balnearios de Galicia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Promovido por Expourense e a s\u00faa marca Termatalia, a Asociaci\u00f3n de Balnearios de Galicia, Grupo Caldaria e a Federaci\u00f3n Provincial de Hostalar\u00eda de Ourense co apoio do Cl\u00faster de Turismo de Galicia e da Axencia de Turismo de Galicia Presentouse antes axencias de viaxes e medios de comunicaci\u00f3n do Norte de Portugal, un mercado estrat\u00e9xico &#8230; <a title=\"O proxecto tur\u00edstico termal &#8220;Un descanso nos Cami\u00f1os&#8221; pres\u00e9ntase en Porto\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-proxecto-turistico-termal-un-descanso-nos-caminos-presentase-en-porto\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O proxecto tur\u00edstico termal &#8220;Un descanso nos Cami\u00f1os&#8221; pres\u00e9ntase en Porto\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-28806","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28806","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28806"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28806\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28806"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28806"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28806"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}