{"id":29174,"date":"2020-04-20T12:37:11","date_gmt":"2020-04-20T12:37:11","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-crise-do-covid-19-poderia-provocar-caidas-superiores-aos-25-millons-de-turistas-e-perda-de-mais-de-30-mil-empregos-no-sector-turistico-galego\/"},"modified":"2020-04-20T12:37:11","modified_gmt":"2020-04-20T11:37:11","slug":"a-crise-do-covid-19-poderia-provocar-caidas-superiores-aos-25-millons-de-turistas-e-perda-de-mais-de-30-mil-empregos-no-sector-turistico-galego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-crise-do-covid-19-poderia-provocar-caidas-superiores-aos-25-millons-de-turistas-e-perda-de-mais-de-30-mil-empregos-no-sector-turistico-galego\/","title":{"rendered":"A crise do covid 19 poder\u00eda provocar ca\u00eddas superiores aos 2,5 mill\u00f3ns de turistas e perda de m\u00e1is de 30 mil empregos no sector turistico galego"},"content":{"rendered":"<h4>O Cl\u00faster Turismo de Galicia elabora un primeiro informe de impacto da crise do coronavirus no sector tur\u00edstico galego no que exp\u00f3n at\u00e9 catro escenarios de evoluci\u00f3n da demanda tur\u00edstica en 2020 e 2021<\/h4>\n<h4>O sector tur\u00edstico galego perder\u00eda 1 de cada 3 euros xerados no PIB tur\u00edstico, o que se traduce en perdas de polo menos 2.476 mill\u00f3ns de euros<\/h4>\n<h4>O presidente do CTG destaca &#8220;o peso do noso sector e a importancia de medir moi ben o calendario de desescalada para un sector econon\u00f3mico vital para Galicia como \u00e9 o turismo, para mitigar no posible o impacto desta crise&#8221;.<\/h4>\n<p>O Cl\u00faster Turismo de Galicia elaborou un primeiro informe de impacto da crise do COVID 19 sobre o sector tur\u00edstico galego no que expo\u00f1en unhas perdas de polo menos 2.476 mill\u00f3ns de euros, que se traducir\u00edan nunha ca\u00edda do PIB tur\u00edstico do 33,2% e do 3,9% no c\u00f3mputo total do PIB galego no escenario m\u00e1is optimista. En termos de demanda, a chegada de viaxeiros reducir\u00edase en torno ao 50%, con ca\u00eddas superiores aos 2,5 mill\u00f3ns de viaxeiros mentres en que en emprego, o informe exp\u00f3n a perda de entre o 22% e o 26% do emprego, o que se traducir\u00eda na destruci\u00f3n de entre 27.230 e 32.181 postos de traballo en Galicia. Unhas previsi\u00f3ns que poder\u00edan ser mesmo m\u00e1is negativas, ao poder darse picos de perda de emprego superiores, entre o 40% e o 50%, en funci\u00f3n da evoluci\u00f3n da crise e os tempos que as autoridades sanitarias establezan para a recuperaci\u00f3n da actividade tur\u00edstica.<\/p>\n<p>O informe foi elaborado polo Cl\u00faster Turismo de Galicia a partir dos documentos e previsi\u00f3ns de entidades como a Organizaci\u00f3n Mundial do Turismo (OMT), o Fondo Monetario Internacional (FMI), o Foro Econ\u00f3mico de Galicia, a Mesa do Turismo, Exceltur, Bain &amp; Company e EY, Deloitte ou McKinsey &amp; Company.<\/p>\n<p>A partir dos datos e estimaci\u00f3ns destas entidades, o Cl\u00faster Turismo de Galicia exp\u00f3n at\u00e9 catro posibles escenarios de evoluci\u00f3n desta crise para o sector tur\u00edtico galego no que a demanda tur\u00edstica ref\u00edrese. Cabe destacar, neste sentido, que partimos de que Galicia recibiu o ano pasado 5,1 mill\u00f3ns de viaxeiros:<\/p>\n<p><strong>Escenario 1: <\/strong><br \/>\n\u00c9 o escenario m\u00e1is positivo, pois contempla un levantamento do confinamento entre finais de abril e comezos de maio, o que dar\u00eda lugar a unha r\u00e1pida recuperaci\u00f3n da demanda nacional (sobre a teor\u00eda de que non haber\u00eda limitaci\u00f3n na circulaci\u00f3n das persoas dentro do territorio nacional). Neste escenario, pouco probable, Galicia pechar\u00eda o ano con 2,6 mill\u00f3ns de viaxeiros e alcanzar\u00eda unha r\u00e1pida recuperaci\u00f3n en 2021 por efector do Xacobeo at\u00e9 alcanzar os 4,1 mill\u00f3ns de viaxeiros.<\/p>\n<p><strong>Escenario 2: <\/strong><br \/>\nCont\u00e9mplase a aparici\u00f3n dun rebrote do COVID no outono que frea a recuperaci\u00f3n, a\u00ednda que a reacci\u00f3n \u00e9 m\u00e1is r\u00e1pida ao estar mellor preparados a nivel sanitario, econ\u00f3mico e social. O efecto do Xacobeo permite salvar a segunda metade de 2021. Como consecuencia de todo iso a ca\u00edda de viaxeiros a Galicia \u00e9 m\u00e1is acusada en 2020, baixando at\u00e9 os 2,3 mill\u00f3ns e a recuperaci\u00f3n en 2021 m\u00e1is suave, at\u00e9 alcanzar os 3,5 mill\u00f3ns.<\/p>\n<p><strong>Escenario 3: <\/strong><br \/>\nLev\u00e1ntase o confinamento a mediados de maio. Neste escenario a curva de recuperaci\u00f3n \u00e9 m\u00e1is suave, cunha recuperaci\u00f3n da demanda m\u00e1is lenta do mercado internacional. A ca\u00edda \u00e9 m\u00e1is grave en 2020 e deixa un n\u00famero de viaxeiros en torno a os 2 mill\u00f3ns mentres que a recuperaci\u00f3n \u00e9 m\u00e1is r\u00e1pida en 2021 e Galicia alcanza os 3,6 mill\u00f3ns.<\/p>\n<p><strong>Escenario 4:<\/strong><br \/>\n\u00c9 o escenario m\u00e1is pesimista. A aparici\u00f3n dun rebrote no outono e a lenta recuperaci\u00f3n da situaci\u00f3n fai complicado estimular a demanda. O efecto do Xacobeo logra tirar da pendente de recuperaci\u00f3n nacional na segunda metade de 2021. A ca\u00edda de viaxeiros sit\u00faanos por baixo dos 1,8 mill\u00f3ns de viaxeiros e a recuperaci\u00f3n en 2021 \u00e9 m\u00e1is moderada, quedando en 2,9 mill\u00f3ns de viaxeiros a finais do Ano Santo, menos do 50% do obxectivo inicial pre-crise, que establec\u00eda alcanzar o seis mill\u00f3ns de viaxeiros.<\/p>\n<p>O informe sinala, pois, que no escenario m\u00e1is postivo, Galicia perder\u00eda en 2020 1 de cada dous turistas mentres que, de producirse o escenario m\u00e1is negativo, perder\u00edanse dous de cada tres viaxeiros este ano.<\/p>\n<p><strong>An\u00e1lise continuada e evoluci\u00f3n da crise<\/strong><\/p>\n<p>O informe elaborado polo CTG exp\u00f3n, pois at\u00e9 catro escenarios de evoluci\u00f3n da demanda de viaxeiros que poida recibir Galicia no horizonte de 2020-2021 pero desde o Cl\u00faster son conscientes de que estas previsi\u00f3ns est\u00e1n suxeitas a continuos cambios e correcci\u00f3ns, tal e como fixo Exceltur na s\u00faa proposta de evoluci\u00f3n para o conxunto do sector tur\u00edstico espa\u00f1ol.<\/p>\n<p>Neste sentido, e tal e como explica o presidente do CTG, Ces\u00e1reo Pardal, &#8220;o informe parte dunha an\u00e1lise a d\u00eda de hoxe da situaci\u00f3n actual da oferta e a demanda en Galicia marcado polo peche obrigatorio de establecementos, a crise de confianza e a limitaci\u00f3n na libre circulaci\u00f3n de viaxeiros que d\u00e1 como consecuencia unha retracci\u00f3n da demanda, crise econ\u00f3mica e cambios normativos cuxas consecuencias imos ir vendo aos poucos&#8221;, explica.<\/p>\n<p><strong>Calendario de desescalada<\/strong><br \/>\n&#8220;Neste dif\u00edcil contexto o informe debuxamos at\u00e9 catro escenarios, de m\u00e1is a menos positivo, co obxectivo de p\u00f3r negro sobre branco de que impacto econ\u00f3mico e laboral estamos a falar sobre o turismo en Galicia&#8221;.<\/p>\n<p>Queremos que as diferentes administraci\u00f3ns sexan conscientes do peso do noso sector e da importancia de medir moi ben o calendario de desescalada para un sector econon\u00f3mico vital para Galicia como \u00e9 o turismo, para mitigar no posible o impacto desta crise&#8221;.<\/p>\n<blockquote><p><strong><a href=\"https:\/\/clusterturismogalicia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/2020_04_14_Previsio\u0301n_COVID_v4_FINAL.pdf\" target=\"_blank\">Descarga o informe completo<\/a><\/strong><\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Cl\u00faster Turismo de Galicia elabora un primeiro informe de impacto da crise do coronavirus no sector tur\u00edstico galego no que exp\u00f3n at\u00e9 catro escenarios de evoluci\u00f3n da demanda tur\u00edstica en 2020 e 2021 O sector tur\u00edstico galego perder\u00eda 1 de cada 3 euros xerados no PIB tur\u00edstico, o que se traduce en perdas de &#8230; <a title=\"A crise do covid 19 poder\u00eda provocar ca\u00eddas superiores aos 2,5 mill\u00f3ns de turistas e perda de m\u00e1is de 30 mil empregos no sector turistico galego\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-crise-do-covid-19-poderia-provocar-caidas-superiores-aos-25-millons-de-turistas-e-perda-de-mais-de-30-mil-empregos-no-sector-turistico-galego\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A crise do covid 19 poder\u00eda provocar ca\u00eddas superiores aos 2,5 mill\u00f3ns de turistas e perda de m\u00e1is de 30 mil empregos no sector turistico galego\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-29174","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29174","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29174"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29174\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29174"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29174"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29174"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}