{"id":29042,"date":"2020-02-19T07:51:57","date_gmt":"2020-02-19T07:51:57","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/mais-de-300-participantes-confirmados-para-o-congreso-nacional-de-opc-spain\/"},"modified":"2020-02-19T07:51:57","modified_gmt":"2020-02-19T06:51:57","slug":"mais-de-300-participantes-confirmados-para-o-congreso-nacional-de-opc-spain","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/mais-de-300-participantes-confirmados-para-o-congreso-nacional-de-opc-spain\/","title":{"rendered":"M\u00e1is de 300 participantes confirmados para o congreso nacional de OPC Spain"},"content":{"rendered":"<h4>A cita permitir\u00e1 dar a co\u00f1ecer o potencial de Galicia para acoller grandes eventos<\/h4>\n<p>O sector de eventos espa\u00f1ol re\u00fanese esta semana en Compostela no 32 Congreso de OPC Espa\u00f1a que acolle Santiago de Compostela entre os d\u00edas 20 e 22 de febreiro no que se dan cita as principais empresas nacionais do sector de congreso. Previamente, na ma\u00f1\u00e1 do mesmo d\u00eda 20, A Coru\u00f1a recibir\u00e1 aos participantes no Foro MICE, a cita anual que re\u00fane a asociaci\u00f3ns de empresas relacionadas con de esta actividade econ\u00f3mica. O congreso contar\u00e1 cunha mostra m\u00e1is que representativa do sector MICE nacional.<br \/>\nAcudir\u00e1n a Compostela a presidenta de OPC Espa\u00f1a, Matilde Almandoz, e os responsables de 15 organizaci\u00f3ns de OPCs auton\u00f3micas. Tam\u00e9n estar\u00e1n presentes os presidentes das principais asociaci\u00f3ns profesionais do sector tanto en Espa\u00f1a como en Europa.<\/p>\n<p>M\u00e1is de 300 profesionais do sector mice inscrib\u00edronse xa no congreso, no que participan relatores como Mario Alonso Puig, m\u00e9dico e comunicador motivacional, experto en motivaci\u00f3n, creatividade, comunicaci\u00f3n, traballo en equipo e liderado, Adri\u00e1n Ott, ex-presidente de ACForum: a \u00fanica plataforma de redes de Europa establecida exclusivamente para e por asociaci\u00f3ns con persoal asalariado e organizaci\u00f3n interna de congresos, Carmen Centol, presidenta da Asociaci\u00f3n Nacional de Empresas de Azafatas (ADEAZA), as\u00ed como CEOs e responsables de empresas de primeiro nivel na organizaci\u00f3n de congresos, eventos e incentivos ou tam\u00e9n responsables de promoci\u00f3n de destinos ou de entidades vinculadas ao sector MICE de Portugal, Navarra, Valencia ou Barcelona, entre outros.<\/p>\n<p><strong>Sustentabilidade e medio ambiente<\/strong><\/p>\n<p>A sustentabilidade, a seguridade, a tecnolox\u00eda e o respecto ao medio ambiente ser\u00e1n temas transversais no programa do 32 Congreso Nacional de OPC Espa\u00f1a, que ser\u00e1 pioneiro na medici\u00f3n da pegada de carbono de eventos.\u00a0Para facelo teranse en conta non s\u00f3 as emisi\u00f3ns xeradas na propia sede, sen\u00f3n tam\u00e9n os desprazamentos de relatores e congresistas ou os gastos de combustible requiridos polas tarefas de montaxe, que se far\u00e1n con materiais sustentables. A organizaci\u00f3n do Congreso, que corre a cargo de OPC Galicia e OPC Espa\u00f1a, quere que esta convocatoria sirva de exemplo para pr\u00f3ximas citas, dado que a sustentabilidade \u00e9 un dos retos m\u00e1is importantes do sector MICE no futuro inmediato.<\/p>\n<p>A cita servir\u00e1 para que as entidades que o organizan, OPC Espa\u00f1a e OPC Galicia, mostren a potencialidade da comunidade galega \u00e1 hora de recibir grandes eventos. Con cidades de tama\u00f1o manexable, infraestruturas de \u00faltima xeraci\u00f3n e comunicaci\u00f3ns flu\u00eddas co resto da Pen\u00ednsula, Galicia destaca como destino polo seu enorme patrimonio cultural e paisax\u00edstico, a s\u00faa gastronom\u00eda excelente e a s\u00faa capacidade para inspirar.<\/p>\n<p>Para comprobalo, os asistentes ao congreso poder\u00e1n gozar, m\u00e1is al\u00f3 das intervenci\u00f3ns de relatoras de primeiro nivel, dunha cea especial na Cidade da Cultura, elaborada con produtos galegos certificados e con denominaci\u00f3n de orixe, grazas \u00e1 colaboraci\u00f3n da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal).<\/p>\n<p>Ademais, poder\u00e1n co\u00f1ecer mellor os atractivos da Coru\u00f1a (no caso dos asistentes ao Foro MICE) e Santiago a trav\u00e9s de visitas guiadas aos seus centros hist\u00f3ricos; dunha festa no Mercado de Abastos compostel\u00e1n; ou de iniciativas post-congreso como un percorrido polo Cami\u00f1o de Santiago.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A cita permitir\u00e1 dar a co\u00f1ecer o potencial de Galicia para acoller grandes eventos O sector de eventos espa\u00f1ol re\u00fanese esta semana en Compostela no 32 Congreso de OPC Espa\u00f1a que acolle Santiago de Compostela entre os d\u00edas 20 e 22 de febreiro no que se dan cita as principais empresas nacionais do sector de &#8230; <a title=\"M\u00e1is de 300 participantes confirmados para o congreso nacional de OPC Spain\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/mais-de-300-participantes-confirmados-para-o-congreso-nacional-de-opc-spain\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre M\u00e1is de 300 participantes confirmados para o congreso nacional de OPC Spain\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29042","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29042","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29042"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29042\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29042"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29042"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29042"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}