{"id":29216,"date":"2020-05-05T10:13:32","date_gmt":"2020-05-05T10:13:32","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-camino-de-santiago-contara-cunha-canle-propia-en-google\/"},"modified":"2020-05-05T10:13:32","modified_gmt":"2020-05-05T09:13:32","slug":"o-camino-de-santiago-contara-cunha-canle-propia-en-google","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-camino-de-santiago-contara-cunha-canle-propia-en-google\/","title":{"rendered":"O Cami\u00f1o de Santiago contar\u00e1 cunha canle propia en Google"},"content":{"rendered":"<h4>A Xunta trasladou ao Consello Xacobeo a necesidade de que a Ruta Xacobea conte coa s\u00faa propio &#8220;protocolo de medidas sanitarias espec\u00edfico&#8221; para reactivar o Cami\u00f1o de Santiago e reorientar o Xacobeo 2021.<\/h4>\n<p>A Xunta e Google colaborar\u00e1n na difusi\u00f3n e promoci\u00f3n internacional do Cami\u00f1o de Santiago a trav\u00e9s da creaci\u00f3n dunha canle de contidos que divulgue a riqueza cultural do Cami\u00f1o na s\u00faa condici\u00f3n de Patrimonio Mundial da Unesco, segundo avanzou a administraci\u00f3n auton\u00f3mica tras a reuni\u00f3n telem\u00e1tica do Consello Xacobeo, no que Galicia convidou o resto de comunidades a sumarse a este proxecto.<\/p>\n<p>A canle abrirase na <a href=\"https:\/\/artsandculture.google.com\/\" target=\"_blank\">plataforma Google Arts&amp;Culture<\/a>, o proxecto cultural estrela de Google, que contempla a creaci\u00f3n de exposici\u00f3ns interactivas, a dixitalizaci\u00f3n a grand escala de varios Cami\u00f1os e dunha selecci\u00f3n de monumentos e bens de interese cultural coa tecnolox\u00eda Street View. Google est\u00e1 a planificar o inicio das gravaci\u00f3ns baixo a coordinaci\u00f3n da Xunta, trav\u00e9s da Amtega e a Conseller\u00eda de Cultura e Turismo.<\/p>\n<p>At\u00e9 o momento non exist\u00eda ningunha exposici\u00f3n virtual deste calado dedicada ao Cami\u00f1o e o fen\u00f3meno xacobeo desde a s\u00faa dimensi\u00f3n art\u00edstica, cultural e patrimonial. O seu papel como elemento vertebrador de Europa trasl\u00e1dase as\u00ed as novas contornas que, como est\u00e1 a demostrar a actual crise sanitaria, \u00e9 un \u00e1mbito privilexiado para o uso, consumo e desfrute cultural, as\u00ed como un punto de encontro de persoas e pobos cun potencial enorme.<\/p>\n<p><strong>Seguridade e planificaci\u00f3n<\/strong><br \/>\nAdemais, a Xunta atopou consenso na s\u00faa proposta de crear un protocolo de medidas sanitarias espec\u00edfico para a Ruta Xacobea, que se desenvolver\u00e1 a trav\u00e9s do Instituto para a Calidade Tur\u00edstica Espa\u00f1ola (ICTE), con quen a Conseller\u00eda de Cultura e Turismo est\u00e1 xa traballando. Tam\u00e9n se coincidiu na petici\u00f3n galega de ampliar as desgravaci\u00f3ns fiscais polo Ano Santo durante todo o 2022, unha medida que at\u00e9 agora conclu\u00eda o 30 de setembro de 2021, e que estimular\u00eda os recursos persoais e multiplicar\u00eda a s\u00faa repercusi\u00f3n, tal e como explicaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mar\u00eda del Carmen Mart\u00ednez Insua, como representantes da Xunta de Galicia.<\/p>\n<p>Igualmente, anunciaron a posta en marcha dunha nova iniciativa que permitir\u00e1 mellorar as destrezas comunicativas en idiomas dos profesionais que traballan no Cami\u00f1o. Para iso, ofreceranse conversaci\u00f3ns online con peregrinos de distintas partes do mundo que, ademais de mellorar as competencias ling\u00fc\u00edsticas, far\u00e1n posible intercambiar experiencias.<\/p>\n<p>As persoas interesadas poden apuntarse de maneira gratu\u00edta e obter m\u00e1is informaci\u00f3n en <a href=\"http:\/\/www.caminodesantiago.gal\/conversas-en-ingle\" target=\"_blank\">www.caminodesantiago.gal\/conversas-en-ingle<\/a>s. Deber\u00e1n contar cos medios tecnol\u00f3xicos id\u00f3neos, unha dispo\u00f1ibilidade de tempo que contemple os diferentes fusos horarios noutros continentes e un nivel m\u00ednimo de ingl\u00e9s que permita practicar unha conversaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>An\u00e1lise do impacto da crise no Cami\u00f1o<\/strong><br \/>\nDesde Galicia, exp\u00faxose o traballo en marcha co obxectivo de impulsar o Xacobeo 2021 como un elemento de reactivaci\u00f3n econ\u00f3mica a trav\u00e9s da creaci\u00f3n dun grupo de expertos composto por membros de asociaci\u00f3ns de amigos do Cami\u00f1o, a Igrexa ou a administraci\u00f3n local, ademais de expertos do \u00e1mbito econ\u00f3mico, cultural e tur\u00edstico da Comunidade, entre outros. Ademais, a Xunta traballa xa coa Universidade de Santiago, a trav\u00e9s do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega), na elaboraci\u00f3n dun estudo sobre o impacto da crise sanitaria no Cami\u00f1o, unha ferramenta indispensable para orientar as pol\u00edticas p\u00fablicas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Xunta trasladou ao Consello Xacobeo a necesidade de que a Ruta Xacobea conte coa s\u00faa propio &#8220;protocolo de medidas sanitarias espec\u00edfico&#8221; para reactivar o Cami\u00f1o de Santiago e reorientar o Xacobeo 2021. A Xunta e Google colaborar\u00e1n na difusi\u00f3n e promoci\u00f3n internacional do Cami\u00f1o de Santiago a trav\u00e9s da creaci\u00f3n dunha canle de contidos &#8230; <a title=\"O Cami\u00f1o de Santiago contar\u00e1 cunha canle propia en Google\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-camino-de-santiago-contara-cunha-canle-propia-en-google\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O Cami\u00f1o de Santiago contar\u00e1 cunha canle propia en Google\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29216","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29216","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29216"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29216\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29216"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29216"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29216"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}