{"id":29075,"date":"2020-03-04T11:29:05","date_gmt":"2020-03-04T11:29:05","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-ruta-do-vino-do-ribeiro-presentou-o-seu-plan-para-potenciar-o-territorio-como-destino-enoturistico-de-calidade\/"},"modified":"2020-03-04T11:29:05","modified_gmt":"2020-03-04T10:29:05","slug":"a-ruta-do-vino-do-ribeiro-presentou-o-seu-plan-para-potenciar-o-territorio-como-destino-enoturistico-de-calidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-ruta-do-vino-do-ribeiro-presentou-o-seu-plan-para-potenciar-o-territorio-como-destino-enoturistico-de-calidade\/","title":{"rendered":"A Ruta do Vi\u00f1o do Ribeiro presentou o seu plan para potenciar o territorio como destino enotur\u00edstico de calidade"},"content":{"rendered":"<h4>Preto de 100 mil persoas visitaron o territorio en dez anos, entre 2008\/2018, a\u00ednda que o fluxo anual de enoturistas alcanzou en 2018 o 13 mil.<\/h4>\n<h4>A estratexia enotur\u00edstica da Ruta do Vi\u00f1o do Ribeiro desenvolverase, nunha primeira fase 2020\/21, e abarcar\u00e1 catro alicerces fundamentais: cooperaci\u00f3n, crecemento, promoci\u00f3n e infraestruturas.<\/h4>\n<p>Co obxectivo de dinamizar enotur\u00edsticamente o territorio que abarca a <a href=\"https:\/\/rutadelvinoribeiro.com\/es\/\" target=\"_blank\">Ruta do Vi\u00f1o do Ribeiro<\/a> e potencialo como destino enotur\u00edstico de calidade, a ruta presentou un estudo que se atopa no &#8220;Documento socioecon\u00f3mico e estrat\u00e9xico da Denominaci\u00f3n de Orixe Ribeiro&#8221; elaborado por un equipo de doce expertos pertencentes ao tres universidades galegas. O traballo, financiado pola Deputaci\u00f3n Provincial de Ourense, contou cun orzamento de 41.500 euros e estivo liderado por Mar\u00eda del Mar P\u00e9rez Fra, Doutora en Ciencias Econ\u00f3micas pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora no Departamento de Econom\u00eda Aplicada desa mesma universidade.<\/p>\n<p>Segundo o traballo a estratexia de potenciaci\u00f3n do Ribeiro como destino enotur\u00edstico deber\u00eda pivotar sobre a Asociaci\u00f3n Ruta do Vi\u00f1o do Ribeiro con catro grandes eixos: a consolidaci\u00f3n do produto enotur\u00edstico; un incremento dos socios da Ruta e os seus recursos; unha mellora da promoci\u00f3n e comercializaci\u00f3n e a cooperaci\u00f3n con outros axentes, institucionais ou non. O traballo tam\u00e9n analiza as fortalezas coa que conta este territorio, que presenta unhas condici\u00f3ns \u00f3ptimas para o desenvolvemento dun produto enotur\u00edstico de calidade xa que pos\u00fae unha forte identidade territorial constru\u00edda ao redor do vi\u00f1o que, ao tempo, \u00e9 rica tanto en patrimonio como en recursos termais.<\/p>\n<p>O informe destaca tambi\u00e9 que o enoturismo \u00e9 unha actividade en constante crecemento en Espa\u00f1a, onde os ingresos xerados en base a visitas a adegas e museos ve\u00f1en ascendendo de forma continua. No caso do Ribeiro, no per\u00edodo 2008\/2018 pasaron polo territorio preto de 100.000 persoas, concretamente 97.361 persoas, con marcadas taxas de incremento a partir do 2012 que alcanzaron o mellor dato en 2018, cando os visitantes chegaron aos 13.343.<\/p>\n<p><strong>Os resultados do estudo<\/strong><\/p>\n<p>A an\u00e1lise realizada mostra que Ribeiro cumpre cun dos alicerces nos que se sustenta o enoturismo; a cultura do vi\u00f1o debe ser o eixo central da oferta tur\u00edstica pero este eixo ten que transcender \u00e1 actividade produtiva para ser o elemento que d\u00e1 sentido a outros servizos como a gastronom\u00eda, o patrimonio, a historia e tradici\u00f3ns que permiten a construci\u00f3n dun produto tur\u00edstico completo e atractivo. O estudo destaca tam\u00e9n como fortalezas contar coa propia asociaci\u00f3n da Ruta do Vi\u00f1o e coa Denominaci\u00f3n de Orixe vitivin\u00edcola m\u00e1is antiga de Galicia, e unha das primeiras de Espa\u00f1a, que fan que o vi\u00f1o act\u00fae como reclamo tur\u00edstico de primeira orde.<\/p>\n<p><strong>Unha estratexia para potenciar o Ribeiro como destino enotur\u00edstico de calidade.<\/strong><\/p>\n<p>Co informe sobre a mesa o presidente da Ruta do Vi\u00f1o do Ribeiro, Juan Casares, apuntou que &#8220;o estudo ratifica o traballo que se est\u00e1 desenvolvendo durante estes dous \u00faltimos anos na Ruta do Vi\u00f1o do Ribeiro; unha acci\u00f3n baseada na cooperaci\u00f3n con outras entidades, a captaci\u00f3n de socios e de financiamento e un abanico de actividades promocionais do territorio&#8221;.<\/p>\n<p>Neste sentido Casares anunciou que a estratexia enotur\u00edstica da Ruta do Vi\u00f1o do Ribeiro desenvolverase, nunha primeira fase 2020\/21, e abarcar\u00e1 catro alicerces fundamentais: cooperaci\u00f3n, crecemento, promoci\u00f3n e infraestruturas.<\/p>\n<p>A principal iniciativa en marcha, e que se ver\u00e1 potenciada a partir deste estudo, \u00e9 o rexistro e desenvolvemento da marca enotur\u00edstica &#8220;O Cami\u00f1o do vi\u00f1o. Ruta do Vi\u00f1o do Ribeiro&#8221; mediante &#8220;un apoio decidido \u00e1 declaraci\u00f3n do Cami\u00f1o Ribeiro Mi\u00f1oto como traxecto oficial de peregrinaci\u00f3n e a potenciaci\u00f3n do Cami\u00f1o dos Arrieiros como cami\u00f1o para andainas e tempo de lecer&#8221;. &#8220;Ao redor desta marca seguiremos facendo pivotar todas as nosas acci\u00f3ns de promoci\u00f3n do territorio e os seus recursos. Xunto \u00e1 organizaci\u00f3n de misi\u00f3ns de promoci\u00f3n para xornalistas e blogguers, este ano temos como reto traer axencias de operadores tur\u00edsticos para que co\u00f1ezan e valoren as nosas potencialidades con motivo de que insiran ao Ribeiro dentro dos seus destinos. Ao mesmo tempo desenvolveremos unha campa\u00f1a de promoci\u00f3n do enoturismo do Ribeiro centrados en tres cidades galegas moi vinculadas historicamente a esta enocomarca: Ourense, Vigo e Santiago&#8221;.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo,&#8221;faremos unha aposta forte por aumentar o noso n\u00famero de socios, e por tanto a nosa capacidade financeira, traballando sobre dous colectivos principais: m\u00e1is adegas e m\u00e1is concellos&#8221;. Finalmente, no campo da cooperaci\u00f3n, Juan Casares m\u00e1rcase como reto &#8220;seguir adiante coa alianza establecida coa Deputaci\u00f3n Provincial de Ourense; o Consello Regulador da Denominaci\u00f3n de Orixe Ribeiro e o Geodestino O Ribeiro-Carballi\u00f1o que a nivel promocional xa nos deu bos froitos o pasado ano&#8221;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Preto de 100 mil persoas visitaron o territorio en dez anos, entre 2008\/2018, a\u00ednda que o fluxo anual de enoturistas alcanzou en 2018 o 13 mil. A estratexia enotur\u00edstica da Ruta do Vi\u00f1o do Ribeiro desenvolverase, nunha primeira fase 2020\/21, e abarcar\u00e1 catro alicerces fundamentais: cooperaci\u00f3n, crecemento, promoci\u00f3n e infraestruturas. Co obxectivo de dinamizar enotur\u00edsticamente &#8230; <a title=\"A Ruta do Vi\u00f1o do Ribeiro presentou o seu plan para potenciar o territorio como destino enotur\u00edstico de calidade\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-ruta-do-vino-do-ribeiro-presentou-o-seu-plan-para-potenciar-o-territorio-como-destino-enoturistico-de-calidade\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Ruta do Vi\u00f1o do Ribeiro presentou o seu plan para potenciar o territorio como destino enotur\u00edstico de calidade\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29075","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29075","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29075"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29075\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29075"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29075"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29075"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}