{"id":29243,"date":"2020-05-13T11:50:45","date_gmt":"2020-05-13T11:50:45","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-xunta-acordara-co-sector-turistico-un-modelo-propio-que-eleve-os-estandares-de-seguridade-sanitaria-para-galicia\/"},"modified":"2020-05-13T11:50:45","modified_gmt":"2020-05-13T10:50:45","slug":"a-xunta-acordara-co-sector-turistico-un-modelo-propio-que-eleve-os-estandares-de-seguridade-sanitaria-para-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-acordara-co-sector-turistico-un-modelo-propio-que-eleve-os-estandares-de-seguridade-sanitaria-para-galicia\/","title":{"rendered":"A Xunta acordar\u00e1 co sector tur\u00edstico un modelo propio que eleve os est\u00e1ndares de seguridade sanitaria para Galicia"},"content":{"rendered":"<h4>O conselleiro de Cultura e Turismo, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, fixo este anuncio na s\u00faa comparecencia parlamentaria para explicar o Plan de Reactivaci\u00f3n para os sectores tur\u00edsico e cultural, dotado con 27 mill\u00f3ns de euros<\/h4>\n<p>O conselleiro de Cultura e Turismo, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, compareci\u00f3n na Deputaci\u00f3n Permanente do Parlamento para dar conta do Plan de Reactivaci\u00f3n para os sectores cultural e tur\u00edstico impulsado pola Xunta de Galicia. Nesta comparecencia o titular de Cultura e Turismo anunciou a intenci\u00f3n da Xunta de dotar a Galicia cun modelo propio en materia de calidade e seguridade que eleve os est\u00e1ndares de seguridade sanitaria por encima do que at\u00e9 agora obriga a normativa aprobada no BOE. Neste sentido, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez sinala que o sistema establecido polo Goberno central pode xerar desigualdades, dando lugar a un sector tur\u00edtico a d\u00faas velocidades &#8211; aqueles que se rigan pola norma do BOE e aqueles que adopten as medidas impulsadas polo ICTE-, o que debilita ao destino Galicia.<\/p>\n<p>&#8220;Galicia, destino seguro \u00e9 moito m\u00e1is que uno lema. \u00c9 un deber e unha responsabilidade compartida entre o sector empresarial e as administraci\u00f3ns&#8221;, puntualizou considerando que a resposta do Goberno central nesta materia foi &#8220;insuficiente&#8221;, ao limitarse a publicar o s\u00e1bado no Bolet\u00edn Oficial do Estado (BOE) unha serie de ordes xen\u00e9ricas con indicaci\u00f3ns para as diferentes \u00e1reas do turismo, e o propio domingo, un d\u00eda antes da reapertura, unhas gu\u00edas con recomendaci\u00f3ns espec\u00edficas para cada actividade.<\/p>\n<p>Durante a s\u00faa intervenci\u00f3n, o titular de Cultura e Turismo destacou que garantir a confianza e a seguridade dos potenciais visitantes \u00e9 fundamental para a recuperaci\u00f3n do sector tur\u00edstico e por iso avanzou que a Xunta apostar\u00e1 na sa\u00edda da crise pola calidade como elemento diferenciador. Para iso explicou que a Xunta acordar\u00e1 co sector establecer protocolos consensuados que poidan ser asumidos pola totalidade dos establecementos, xerando desta maneira confianza entre traballadores e usuarios. O Goberno galego acompa\u00f1ar\u00e1 este proceso cun investimento de 5 mill\u00f3ns de euros a trav\u00e9s do programa Galicia, destino seguro, que recolle axudas p\u00fablicas e formaci\u00f3n para os negocios que precisen acometer actuaci\u00f3ns que se deriven da s\u00faa aplicaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Aposta polo detalle, a calidade e a confianza do destino<\/strong><br \/>\nO conselleiro de Cultura e Turismo aclarou que a folla de ruta elaborada pola Xunta para a reactivaci\u00f3n do sector tur\u00edstico contempla un total de 24 iniciativas, dotadas con at\u00e9 11 mill\u00f3ns de euros, enmarcadas en catro eixos de actuaci\u00f3n:<\/p>\n<ul>\n<li>O primeiro deles c\u00e9ntrase na posta en marcha de acci\u00f3ns de promoci\u00f3n e de activaci\u00f3n da demanda, impulsando Galicia como un destino caracterizado por valores como a seguridade, a sa\u00fade ou a sustentabilidade e no que tam\u00e9n se apostar\u00e1 por tecer sinerx\u00edas entre a nosa Comunidade e o norte de Portugal. Neste \u00e1mbito rec\u00f3llense proxectos como o impulso de Galicia como destino para o turismo de congresos adaptado \u00e1 nova realidade. Co obxectivo de financiar preto de 50 eventos no \u00faltimo cuadrimestre do ano, a Xunta publicar\u00e1 ma\u00f1\u00e1 incluso unha orde de ampliaci\u00f3n de prazos dotada con 500.000 euros.<\/li>\n<li>O segundo eixo de actuaci\u00f3n, subli\u00f1ou Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, pasa pola creaci\u00f3n de novos produtos tur\u00edsticos da man de axentes como os geodestinos, potenciando o turismo local, ou a firma de acordos coas diferentes entidades sectoriais para adaptar toda a cadea de valor do sector \u00e1 evoluci\u00f3n do mercado.<\/li>\n<li>O terceiro vector do plan contempla medidas de apoio ao sector empresarial e ao mantemento do emprego tur\u00edstico a trav\u00e9s de acci\u00f3ns como o programa Queda en Galicia, polo que se cubrir\u00e1n os gastos derivados do financiamento dos produtos mercados en axencias de viaxes e priorizarase o turismo local e de proximidade, ou o Bono solidario, que gratificar\u00e1 con paquetes tur\u00edsticos en Galicia aos profesionais auton\u00f3micos vinculados \u00e1 loita contra o coronavirus.<\/li>\n<li>Por \u00faltimo, o cuarto eixo pasa por reforzar a formaci\u00f3n e a mellora da competitividade dos negocios, ampliando o Plan de teleformaci\u00f3n a cargo do Centro Superior de Hostalar\u00eda de Galicia (CSHG), no que xa participaron m\u00e1is de 3.000 persoas durante o estado de alarma, ou implementando un sistema de asesoramento e consulta.<\/li>\n<\/ul>\n<p>&#8220;\u00c9 un plan que aposta polo turismo de autor, por un modelo propio&#8221;, resumiu o conselleiro, que destacou a importancia de ?apostar polo detalle, a calidade e a confianza do destino?, tal e como vimos facendo coa nosa capacidade de acollida no Cami\u00f1o de Santiago. Precisamente no que se refire \u00e1 Ruta Xacobea, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez anunciou que nas pr\u00f3ximas semanas activarase o Fondo Xacobeo 2021, dotado cun investimento de 1,5 mill\u00f3ns de euros para financiar iniciativas culturais profesionais cos que comenzar\u00e1na traballar no que definiu como &#8220;o Xacobeo m\u00e1is galego da historia&#8221;. E \u00e9 que o Plan de Reactivaci\u00f3n compl\u00e9tase con doce medidas centradas na celebraci\u00f3n do Xacobeo 2021, dotadas m\u00e1is de 5,6 mill\u00f3ns de euros, con incidencia tanto no campo cultural como o tur\u00edstico.<\/p>\n<p>Entre elas, anunciou a activaci\u00f3n nas pr\u00f3ximas semanas dun fondo de proxectos que inxectar\u00e1 liquidez inmediata nas industrias culturais da Comunidade e que contemplar\u00e1 axudas de at\u00e9 10.000 euros para a posta en marcha de proxectos dixitais ou presenciais. Do mesmo xeito, fomentarase a compra de obras de artistas galegos e impulsaranse acci\u00f3ns no campo musical como unha convocatoria de proxectos para este sector por m\u00e1is de 1 mill\u00f3n de euros ou o apoio aos ciclos musicais do Xacobeo ou FEST Galicia.<\/p>\n<p>Finalmente o titular de Culura e Turismo lembrou que a reactivaci\u00f3n destes dous sectores \u00e9 un !desaf\u00edo compartido! e chamou \u00e1s diferentes administraci\u00f3ns a crear sinerx\u00edas e traballar conxuntamente, evitando duplicidades e concentrando o esforzo econ\u00f3mico no impulso do tecido produtivo e o mantemento do emprego no campo cultural e tur\u00edstico. Precisamente, o conselleiro quixo agradecer durante a s\u00faa comparecencia o esforzo dos profesionais destes dous sectores nas \u00faltimas semanas. !Son moitas as persoas e colectivos que demostraron que Galicia estivo \u00e1 altura!, valorou.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O conselleiro de Cultura e Turismo, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, fixo este anuncio na s\u00faa comparecencia parlamentaria para explicar o Plan de Reactivaci\u00f3n para os sectores tur\u00edsico e cultural, dotado con 27 mill\u00f3ns de euros O conselleiro de Cultura e Turismo, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, compareci\u00f3n na Deputaci\u00f3n Permanente do Parlamento para dar conta do Plan de Reactivaci\u00f3n para &#8230; <a title=\"A Xunta acordar\u00e1 co sector tur\u00edstico un modelo propio que eleve os est\u00e1ndares de seguridade sanitaria para Galicia\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-xunta-acordara-co-sector-turistico-un-modelo-propio-que-eleve-os-estandares-de-seguridade-sanitaria-para-galicia\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A Xunta acordar\u00e1 co sector tur\u00edstico un modelo propio que eleve os est\u00e1ndares de seguridade sanitaria para Galicia\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2540,3737],"tags":[],"class_list":["post-29243","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-cluster","category-cluster-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29243","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29243"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29243\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29243"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29243"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29243"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}