{"id":29201,"date":"2020-04-29T13:59:01","date_gmt":"2020-04-29T13:59:01","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/aprobado-o-plan-para-a-transicion-cara-a-unha-nova-normalidade-que-establece-as-fases-de-saida-tras-a-crise-provocada-polo-covid-19\/"},"modified":"2020-04-29T13:59:01","modified_gmt":"2020-04-29T12:59:01","slug":"aprobado-o-plan-para-a-transicion-cara-a-unha-nova-normalidade-que-establece-as-fases-de-saida-tras-a-crise-provocada-polo-covid-19","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/aprobado-o-plan-para-a-transicion-cara-a-unha-nova-normalidade-que-establece-as-fases-de-saida-tras-a-crise-provocada-polo-covid-19\/","title":{"rendered":"Aprobado o Plan para a Transici\u00f3n cara a unha Nova Normalidade que establece as fases de sa\u00edda tras a crise provocada polo COVID-19."},"content":{"rendered":"<p>Na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, o Goberno anunciou o proceso de desescalada farase en funci\u00f3n do control da epidemia en cada provincia e \u00e1 velocidade que permita a situaci\u00f3n sanitaria desa zona, de acordo con criterios obxectivos. O paso dunha fase a outra en cada lugar determinarase en funci\u00f3n das capacidades estrat\u00e9xicas do seu sistema sanitario de atenci\u00f3n primaria e hospitalario; a s\u00faa situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica; a implantaci\u00f3n de medidas de protecci\u00f3n colectiva en comercios, transportes, centros de traballo e en calquera espazo p\u00fablico, e nos datos de mobilidade e econ\u00f3micos.<\/p>\n<p>Estes marcadores ser\u00e1n p\u00fablicos, anunciou S\u00e1nchez, &#8220;para que a cidadan\u00eda poida co\u00f1ecer os criterios nos que se basean as decisi\u00f3ns pol\u00edticas que van determinar a volta \u00e1 nova normalidade en cada territorio&#8221;.<\/p>\n<p>&#8220;O proceso non ser\u00e1 uniforme, sen\u00f3n asim\u00e9trico e con distintas velocidades, pero coordinado, para que se rexa por unhas mesmas regras&#8221;, remarcou o presidente. Esta coordinaci\u00f3n recaer\u00e1 no Goberno de Espa\u00f1a, e o ministro de Sanidade asumir\u00e1 as decisi\u00f3ns necesarias como autoridade delegada. No entanto, terase moi en conta o parecer das autoridades auton\u00f3micas e locais, aos que corresponder\u00e1 gran parte da xesti\u00f3n. De feito, poder\u00e1n tomarse medidas en territorios non coincidentes coas provincias se as\u00ed o motivan as comunidades aut\u00f3nomas.<\/p>\n<p><strong>Fases da desescalada<\/strong><br \/>\nNa actual <strong>fase preparatoria ou fase cero<\/strong>, que comezar\u00e1 <span style=\"text-decoration: underline;\">a partir do 4 de maio<\/span>, o presidente anunciou que, ademais das medidas proxectadas para que os menores saian unha hora \u00e1 r\u00faa e os adultos a facer exercicio, incl\u00faese a apertura de locais e establecementos con cita previa para a atenci\u00f3n individual dos clientes, as\u00ed como dos restaurantes con servizo de comida para levar, sen consumo no local.<\/p>\n<p>Os deportistas profesionais e federados poder\u00e1n empezar a adestrar de forma individual.<\/p>\n<p>Na <strong>fase uno ou inicial<\/strong>, que comezar\u00e1 o <span style=\"text-decoration: underline;\">11 de maio<\/span>, o xefe do Executivo sinalou que se permitir\u00e1 a apertura do comercio baixo condici\u00f3ns estritas de seguridade, excepto os centros comerciais, onde son m\u00e1is probables as aglomeraci\u00f3ns.<\/p>\n<p>En restauraci\u00f3n poderanse abrir terrazas con limitaci\u00f3ns de ocupaci\u00f3n do 30% e, en hostalar\u00eda, hoteis e aloxamentos tur\u00edsticos, exclu\u00edndo as zonas com\u00fans. O sector agroalimentario e pesqueiro renovar\u00e1 as actividades que manti\u00f1a con restrici\u00f3ns. Os lugares de culto poder\u00e1n abrir limitando o seu aforamento a un terzo da s\u00faa capacidade.<\/p>\n<p>No \u00e1mbito deportivo, o presidente avanzou a apertura de centros de alto rendemento con medidas de hixiene e protecci\u00f3n reforzadas e o permiso para o adestramento medio en ligas profesionais. Para os cidad\u00e1ns que utilizan o transporte p\u00fablico, o uso da m\u00e1scara estar\u00e1 &#8220;altamente recomendado&#8221;.<\/p>\n<p>Na <strong>fase d\u00faas ou intermedia<\/strong>, que comezar\u00e1 o <span style=\"text-decoration: underline;\">25 de maio<\/span>, abrirase o espazo interior dos locais s\u00f3 para o servizo de mesas, con separaci\u00f3n entre elas e un terzo de aforamento.<\/p>\n<p>S\u00e1nchez concretou que o curso escolar comezar\u00e1 en setembro con car\u00e1cter xeral, a\u00ednda que se poder\u00e1n reabrir antes os centros educativos co prop\u00f3sito de garantir as actividades de reforzo, que os menores acudan no caso de que ambos os proxenitores traballen presencialmente e para celebrar as probas da EBAU.<\/p>\n<p>Os cinemas, teatros e auditorios reabrir\u00e1n un terzo do seu aforamento con butacas preasignadas. As salas de exposici\u00f3ns, conferencias e visitas a monumentos tam\u00e9n abrir\u00e1n cun terzo da s\u00faa ocupaci\u00f3n habitual. Os actos e espect\u00e1culos ao aire libre estar\u00e1n permitidos cando se congreguen menos de 400 persoas sentadas. Os lugares de culto deber\u00e1n limitar o seu aforamento ao 50%.<\/p>\n<p>Na <strong>fase tres ou avanzada<\/strong>, previsiblemente <span style=\"text-decoration: underline;\">a partir do 8 de xu\u00f1o<\/span>, o presidente indicou que se flexibilizar\u00e1 a mobilidade xeral, a\u00ednda que se manter\u00e1 a recomendaci\u00f3n do uso da m\u00e1scara fose do fogar e nos transportes p\u00fablicos.<\/p>\n<p>O comercio limitar\u00e1 o aforamento ao 50% e fixarase unha distancia m\u00ednima de 2 metros entre persoas. En restauraci\u00f3n, suavizaranse algo m\u00e1is as restrici\u00f3ns de aforamento e ocupaci\u00f3n, a\u00ednda que se mante\u00f1en estritas condici\u00f3ns de separaci\u00f3n entre o p\u00fablico. Pedro S\u00e1nchez sinalou que o Ministerio de Sanidade ditar\u00e1 ordes que detallar\u00e1n todos os supostos.<\/p>\n<p><strong>Prazo m\u00ednimo de d\u00faas semanas por fase<\/strong><br \/>\nA duraci\u00f3n m\u00ednima de cada unha das fases de desescalada fixouse en d\u00faas semanas. No mellor dos casos, sinalou S\u00e1nchez, a duraci\u00f3n do proceso ser\u00e1 de mes e medio e, como m\u00e1ximo, exponse oito semanas, &#8220;polo que a finais de xu\u00f1o estariamos na nova normalidade se a evoluci\u00f3n da epidemia est\u00e1 controlada en todos os territorios&#8221;.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>CRONOGRAMA<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p>Esta previsi\u00f3n \u00e9 orientativa e non ten car\u00e1cter exhaustivo. As decisi\u00f3ns e datas concretas sobre o efectivo levantamento das limitaci\u00f3ns establecidas durante o estado de alarma determinaranse a trav\u00e9s dos correspondentes instrumentos xur\u00eddicos.<\/p>\n<p>O r\u00e9xime com\u00fan aplicable a todas as medidas tam\u00e9n poder\u00e1 ser adaptado, en funci\u00f3n da evoluci\u00f3n da pandemia ou doutras circunstancias justificadas.<\/p>\n<p>R\u00e9xime com\u00fan aplicable a todas as actividades:<\/p>\n<p>(i) Calquera actividade permitida deber\u00e1 desenvolverse en condici\u00f3ns de seguridade, autoprotecci\u00f3n e distanciamento social. O uso das m\u00e1scaras fose do fogar \u00e9 conveniente e altamente recomendable cando non poida garantirse o distanciamento social. Igualmente, deberase facilitar a dispo\u00f1ibilidade e o acceso a soluci\u00f3ns hidroalcoh\u00f3licas para practicar unha hixiene de mans frecuente.<\/p>\n<p>(ii) Todos os locais e demais establecementos, as\u00ed como o seu equipamento, das actividades permitidas deber\u00e1n ser periodicamente desinfectados e higienizados.<\/p>\n<p>(iii) Con car\u00e1cter xeral, at\u00e9 alcanzar a nova normalidade que se consegue ao superar a fase III, non se permitir\u00e1 viaxar a provincias diferentes a aquela na que se resida, salvo polas causas justificadas. Unha vez na etapa de nova normalidade, poderase viaxar entre provincias cando ambas superasen a fase III.<\/p>\n<p>(iv) As viaxes que se efect\u00faen, calquera que sexa o medio de transporte, deber\u00e1n facerse para a realizaci\u00f3n das actividades permitidas.<\/p>\n<p><strong>FASE 0: a partir do 4 de maio<\/strong><\/p>\n<p><strong>FASE 1: a partir do 11 de maio<\/strong><\/p>\n<p><strong>FASE 2: a partir do 25 de maio<\/strong><\/p>\n<p><strong>FASE 3: a partir do 8 de xu\u00f1o<\/strong><\/p>\n<table border=\"1\" width=\"100%\" cellspacing=\"0\" cellpadding=\"4\">\n<colgroup>\n<col width=\"51*\" \/>\n<col width=\"51*\" \/>\n<col width=\"51*\" \/>\n<col width=\"51*\" \/>\n<col width=\"51*\" \/> <\/colgroup>\n<tbody>\n<tr valign=\"TOP\">\n<td width=\"20%\"><\/td>\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">FASE 0<\/span><\/span><\/td>\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">FASE 1<\/span><\/span><\/td>\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">FASE 2<\/span><\/span><\/td>\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">FASE 3<\/span><\/span><\/td>\n<\/tr>\n<tr valign=\"TOP\">\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">HOSTALER\u00cdA, RESTAURANTES E CAFETER\u00cdAS<\/span><\/span><\/td>\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">Apertura de restaurantes e cafeter\u00edas con entrega para llevar. Sen consumo\u00a0no local. <\/span><\/span><\/td>\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">Apertura de terrazas: se limitar\u00e1 ao 30% das mesas permitidas en anos anteriores en base a licencia municipal asegurando distancias. Poder\u00edan ter maior n\u00famero de mesas se o concello o concello permite m\u00e1is espazo disponible, respetando a proporci\u00f3n mesas\/superficie do 30% e cun incremento proporcional de espazo peatonal no mesmo tramo de a v\u00eda p\u00fablica. <\/span><\/span><\/td>\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">Para locales, consumo\u00a0no local con servizo en mesa con garant\u00eda de separaci\u00f3n entre clientes en mesa e entre mesas, excepto discotecas e bares nocturnos. Limitaci\u00f3n a 1\/3 de aforo. S\u00f3 consumo sentados o para levar.<\/span><\/span><\/td>\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">Para locais, extenderase o aforo dun m\u00e1ximo de 1\/2 de su capacidade que garantice separaci\u00f3n de clientes. Perm\u00edtise xente de pe con separaci\u00f3n m\u00ednima de 1,5 metros entre os clientes da barra. En terrazas: se limitar\u00e1 ao 50% as mesas permitidas en anos anteriores en base a licencia municipal. Poder\u00edan ter mesas se o concello\u00a0 permite m\u00e1is espazo respetando a proporci\u00f3n mesas\/superficie do 50%. Discotecas e bares nocturnos con aforo m\u00e1ximo de 1\/3. <\/span><\/span><\/td>\n<\/tr>\n<tr valign=\"TOP\">\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">HOTELES e ALOXAMENTOS TUR\u00cdSTICOS<\/span><\/span><\/td>\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">Non se permite actividade salvo excepci\u00f3ns xa reguladas.<\/span><\/span><\/td>\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">Apertura sen uso de zonas com\u00fans e con restricci\u00f3ns, por exemplo, en restauraci\u00f3n, entre outras actividades, desinfecci\u00f3n e reforzo de normas de sa\u00fade e hixiene. <\/span><\/span><\/td>\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">Apertura de zonas comunes limitadas a 1\/3 de aforo excepto hosteler\u00eda, restaurantes y cafeter\u00edas que se sujetar\u00e1n a las restricciones previstas para este sector. <\/span><\/span><\/td>\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">Apertura de zonas com\u00fans limitadas a 1\/2 de aforo excepto hosteler\u00eda, restaurantes e cafeter\u00edas que se suxetar\u00e1n as restricciones previstas para este sector <\/span><\/span><\/td>\n<\/tr>\n<tr valign=\"TOP\">\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">OUTRAS ACTIVIDADES TUR\u00cdSTICAS<\/span><\/span><\/td>\n<td width=\"20%\"><\/td>\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">Turismo activo e<\/span><\/span><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">\u00a0de natureza permitido para pequenos grupos<\/span><\/span><\/td>\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">Permiso para a celebraci\u00f3n de vodas e grandes banquetes, a\u00ednda baixo control.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">Se permitir\u00e1 a visita a monumentos e outros equipamientos culturais, limitando su aforo a un tercio do habitual.<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">Turismo activo e de natureza para grupos m\u00e1is grandes<\/span><\/span><\/td>\n<td width=\"20%\"><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">Apertura de praias e piscinas de forma controlada<\/span><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">Se permitir\u00e1n as vodas para un n\u00famero m\u00e1is amplio de asistentes.<\/span><\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Documentos de inter\u00e9s:<\/strong><\/p>\n<blockquote><p><a href=\"https:\/\/www.lamoncloa.gob.es\/consejodeministros\/resumenes\/Documents\/2020\/PlanTransicionNuevaNormalidad.pdf\" target=\"_blank\">Plan para a transici\u00f3n cara unha nova normalidade (PDF)<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.lamoncloa.gob.es\/consejodeministros\/resumenes\/Documents\/2020\/28042020_Anexo%20II%20FASES.pdf\" target=\"_blank\">Anexo I: Panel de indicadores integral (PDF)<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.lamoncloa.gob.es\/consejodeministros\/resumenes\/Documents\/2020\/28042020_Anexo%20I%20PANEL%20DE%20INDICADORES.pdf\" target=\"_blank\">Anexo II: Previsi\u00f3n orientativa para o levantamento das limitaci\u00f3ns de \u00e1mbito nacional establecidas no<\/a><a href=\"https:\/\/www.lamoncloa.gob.es\/consejodeministros\/resumenes\/Documents\/2020\/28042020_Anexo%20I%20PANEL%20DE%20INDICADORES.pdf\" target=\"_blank\">\u00a0estado de alarma (PDF)<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.lamoncloa.gob.es\/consejodeministros\/resumenes\/Documents\/2020\/28042020_Anexo%20III%20CRONOGRAMA.pdf\" target=\"_blank\">Anexo III: Cronograma orientativo (PDF)<\/a><\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, o Goberno anunciou o proceso de desescalada farase en funci\u00f3n do control da epidemia en cada provincia e \u00e1 velocidade que permita a situaci\u00f3n sanitaria desa zona, de acordo con criterios obxectivos. O paso dunha fase a outra en cada lugar determinarase en funci\u00f3n das capacidades &#8230; <a title=\"Aprobado o Plan para a Transici\u00f3n cara a unha Nova Normalidade que establece as fases de sa\u00edda tras a crise provocada polo COVID-19.\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/aprobado-o-plan-para-a-transicion-cara-a-unha-nova-normalidade-que-establece-as-fases-de-saida-tras-a-crise-provocada-polo-covid-19\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Aprobado o Plan para a Transici\u00f3n cara a unha Nova Normalidade que establece as fases de sa\u00edda tras a crise provocada polo COVID-19.\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29201","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29201","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29201"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29201\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29201"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29201"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29201"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}