{"id":28898,"date":"2019-12-16T10:35:06","date_gmt":"2019-12-16T10:35:06","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/avance-da-programacion-do-xacobeo-2021-10-actividades-ao-dia-e-313-escenarios-para-unha-celebracion-descentralizada\/"},"modified":"2019-12-16T10:35:06","modified_gmt":"2019-12-16T09:35:06","slug":"avance-da-programacion-do-xacobeo-2021-10-actividades-ao-dia-e-313-escenarios-para-unha-celebracion-descentralizada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/avance-da-programacion-do-xacobeo-2021-10-actividades-ao-dia-e-313-escenarios-para-unha-celebracion-descentralizada\/","title":{"rendered":"Avance da programaci\u00f3n do Xacobeo 2021: 10 actividades ao d\u00eda e 313 escenarios para unha celebraci\u00f3n descentralizada"},"content":{"rendered":"<p>Para que o Xacobeo 2021 sexa para todos e con todos, desenvolverase o Xacobeo Cidades e o Xacobeo en Cami\u00f1o \u00e1 vez que a sustentabilidade ser\u00e1 transversal en todo o desenvolvemento da programaci\u00f3n que se est\u00e1 comezando a esbozar e que se desenvolver\u00e1 en toda Galicia ao longo dos dous pr\u00f3ximos anos. Foros de di\u00e1logo con l\u00edderes mundiais; congresos e encontros acad\u00e9micos internacionais e visitas de referentes destacados a Galicia, ade\u00e1s de tres grandes exposici\u00f3ns debuxar\u00e1n o Ano Santo: a mostra &#8220;Galicia, un relato non mundo&#8221;, que xa est\u00e1 en marcha; &#8220;Galicia de N\u00f3s a N\u00f3s&#8221;, coa que se celebrar\u00e1 o centenario da conformaci\u00f3n da Xeraci\u00f3n N\u00f3s; e &#8220;Galicia Futuro&#8221;. Por \u00faltimo avanzouse tam\u00e9n sobre o proxecto &#8220;3Cami\u00f1os&#8221;, unha serie de ficci\u00f3n que se rodar\u00e1 en 3 continentes e 5 pa\u00edses, e que se distribuir\u00e1 internacionalmente<\/p>\n<p>O presidente do Goberno galego, Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o, avanzou algunhas das acci\u00f3ns nas que se est\u00e1 traballando para a celebraci\u00f3n do pr\u00f3ximo Ano Santo. Neste sentido, Feij\u00f3o avanzou que galegos e visitantes gozar\u00e1n de 10 actividades ao d\u00eda e 313 escenarios para celebrar o Xacobeo da mellor Galicia durante os pr\u00f3ximos dous anos. &#8220;Ao longo de 2020 e 2021, Galicia vivir\u00e1 os primeiros 700 d\u00edas dos 5.000 que temos por diante da d\u00e9cada xacobea&#8221;, dixo, subli\u00f1ando que o avance da Programaci\u00f3n do Xacobeo 2021.<\/p>\n<p>Baixo a previsi\u00f3n dunha asistencia a todos os eventos de m\u00e1is de 7 mill\u00f3ns de persoas, Feij\u00f3o aseverou que, a\u00ednda que o escenario principal ser\u00e1 Santiago, haber\u00e1 outros 312 por toda a Comunidade, coa posta en marcha de m\u00e1is de 180 proxectos nos que se incl\u00faen m\u00e1is de 7.000 actividades. Para facer un Xacobeo 2021 para todos, con todo e en toda Galicia, o responsable do Executivo auton\u00f3mico aseverou que o obxectivo \u00e9 &#8220;que abarque toda Galicia, que haxa actos en toda Galicia e que os actos sexan numerosos en contidos&#8221;.<\/p>\n<p><strong>Festivais musicais, programas e exposici\u00f3ns<\/strong><br \/>\nAo f\u00edo disto, referiuse \u00e1 posta en marcha de numerosas iniciativas que demostran o compromiso da Xunta con este fin como: o programa O teu Xacobeo, grazas ao cal os galegos est\u00e1n a facer realidade centos de proxectos art\u00edsticos, culturais, sociais ou innovadores en toda a Comunidade, cun apoio de 8 mill\u00f3ns de euros; ou o Son do Cami\u00f1o, &#8220;que est\u00e1 entre o catro festivais m\u00e1is importantes de Espa\u00f1a e s\u00f3 leva d\u00faas edici\u00f3ns&#8221; -dixo-, no Monte do Gozo. Un evento xa consolidado e ben rodeado durante o ver\u00e1n das demais citas que conforman Fest Galicia, coa que se confirma a nosa terra como destino musical.<\/p>\n<p>No apartado da edici\u00f3n literaria, xa est\u00e1n en marcha d\u00faas publicaci\u00f3ns baixo o t\u00edtulo A Catedral de Santiago: unha visi\u00f3n integral. A restauraci\u00f3n e conservaci\u00f3n da Catedral 2011-2027, que far\u00e1n accesible para o p\u00fablico non especializado a fascinante historia da Catedral, desde o inicio da s\u00faa construci\u00f3n at\u00e9 os nosos d\u00edas, co relato de destacados especialistas.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, e para que o Xacobeo 2021 sexa para todos e con todos, desenvolverase o Xacobeo Cidades, con m\u00fasica, artes esc\u00e9nicas ou exposici\u00f3ns organizados en colaboraci\u00f3n cos concellos da Coru\u00f1a, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra; e cunha programaci\u00f3n na que est\u00e1n contempladas 120 actividades e \u00e1s que est\u00e1 previsto que asistan m\u00e1is de 300.000 persoas.<\/p>\n<p>Co mesmo esp\u00edrito organizarase, tam\u00e9n, o Xacobeo en Cami\u00f1o, co que se chegar\u00e1 \u00e1s principais vilas e cabeceiras de comarca, uns 76 concellos, a trav\u00e9s de 1.400 actividades. &#8220;Ser\u00e1n Son do Cami\u00f1o en miniatura, con actuaci\u00f3ns que durar\u00e1n d\u00faas ou tres d\u00edas en cada municipio, neste caso con artistas exclusivamente galegos&#8221;, explicou, co obxectivo de chegar a 400.000 persoas.<\/p>\n<p><strong>Un Cami\u00f1o de Santiago sustentable e que respecta ao medio ambiente<\/strong><br \/>\nDespois de lembrar outras iniciativas como o Plan de mellora de aloxamentos tur\u00edsticos ou o programa Elixe Galicia, como aposta polo turismo interno, o presidente da Xunta asegurou que o Cami\u00f1o de Santiago e o Xacobeo estar\u00e1n vinculados \u00e1 sustentabilidade, \u00e1 ecolox\u00eda e ao respecto polo medio ambiente.<\/p>\n<p>As\u00ed, de face a un Cami\u00f1o impacto cero, terase en conta en toda a programaci\u00f3n cultural o principio de sustentabilidade e aplicaranse medidas como a reutilizaci\u00f3n e a reciclaxe de pl\u00e1sticos, incrementarase o uso de enerx\u00edas renovables, se reforestar\u00e1n espazos con especies aut\u00f3ctonas e desenvolveranse distintas iniciativas para o embelecemento da paisaxe e a contorna.<\/p>\n<p>&#8220;Ademais mellorarase a accesibilidade para facer un Cami\u00f1o diverso, impulsarase o labor dos voluntarios en m\u00faltiples facetas e promoveranse proxectos de rehabilitaci\u00f3n espec\u00edficos de bens de interese cultural e etnogr\u00e1ficos&#8221;, anunciou.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Para que o Xacobeo 2021 sexa para todos e con todos, desenvolverase o Xacobeo Cidades e o Xacobeo en Cami\u00f1o \u00e1 vez que a sustentabilidade ser\u00e1 transversal en todo o desenvolvemento da programaci\u00f3n que se est\u00e1 comezando a esbozar e que se desenvolver\u00e1 en toda Galicia ao longo dos dous pr\u00f3ximos anos. Foros de di\u00e1logo &#8230; <a title=\"Avance da programaci\u00f3n do Xacobeo 2021: 10 actividades ao d\u00eda e 313 escenarios para unha celebraci\u00f3n descentralizada\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/avance-da-programacion-do-xacobeo-2021-10-actividades-ao-dia-e-313-escenarios-para-unha-celebracion-descentralizada\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Avance da programaci\u00f3n do Xacobeo 2021: 10 actividades ao d\u00eda e 313 escenarios para unha celebraci\u00f3n descentralizada\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-28898","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28898","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28898"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28898\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28898"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28898"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28898"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}