{"id":29198,"date":"2020-04-29T05:28:54","date_gmt":"2020-04-29T05:28:54","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-crise-do-covid-19-golpea-fortemente-ao-sector-do-turismo-activo-galego\/"},"modified":"2020-04-29T05:28:54","modified_gmt":"2020-04-29T04:28:54","slug":"a-crise-do-covid-19-golpea-fortemente-ao-sector-do-turismo-activo-galego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-crise-do-covid-19-golpea-fortemente-ao-sector-do-turismo-activo-galego\/","title":{"rendered":"A crise do COVID-19 golpea fortemente ao sector do turismo activo galego"},"content":{"rendered":"<h4>AGETAN presenta unha bater\u00eda de 20 medidas para a reactivaci\u00f3n das empresas deste sector<\/h4>\n<p>A <a href=\"http:\/\/www.agetan.net\/\" target=\"_blank\">Asociaci\u00f3n galega de empresas de turismo activo, aventura e natureza (AGETAN)<\/a> mantivo un encontro coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, para trasladarlle a inquietude das empresas de turismo activo ante a crise do COVID-19 e facela part\u00edcipe do informe elaborado pola asociaci\u00f3n sobre o impacto da crise Covid-19 no turismo activo de Galicia.<\/p>\n<p>O informe e as 20 medidas que recolle para reactivar o turismo activo en Galicia son froito do resultado das enquisas realizadas entre medio centenar de empresas deste segmento do turismo galego entre o 3 e o 7 de abril do 2020, co obxectivo de obter un maior co\u00f1ecemento do impacto da crise do COVID-19 no sector do turismo activo galego.<\/p>\n<p>Entre as conclusi\u00f3ns deste informe destaca o feito de que o 8% das empresas causaron baixa definitiva, un 28% est\u00e1n en ERTE e o 46% delas est\u00e1n en baixa temporal, cunha perda de ingresos desde o inicio da crise de entre 15.000 e 45.000 euros por empresa. Outro 26% das empresas enquisadas declara perdas entre 15 e 30.000 euros polas cancelaci\u00f3ns de reservas para os meses de maio a agosto, sendo un 38% as que perderon m\u00e1is de 30.000 euros.<\/p>\n<p>Para paliar esta situaci\u00f3n, desde AGETAN solic\u00edtase a implantaci\u00f3n de 20 medidas en materia de competitividade sectorial, ordenaci\u00f3n do sector, adaptaci\u00f3n e promoci\u00f3n do sector tras a superaci\u00f3n desta crise, que se trasladaron e \u00e1 Xunta. Entre estas medidas, AGETAN destaca a necesidade de axudas directas e indirectas \u00e1 empresa, fomento de formaci\u00f3n, elaboraci\u00f3n dun plan estrat\u00e9xico para o sector e creaci\u00f3n dunha mesa de turismo activo. Ademais, en materia de taxas, o informe solicita exenci\u00f3n para a obrigatoriedade de manter os postos de traballo 6 meses no caso de acollerse a ERTE por forza maior, flexibilizaci\u00f3n dos criterios para admitir os cesamentos de actividade (moitas empresas deste sector comezaba en abril a traballar), eliminaci\u00f3n das taxas auton\u00f3micas ou reduci\u00f3n do IVE ao 10%, como ocorre noutras actividades tur\u00edsticas.<\/p>\n<p>AGETAN solicitou \u00e1 Xunta, ademais, subvenci\u00f3n para a entidade para o seu traballo de impulso e mellora para este sector e maior puntuaci\u00f3n na adxudicaci\u00f3n de subvenci\u00f3ns p\u00fablicas para este tipo de empresas, as\u00ed como un CNAE\/IAE propio de turismo activo, loita contra o intrusismo e un novo decreto de turismo activo.<\/p>\n<p><strong>O turismo activo post COVID<\/strong><\/p>\n<p>Entre as medidas solicitadas por esta entidade que agrupa \u00e1s empresas galegas de turismo activo e natureza, tam\u00e9n se incl\u00fae axudas para a adaptaci\u00f3n das mesmas aos protocolos de limpeza e desinfecci\u00f3n que se lles exigan as\u00ed como creaci\u00f3n e promoci\u00f3n da marca Galicia turismo activo, aproveitando as sinerx\u00edas de Galicia Destino Activo, promovendo a vinculaci\u00f3n do turismo activo ao Xacobeo2021 e a posta en marcha dunha campa\u00f1a de turismo activo de proximidade e de promoci\u00f3n deste tipo de actividades nos centros escolares.<\/p>\n<p>Desde a Asociaci\u00f3n tam\u00e9n agradeceron \u00e1 directora de Turismo de Galicia a s\u00faa disposici\u00f3n a trasladar petici\u00f3ns que exceden o seu \u00e1mbito competencial a outros organismos da propia Xunta de Galicia ou do Goberno. Finalmente, desde AGETAN destacan que se continuar\u00e1 avanzando nestas propostas e manteranse reuni\u00f3ns con responsables de turismo doutras administraci\u00f3ns con competencias en turismo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>AGETAN presenta unha bater\u00eda de 20 medidas para a reactivaci\u00f3n das empresas deste sector A Asociaci\u00f3n galega de empresas de turismo activo, aventura e natureza (AGETAN) mantivo un encontro coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, para trasladarlle a inquietude das empresas de turismo activo ante a crise do COVID-19 e facela part\u00edcipe do &#8230; <a title=\"A crise do COVID-19 golpea fortemente ao sector do turismo activo galego\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-crise-do-covid-19-golpea-fortemente-ao-sector-do-turismo-activo-galego\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A crise do COVID-19 golpea fortemente ao sector do turismo activo galego\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29198","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29198","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29198"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29198\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29198"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29198"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29198"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}