{"id":29234,"date":"2020-05-12T12:22:25","date_gmt":"2020-05-12T12:22:25","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/os-guias-turisticos-ante-o-novo-escenario-post-covid-control-de-aforamentos-desinfeccion-e-medidas-de-distanciamento-social\/"},"modified":"2020-05-12T12:22:25","modified_gmt":"2020-05-12T11:22:25","slug":"os-guias-turisticos-ante-o-novo-escenario-post-covid-control-de-aforamentos-desinfeccion-e-medidas-de-distanciamento-social","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-guias-turisticos-ante-o-novo-escenario-post-covid-control-de-aforamentos-desinfeccion-e-medidas-de-distanciamento-social\/","title":{"rendered":"Os gu\u00edas tur\u00edsticos ante o novo escenario post covid: control de aforamentos, desinfecci\u00f3n e medidas de distanciamento social"},"content":{"rendered":"<p>A gu\u00eda de directrices e recomendaci\u00f3ns elaborada polo ICTE en colaboraci\u00f3n con <a href=\"http:\/\/www.cefapit.com\/\" target=\"_blank\">CEFAPIT (Confederaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Federaci\u00f3ns e Asociaci\u00f3ns de Gu\u00edas de Turismo)<\/a> recolle os novos requisitos e recomendaci\u00f3ns que estes profesionais deber\u00e1n contemplar na prestaci\u00f3n de servizos entre os que destaca medidas preventivas para o dese\u00f1o das s\u00faas actividades como a de establecer percorridos de sentido \u00fanico para evitar cruzarse con outros gupos, evitar zonas de aglomeraci\u00f3ns ou espazos reducidos con aforamentos limitados.<\/p>\n<p>A gu\u00eda establece ademais, que o gu\u00eda deber\u00e1 limitar o n\u00famero m\u00e1ximo de persoas \u00e1s que ofrecer o servizo de maneira segura; realizar paradas explicativas en lugares abertos ou establecer un \u00fanico punto de subida ou recollida de usarios, para concentrar explicaci\u00f3ns en canto a condutas e medidas hixi\u00e9nico-sanitarias a tomar.<\/p>\n<p>Ademais, o documento establece que o gu\u00eda de turismo deber\u00e1 solicitar aos provedores cos que queira contratar un servizo, como aloxamentos, restaurantes, autocares, museos, monumentos ou centros de visitantes, os protocolos que se apliquen en cada un deles para cumprir coas medidas hixi\u00e9nico sanitarias e evitar o contaxio por Covid-19. Se isto non fose posible, solicitarase, polo menos, a aqueles cos que m\u00e1is se traballa.<\/p>\n<p>Desta forma os gu\u00edas ter\u00e1n o reto de que a colaboraci\u00f3n cos seus provedores garanta o cumprimento das medidas de seguridade. Neste sentido, encargaranse tam\u00e9n de xestionar a entrada aos museos, monumentos e hoteis de forma graduada, para poder cumprir as medidas que se apliquen en cada un destes espazos.<\/p>\n<p>Por outra banda, se a visita incl\u00fae servizo de transporte en autob\u00fas ou similar, este realizarase de acordo \u00e1 normativa vixente en cada momento: espazo entre clientes, distancia de seguridade co condutor, etc. Tam\u00e9n se recomenda que os gu\u00edas prioricen a contrataci\u00f3n de provedores de servizos que puxesen en marcha protocolos de prevenci\u00f3n fronte ao Covid-19.<\/p>\n<p><strong>Pautas ao comezo de cada visita<\/strong><br \/>\nOs turistas que contraten unha visita recibir\u00e1n, ademais do orzamento, un documento aclaratorio das medidas de prevenci\u00f3n que se tomar\u00e1n en materia de hixiene e seguridade durante o desenvolvemento do servizo, preferentemente no idioma materno do cliente, ou, na s\u00faa falta, en ingl\u00e9s. Estas medidas de seguridade comunicaranse tam\u00e9n ao comezo de cada visita, onde se lembrar\u00e1 aos turistas a importancia de respectar as distancias de seguridade, non tocar superficies ou o uso de m\u00e1scara.<\/p>\n<p>No que ten que ver cos materiais que se proporcionan nas visitas, como as radiogu\u00edas, estas deben estar debidamente desinfectadas ou ser dun s\u00f3 uso. Tam\u00e9n se poden considerar alternativas, como aplicaci\u00f3ns que funcionen co m\u00f3bil do turista. Durante as visitas tampouco se dar\u00e1n mapas e folletos, polo menos como norma xeral, xa que, se isto non \u00e9 posible, deben estar plastificados e ser de f\u00e1cil limpeza e desinfecci\u00f3n.<\/p>\n<p>Ademais, \u00e1 hora de pagar evitarase o uso de di\u00f1eiro en efectivo e priorizarase o do cart\u00f3n ou outros medios electr\u00f3nicos e o pago previo por p\u00e1xina web.<\/p>\n<p><strong>Un plan de continxencia dese\u00f1ado polos gu\u00edas<\/strong><br \/>\nPor outra banda, o protocolo encargado pola Secretar\u00eda de Estado de Turismo ao ICTE para estes profesionais incl\u00fae a necesidade de p\u00f3r en marcha un plan de continxencia que incl\u00faa todas as medidas de seguridade que se aplicar\u00e1n durante as visitas. Tam\u00e9n ter\u00e1 que reflectir, entre outras cuesti\u00f3ns, as medidas adicionais que se vaian a adoptar no caso de que se observe un cliente con sintomatolog\u00eda compatible con Covid-19 e a asignaci\u00f3n de recursos materiais, inclu\u00edda a determinaci\u00f3n do uso de Equipos de Protecci\u00f3n Individual (EPIS) atendendo \u00e1s necesidades derivadas da an\u00e1lise previa.<\/p>\n<blockquote><p><a href=\"https:\/\/www.mincotur.gob.es\/es-es\/COVID-19\/GuiasSectorTurismo\/Guias_de_turismo.pdf\" target=\"_blank\">Consulta a gu\u00eda de recomendaci\u00f3ns elaborada polo ICTE<\/a><\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A gu\u00eda de directrices e recomendaci\u00f3ns elaborada polo ICTE en colaboraci\u00f3n con CEFAPIT (Confederaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Federaci\u00f3ns e Asociaci\u00f3ns de Gu\u00edas de Turismo) recolle os novos requisitos e recomendaci\u00f3ns que estes profesionais deber\u00e1n contemplar na prestaci\u00f3n de servizos entre os que destaca medidas preventivas para o dese\u00f1o das s\u00faas actividades como a de establecer percorridos &#8230; <a title=\"Os gu\u00edas tur\u00edsticos ante o novo escenario post covid: control de aforamentos, desinfecci\u00f3n e medidas de distanciamento social\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-guias-turisticos-ante-o-novo-escenario-post-covid-control-de-aforamentos-desinfeccion-e-medidas-de-distanciamento-social\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Os gu\u00edas tur\u00edsticos ante o novo escenario post covid: control de aforamentos, desinfecci\u00f3n e medidas de distanciamento social\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29234","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29234","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29234"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29234\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29234"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29234"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29234"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}