{"id":29072,"date":"2020-03-03T15:15:07","date_gmt":"2020-03-03T15:15:07","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-sector-turistico-galego-manten-contacto-coa-xunta-para-conecer-as-linas-de-actuacion-fronte-ao-coronavirus\/"},"modified":"2020-03-03T15:15:07","modified_gmt":"2020-03-03T14:15:07","slug":"o-sector-turistico-galego-manten-contacto-coa-xunta-para-conecer-as-linas-de-actuacion-fronte-ao-coronavirus","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-turistico-galego-manten-contacto-coa-xunta-para-conecer-as-linas-de-actuacion-fronte-ao-coronavirus\/","title":{"rendered":"O sector tur\u00edstico galego mant\u00e9n contacto coa Xunta para co\u00f1ecer as li\u00f1as de actuaci\u00f3n fronte ao coronavirus"},"content":{"rendered":"<h4>O Cl\u00faster Turismo de Galicia mantivo esta ma\u00f1\u00e1 un encontro coa Conseller\u00eda de Cultura e Turismo e o SERGAS para co\u00f1ecer os avances en protocolos e xesti\u00f3n da crise do coronavirus<\/h4>\n<h4>Durante a reuni\u00f3n transmitiuse ao sector tur\u00edstico galego unha mensaxe de absoluta tranquilidade<\/h4>\n<p>Unha representaci\u00f3n do Cl\u00faster Turismo de Galicia encabezada polo seu presidente, Ces\u00e1reo Pardal, mantivo esta ma\u00f1\u00e1 un encontro co conselleiro de Cultura e Turismo, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, e o xerente do Servizo Galego de Sa\u00fade, Antonio Fern\u00e1ndez-Campa, co obxectivo de co\u00f1ecer de primeira man as li\u00f1as de actuaci\u00f3n nas que est\u00e1 a traballar o Ministerio de Sanidade e o SERGAS na xesti\u00f3n do coronavirus. O encontro serviu as\u00ed de primeira toma de contacto entre a Xunta e o sector tur\u00edstico, sendo este un dos sectores potencialmente afectados pola crise do COVID-19.<\/p>\n<p>Desde o Cl\u00faster trasladouse \u00e1 Xunta a necesidade de que manter unha canle aberta de contacto directo entre sector p\u00fablico e privado para facilitar toda a informaci\u00f3n e os protocolos de actuaci\u00f3n ante a expansi\u00f3n do virus que, de momento, non chegou a Galicia. Precisamente este primeiro encontro serviu para p\u00f3r en co\u00f1ecemento do sector tur\u00edstico os protocolos que o Ministerio de Sanidade creou para a ocasi\u00f3n, centrado en medidas de autoprotecci\u00f3n e limitaci\u00f3n da diseminaci\u00f3n do virus, que se difundir\u00e1n a todo o sector tur\u00edstico.<\/p>\n<p><strong>Tel\u00e9fono de informaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Ademais, a Xunta comunicou ao sector a creaci\u00f3n dunha Comisi\u00f3n interdepartamental e un tel\u00e9fono de axuda ( 900 400 116) para o seguimento do coronavirus mentres que para os cidad\u00e1ns que presenten sintomatolog\u00eda e que tivesen contacto con persoas en zonas de risco, ind\u00edcaselles que chamen ao 061.<\/p>\n<p>Desde o CTG o seu presidente, Ces\u00e1reo Pardal, destacaba a importancia de lanzar unha mensaxe de tranquilidade e de posta en valor da seguridade dun destino como Galicia. ?Sen banalizar a enfermidade, non debemos caer en alarmismo e debemos seguir traballando con total normalidade?, afirmou, ?o sector tur\u00edstico recibir\u00e1 a informaci\u00f3n b\u00e1sica de como proceder e poderemos ofrecer informaci\u00f3n veraz ao viaxeiro, paliando as\u00ed a desinformaci\u00f3n e o alarmismo?<\/p>\n<p>Ces\u00e1reo Pardal, que estivo acompa\u00f1ado no encontro polo presidente da Asociaci\u00f3n Galega de Axencias de Viaxe (AGAVI) e o vogal do CETS, Francisco Gonz\u00e1lez, destacou que cun sistema sanitario como o galego est\u00e1 preparado para afrontar situaci\u00f3ns deste tipo que, que, partindo do desco\u00f1ecemento de como se pode comportar unha enfermidade nova, \u00e9 probable que te\u00f1a un factor estacional. ?Traballamos man a man coa administraci\u00f3n, \u00e1 que lle pedimos que traslade unha mensaxe de tranquilidade e seguridade do destino?, explicou o presidente do Cl\u00faster Turismo de Galicia que destacou que son conscientes de que a crise derivada do COVID-19 afectar\u00e1 posiblemente ao sector tur\u00edstico pero que a\u00ednda \u00e9 pronto para avaliar o devandito impacto.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Cl\u00faster Turismo de Galicia mantivo esta ma\u00f1\u00e1 un encontro coa Conseller\u00eda de Cultura e Turismo e o SERGAS para co\u00f1ecer os avances en protocolos e xesti\u00f3n da crise do coronavirus Durante a reuni\u00f3n transmitiuse ao sector tur\u00edstico galego unha mensaxe de absoluta tranquilidade Unha representaci\u00f3n do Cl\u00faster Turismo de Galicia encabezada polo seu presidente, &#8230; <a title=\"O sector tur\u00edstico galego mant\u00e9n contacto coa Xunta para co\u00f1ecer as li\u00f1as de actuaci\u00f3n fronte ao coronavirus\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-turistico-galego-manten-contacto-coa-xunta-para-conecer-as-linas-de-actuacion-fronte-ao-coronavirus\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O sector tur\u00edstico galego mant\u00e9n contacto coa Xunta para co\u00f1ecer as li\u00f1as de actuaci\u00f3n fronte ao coronavirus\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-29072","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29072","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29072"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29072\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29072"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29072"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29072"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}