{"id":28991,"date":"2020-01-29T10:31:06","date_gmt":"2020-01-29T10:31:06","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/sustentabilidade-e-tecnoloxia-eixos-do-congreso-de-opc-espana-que-se-celebra-en-galicia-en-febreiro\/"},"modified":"2020-01-29T10:31:06","modified_gmt":"2020-01-29T09:31:06","slug":"sustentabilidade-e-tecnoloxia-eixos-do-congreso-de-opc-espana-que-se-celebra-en-galicia-en-febreiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/sustentabilidade-e-tecnoloxia-eixos-do-congreso-de-opc-espana-que-se-celebra-en-galicia-en-febreiro\/","title":{"rendered":"Sustentabilidade e tecnolox\u00eda, eixos do Congreso de OPC Espa\u00f1a, que se celebra en Galicia en febreiro"},"content":{"rendered":"<h4>Os Organizadores Profesionais de Congresos presentaron en FITUR a celebraci\u00f3n deste evento<\/h4>\n<p>Sustentabilidade, seguridade, tecnolox\u00eda, territorio e emoci\u00f3n son alg\u00fans dos puntos que se tratar\u00e1n no<a href=\"https:\/\/congreso2020.opcspain.org\/\" target=\"_blank\"> 32 Congreso Nacional de OPC Espa\u00f1a<\/a>, que levar\u00e1 a cabo entre os d\u00edas 20 e 22 de febreiro en Santiago de Compostela e cuxa celebraci\u00f3n se presentou no marco de Fitur, como acci\u00f3n destacada da marca Galicia MICE, impulsada polo Cl\u00faster Turismo de Galicia en colaboraci\u00f3n coas empresas galegas vinculadas aos incentivos e a organizaci\u00f3n de congresos e eventos.<\/p>\n<p>Representantes do sector tur\u00edstico e de eventos galego e estatal d\u00e9ronse cita no acto de presentaci\u00f3n, no que se avanzou que participar\u00e1n &#8220;relatores de talla mundial que remover\u00e1n conciencias&#8221;, como f\u00f3rmula para o avance do sector MICE. &#8220;O Congreso Nacional \u00e9 o congreso de congresos&#8221;, explicou a presidenta de Galicia MICE, Ana Trevisani, quen destacou que a s\u00faa celebraci\u00f3n &#8220;\u00e9 posible grazas ao traballo conxunto de distintas administraci\u00f3ns e \u00e1 sinerx\u00eda entre moitas empresas galegas&#8221;. Destacou a gran uni\u00f3n do sector na Comunidade, baixo o paraugas da marca Galicia MICE: &#8220;A nosa terra ofrece profesionais serios, fieis, eficaces e moi traballadores pero, ademais, ofrece ese plus que todo organizador desexa: sensaci\u00f3ns e experiencias&#8221;.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, a presidenta de OPC Spain, Matilde Almandoz, apuntou que ao Congreso asistir\u00e1n representantes de todos os apartados do sector MICE: OPCs, DMCs, palacios de congresos, hoteis, espazos singulares, empresas audiovisuais e de oferta complementaria e destinos. A presidenta de OPC Espa\u00f1a destacou a calidade do programa dese\u00f1ado, con &#8220;alg\u00fans dos mellores expertos do sector. Contaremos co m\u00e9dico e motivador Mario Alonso Puig; cos presidentes europeos da federaci\u00f3n AC Forum e da asociaci\u00f3n de empresas de branding 27 names, con CEOs de empresas de referencia; con expertos en xesti\u00f3n de destino; e con profesionais que impartir\u00e1n talleres pr\u00e1cticos&#8221;.<\/p>\n<p>Mentres, a directora de Turismo de Galicia falou do turismo de congresos como &#8220;unha gran\u00a0oportunidade para a Comunidade&#8221;, posto que &#8220;conta cun alto valor engadido, permite\u00a0desestacionalizar e ofrece a oportunidade de fidelizar aos clientes&#8221;. Nava Castro anunciou que<br \/>\ntras o Congreso de OPC Espa\u00f1a a Xunta presentar\u00e1 un &#8220;estudo espec\u00edfico sobre o sector, para\u00a0co\u00f1ecer o impacto real do turismo de congresos en Galicia&#8221;. Aos profesionais sinaloulles: &#8220;En Galicia\u00a0tedes un sitio para celebrar os vosos congresos, con todos os equipamentos posibles e\u00a0no que atoparedes sempre a nosa hospitalidade&#8221;.<\/p>\n<p><strong>Convocatoria pioneira<\/strong><br \/>\nO Palacio de Congresos de Galicia, en Santiago de Compostela, acoller\u00e1 o groso do Congreso,\u00a0con relatorios centrados na sustentabilidade dos eventos, a adaptaci\u00f3n a novos avances\u00a0tecnol\u00f3xicos, a seguridade nas reuni\u00f3ns ou a consolidaci\u00f3n de destinos. A convocatoria<br \/>\ngalega ser\u00e1 pioneira en varias frontes. Por vez primeira nas 32 edici\u00f3ns do Congreso de OPC\u00a0Espa\u00f1a, realizarase unha medici\u00f3n da pegada de carbono do evento. Tr\u00e1tase dunha iniciativa\u00a0que pretende servir de exemplo para pr\u00f3ximas convocatorias, dado que a sustentabilidade \u00e9 un\u00a0dos retos m\u00e1is importantes do sector MICE no futuro inmediato. En paralelo ao programa\u00a0cient\u00edfico da reuni\u00f3n levar\u00e1n a cabo visitas a diversos atractivos tur\u00edsticos como o Cami\u00f1o\u00a0de Santiago, a cidade vella da Coru\u00f1a ou a Cidade da Cultura, e mostrarase aos asistentes a\u00a0creatividade dos novos coci\u00f1eiros galegos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os Organizadores Profesionais de Congresos presentaron en FITUR a celebraci\u00f3n deste evento Sustentabilidade, seguridade, tecnolox\u00eda, territorio e emoci\u00f3n son alg\u00fans dos puntos que se tratar\u00e1n no 32 Congreso Nacional de OPC Espa\u00f1a, que levar\u00e1 a cabo entre os d\u00edas 20 e 22 de febreiro en Santiago de Compostela e cuxa celebraci\u00f3n se presentou no marco &#8230; <a title=\"Sustentabilidade e tecnolox\u00eda, eixos do Congreso de OPC Espa\u00f1a, que se celebra en Galicia en febreiro\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/sustentabilidade-e-tecnoloxia-eixos-do-congreso-de-opc-espana-que-se-celebra-en-galicia-en-febreiro\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Sustentabilidade e tecnolox\u00eda, eixos do Congreso de OPC Espa\u00f1a, que se celebra en Galicia en febreiro\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-28991","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28991","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28991"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28991\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28991"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28991"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28991"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}