{"id":29162,"date":"2020-04-16T05:30:43","date_gmt":"2020-04-16T05:30:43","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-sector-mice-galego-insta-a-xunta-a-adoptar-medidas-para-a-reactivacion-do-turismo-de-eventos-e-congresos\/"},"modified":"2020-04-16T05:30:43","modified_gmt":"2020-04-16T04:30:43","slug":"o-sector-mice-galego-insta-a-xunta-a-adoptar-medidas-para-a-reactivacion-do-turismo-de-eventos-e-congresos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-mice-galego-insta-a-xunta-a-adoptar-medidas-para-a-reactivacion-do-turismo-de-eventos-e-congresos\/","title":{"rendered":"O sector MICE galego insta \u00e1 Xunta a adoptar medidas para a reactivaci\u00f3n do turismo de eventos e congresos"},"content":{"rendered":"<h4>Sete asociaci\u00f3ns empresariais demandan que se te\u00f1an en conta as particularidades do sector, con moitas incertezas en canto ao regreso \u00e1 actividade<br \/>\nPropo\u00f1en un paquete de medidas e unha estratexia conxunta para o mantemento do\u00a0tecido empresarial e os postos de traballo<\/h4>\n<p>Axilizaci\u00f3n dos ERTEs por forza maior e anulaci\u00f3n da obrigatoriedade de recuperar aos\u00a0traballadores tras o fin do Estado de Alarma se iso non implica autorizaci\u00f3n para a celebraci\u00f3n\u00a0de congresos e eventos; inclusi\u00f3n de todos os subsectores do turismo MICE nas causas de forza\u00a0maior; e solicitude de ampliaci\u00f3n de fondos e axilizaci\u00f3n dos pr\u00e9stamos ICO e IGAPE,\u00a0son algunhas das demandas que o sector MICE presentou a Turismo de Galicia, coa<br \/>\npetici\u00f3n de que se apoien e defendan ante as administraci\u00f3ns auton\u00f3mica e nacional.<\/p>\n<p>No documento, asinado polo sete asociaci\u00f3ns empresariais englobadas na <a href=\"https:\/\/galiciamice.com\/\" target=\"_blank\">marca\u00a0Galicia MICE<\/a> &#8211; <strong>OPC Galicia, Asociaci\u00f3n de Palacios de Congresos de Galicia, Asociaci\u00f3n Galega de Feiras e Eventos, Asociaci\u00f3n Empresarial Hospedaxe da Coru\u00f1a HOSPECO, Asociaci\u00f3n de Empresarios de Hospedaxe da Provincia de Pontevedra ASEHOSPO, Uni\u00f3n Hostaleira Compostela, Hostalar\u00eda Compostela\u00a0e a Asociaci\u00f3n Provincial de Empresarios de Restauraci\u00f3n e Hospedaxe de Santiago<\/strong>&#8211; dest\u00e1case o apoio incondicional \u00e1 xesti\u00f3n da crise sanitaria e o firme compromiso das empresas co mantemento da actividade e de todos os postos de traballo pero, destacan, &#8220;a imposibilidade total de facelo ata que non se autorice a realizaci\u00f3n de congresos, reuni\u00f3ns e eventos&#8221;.<\/p>\n<p>As empresas cuxa principal actividade econ\u00f3mica \u00e9 o turismo MICE &#8220;non poder\u00e1n recuperar ao seu persoal ata que se autorice a realizaci\u00f3n de eventos. Non ter en conta estas circunstancias tras o levantamento do Estado de Alarma levar\u00eda ao peche \u00e1 maior\u00eda das empresas&#8221;, adv\u00edrtese. O documento lembra que a actividade congresual foi xa suspendida con anterioridade \u00e1 declaraci\u00f3n do Estado de Alarma e que ser\u00e1, con moi alta probabilidade, unha das \u00faltimas en autorizarse. O mantemento das empresas e os postos de traballo pasa necesariamente pola adopci\u00f3n de medidas de apoio e un programa de reconstruci\u00f3n no<br \/>\nque se ofrecen a colaborar sen condici\u00f3ns.<\/p>\n<p><strong>Propostas no \u00e1mbito laboral e fiscal<\/strong><br \/>\nNo \u00e1mbito laboral, o sector MICE galego avoga por inclu\u00edr nos ERTEs por forza maior a todos os subsectores vinculados, tales como hoteis, recintos feirais, empresas de servizos audiovisuais, dese\u00f1o, montaxe, turismo activo, gu\u00edas, tradutores ou azafatas. P\u00eddese tam\u00e9n axilidade nos pr\u00e9stamos, condonaci\u00f3n das cotas de aut\u00f3nomos mentres non se recupere a actividade ou reduci\u00f3n ao 10% do IVE das cotas de inscrici\u00f3n en eventos durante o primeiro ano tras a recuperaci\u00f3n da actividade. Sen medidas firmes, afirman as organizaci\u00f3ns, ser\u00e1 practicamente imposible dar continuidade \u00e1 actividade do tecido empresarial MICE, formado na s\u00faa gran maior\u00eda por PEMES e aut\u00f3nomos.<\/p>\n<p>O documento incl\u00fae ademais unha serie de propostas para o mantemento da actividade e a s\u00faa recuperaci\u00f3n. Solicitan da Xunta e todas as instituci\u00f3ns galegas que os eventos previstos non se cancelen, sen\u00f3n que se apracen, e comprom\u00e9tanse a contratalos a empresas da Comunidade, que demostraron sobradamente a s\u00faa profesionalidade ao longo dos anos. Proponse ademais medidas como que a Xunta de Galicia negocie un acordo marco coas empresas de transporte (aerol\u00edneas, ferrocarril e estrada) que garanta a recuperaci\u00f3n das frecuencias e o mantemento ou mesmo reduci\u00f3n dos prezos, para facilitar os desprazamentos \u00e1 nosa Comunidade.<\/p>\n<p>As empresas e colectivos MICE de Espa\u00f1a e Galicia constitu\u00edron xa grupos de traballo para abordar estratexias para o regreso \u00e1 normalidade, como a redacci\u00f3n dun documento de seguridade e boas pr\u00e1cticas sanitarias a observar durante o desenvolvemento de eventos de m\u00e1is de vinte persoas. A este respecto, Galicia MICE solicita das administraci\u00f3ns que prevexan proporcionar o material sanitario de protecci\u00f3n que seguramente ser\u00e1 perceptivo para a recuperaci\u00f3n da actividade, tendo en conta o absoluto compromiso do sector coa seguridade e a sa\u00fade tanto dos traballadores como dos asistentes.<\/p>\n<p><strong>Eventos a distancia e campa\u00f1as de promoci\u00f3n como destino MICE<\/strong><br \/>\nOs asinantes consideran que a estratexia a curto prazo pasa necesariamente por reinventarse e ofrecer Galicia como destino MICE virtual. Propo\u00f1en para iso a creaci\u00f3n de ferramentas que faciliten os eventos a distancia, como ser\u00eda a habilitaci\u00f3n de &#8220;un centro de reuni\u00f3ns que, a modo de estudio, poida ser utilizado polo conxunto do sector MICE de Galicia&#8221;. Tr\u00e1tase de constru\u00edr un espazo dotado coas ferramentas f\u00edsicas e tecnol\u00f3xicas b\u00e1sicas, no que se poidan reproducir os escenarios habituais de reuni\u00f3ns e congresos, e que sirva ao conxunto do sector como sede virtual de congresos e reuni\u00f3ns.<\/p>\n<p>&#8220;Dispor deste espazo de modo r\u00e1pido permitir\u00edanos situarnos como destino MICE virtual diferenciado, seguir captando congresos e reuni\u00f3ns, e proporcionar unha alternativa viable \u00e1 cancelaci\u00f3n dos eventos programados para 2020 e inicios de 2021&#8221;, afirman as asociaci\u00f3ns. Reforzar e realizar campa\u00f1as de posicionamento do portal web de Galicia MICE e inclu\u00edr o sector nas campa\u00f1as de promoci\u00f3n de Galicia como destino tur\u00edstico, son outras das acci\u00f3ns que propo\u00f1en. Para o novo inicio, afirman, \u00e9 de esperar que tanto organizadores como asistentes comecen por programar eventos non moi numerosos e en destinos f\u00e1ciles e pequenos. &#8220;Estamos convencidos de que cidades pequenas, amables e non masificadas axudar\u00e1n \u00e1 activaci\u00f3n da confianza, e niso en Galicia somos fortes&#8221;.<\/p>\n<p>&#8220;Contamos con cidades perfectamente preparadas, equipadas con espazos e sedes modernas, con hoteis de categor\u00eda e con empresas e profesionais solventes para desenvolver calquera tipo de evento. Temos ademais espazos rurais non masificados que fomentan a integraci\u00f3n na natureza e o Cami\u00f1o de Santiago como referencia l\u00edder do noso destino no ano 2021&#8221;, dest\u00e1case.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sete asociaci\u00f3ns empresariais demandan que se te\u00f1an en conta as particularidades do sector, con moitas incertezas en canto ao regreso \u00e1 actividade Propo\u00f1en un paquete de medidas e unha estratexia conxunta para o mantemento do\u00a0tecido empresarial e os postos de traballo Axilizaci\u00f3n dos ERTEs por forza maior e anulaci\u00f3n da obrigatoriedade de recuperar aos\u00a0traballadores tras &#8230; <a title=\"O sector MICE galego insta \u00e1 Xunta a adoptar medidas para a reactivaci\u00f3n do turismo de eventos e congresos\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-sector-mice-galego-insta-a-xunta-a-adoptar-medidas-para-a-reactivacion-do-turismo-de-eventos-e-congresos\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O sector MICE galego insta \u00e1 Xunta a adoptar medidas para a reactivaci\u00f3n do turismo de eventos e congresos\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29162","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29162","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29162"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29162\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29162"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29162"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29162"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}