{"id":28946,"date":"2020-01-14T13:27:49","date_gmt":"2020-01-14T13:27:49","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-sector-turistico-do-norte-denuncia-que-se-agrava-a-discriminacion-ferroviaria-nestes-territorios\/"},"modified":"2020-01-14T13:27:49","modified_gmt":"2020-01-14T12:27:49","slug":"o-sector-turistico-do-norte-denuncia-que-se-agrava-a-discriminacion-ferroviaria-nestes-territorios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-turistico-do-norte-denuncia-que-se-agrava-a-discriminacion-ferroviaria-nestes-territorios\/","title":{"rendered":"O sector tur\u00edstico do norte denuncia que se agrava ?a discriminaci\u00f3n? ferroviaria nestes territorios"},"content":{"rendered":"<h4>Por contra a rede aeroportuaria de Galicia concl\u00fae con marca en n\u00famero de viaxeiros, con subida nas terminais de Alvedro e Lavacolla<\/h4>\n<p>As asociaci\u00f3ns de hostalar\u00eda e turismo de Galicia, Asturias, Cantabria e Pa\u00eds Vasco, integrantes da plataforma empresarial denominada &#8216;A forza do norte&#8217; denuncian &#8220;a inaceptable discriminaci\u00f3n&#8221; que sofre a zona no que se refire ao desenvolvemento da comunicaci\u00f3n ferroviaria. O documento feito p\u00fablico por esta entidade destaca a precaria situaci\u00f3n na que se atopan estes territorios que non contan con conexi\u00f3n ferroviaria de alta velocidade con Madrid, \u00e1 vez que reclaman o novo Goberno a posta en marcha dunha pol\u00edtica activa para o desenvolvemento destas infraestruturas no norte da pen\u00ednsula.<\/p>\n<p>As patronais hostaleiras tampouco esconden o seu receo ante a recente situaci\u00f3n acontecida coa venda de billetes entre Le\u00f3n e Madrid ou cos atrasos e problemas t\u00e9cnicos que se suceden noutros tramos, como o de Madrid-Xix\u00f3n, \u00e1 vez que se queixan de que este tipo de actuaci\u00f3ns afectan de forma negativa \u00e1 actividade e desenvolvemento econ\u00f3mico de todo o norte de Espa\u00f1a e, en particular, \u00e1 industria tur\u00edstica que, lembran &#8220;converteuse nun recurso de primeiro nivel no emprego e a creaci\u00f3n de riqueza, especialmente cando a industria do metal e electrointensiva atravesa unha preocupante situaci\u00f3n&#8221;. A confusi\u00f3n xerada afecta \u00e1 planificaci\u00f3n de viaxes e paquetes tur\u00edsticos, consideran desde o sector, onde cualifican de &#8220;ferinte&#8221; que mentres o norte atravesa esta situaci\u00f3n ferroviaria, &#8220;noutras rexi\u00f3ns de Espa\u00f1a est\u00e1n a porse en marcha li\u00f1as de ferrocarril de alta velocidade &#8216;low cost'&#8221;, en referencia ao servizo denominado AVLO. &#8220;\u00c9 pertinente lembrar a inaceptable discriminaci\u00f3n que sofre o norte no desenvolvemento das comunicaci\u00f3ns&#8221;, afirman.<\/p>\n<p>&#8220;\u00c9 imprescindible que o Goberno aplique unha pol\u00edtica para resolver dunha vez por todas e de forma definitiva a hist\u00f3rica carencia dun transporte ferroviario do s\u00e9culo XXI&#8221;, afirman desde esta entidade, \u00e1 vez que destacan que estes territorios te\u00f1en tam\u00e9n problemas no resto dos seus sistemas de transporte, tanto por estrada como por avi\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Marca de viaxeiros nos aeroportos<\/strong><br \/>\nA pesar das conexi\u00f3ns aeroportuarias galegas, en moitas ocasi\u00f3ns escasas e caras, como lembran en &#8216;A Forza do Norte&#8217;, o 2019 converteuse no exercicio marca en utilizaci\u00f3n da rede a\u00e9rea galega ao pecharse con 5,26 mill\u00f3ns de viaxeiros, resultado da suma dos viaxeiros que usaron o tres terminais galegas. Nos casos de Lavacolla e Alvedro a cifra alcanzada foi a m\u00e1is alta da s\u00faa historia, con 2,9 mill\u00f3ns de pasaxeiros, un 6,5% m\u00e1is que o ano anterior, no caso da terminal compostel\u00e1 e 1,35 mill\u00f3ns de viaxeiros, cifra que pulveriza a marca que a terminal herculina hab\u00eda marcado no 2007, no caso da coru\u00f1esa. Alvedro sobe as\u00ed un 10,3% respecto ao ano anterior e sit\u00faase como o 20\u00aa aeroporto espa\u00f1o, mentres que Lavacolla sendo o terminal n\u00famero 16 da rede de Aena en tr\u00e1fico, con Menorca a menos de 600.000 pasaxeiros de diferenza. Peinador, por contra, perdeu un 10,4% respecto de 2018, con 117.418 viaxeiros menos, principalmente como consecuencia da perda de Ryanair.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Por contra a rede aeroportuaria de Galicia concl\u00fae con marca en n\u00famero de viaxeiros, con subida nas terminais de Alvedro e Lavacolla As asociaci\u00f3ns de hostalar\u00eda e turismo de Galicia, Asturias, Cantabria e Pa\u00eds Vasco, integrantes da plataforma empresarial denominada &#8216;A forza do norte&#8217; denuncian &#8220;a inaceptable discriminaci\u00f3n&#8221; que sofre a zona no que se &#8230; <a title=\"O sector tur\u00edstico do norte denuncia que se agrava ?a discriminaci\u00f3n? ferroviaria nestes territorios\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-turistico-do-norte-denuncia-que-se-agrava-a-discriminacion-ferroviaria-nestes-territorios\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O sector tur\u00edstico do norte denuncia que se agrava ?a discriminaci\u00f3n? ferroviaria nestes territorios\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-28946","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28946","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28946"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28946\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28946"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28946"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28946"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}