{"id":29261,"date":"2020-05-22T04:17:41","date_gmt":"2020-05-22T04:17:41","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/a-garantia-sanitaria-a-flexibilizacion-e-a-confianza-elementos-craves-para-a-reactivacion-do-turismo-na-provincia-de-pontevedra\/"},"modified":"2020-05-22T04:17:41","modified_gmt":"2020-05-22T03:17:41","slug":"a-garantia-sanitaria-a-flexibilizacion-e-a-confianza-elementos-craves-para-a-reactivacion-do-turismo-na-provincia-de-pontevedra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-garantia-sanitaria-a-flexibilizacion-e-a-confianza-elementos-craves-para-a-reactivacion-do-turismo-na-provincia-de-pontevedra\/","title":{"rendered":"A garant\u00eda sanitaria, a flexibilizaci\u00f3n e a confianza, elementos craves para a reactivaci\u00f3n do turismo na provincia de Pontevedra"},"content":{"rendered":"<h4>A Deputaci\u00f3n de Pontevedra presentou o avance do Plan de Reactivaci\u00f3n do destino Pontevedra Provincia<\/h4>\n<p>Seguridade e confianza, pero tam\u00e9n adaptaci\u00f3n da comercializaci\u00f3n e da promoci\u00f3n do destino e colaboraci\u00f3n e capacitaci\u00f3n para o sector. Estas son algunhas das claves do avance do Plan de Reactivaci\u00f3n do destino Pontevedra provincia, impulsado pola <a href=\"https:\/\/www.depo.gal\/\" target=\"_blank\">Deputaci\u00f3n da Pontevedra<\/a> como consecuencia da crise sanitaria provocada polo coronavirus. Neste sentido a presidenta da Deputaci\u00f3n incidiu na necesidade de converter \u00e1 provincia nun destino seguro, sustentable e inclusivo e fixo fincap\u00e9 nas primeiras medidas postas en marcha desde o ente provincial: seguridade e confianza na rede Info R\u00edas Baixas, na comercializaci\u00f3n e adaptaci\u00f3n da promoci\u00f3n do destino, na colaboraci\u00f3n con eventos tur\u00edsticos e no apoio e capacitaci\u00f3n do sector.<\/p>\n<p>Todas elas ve\u00f1en estruturadas no cinco eixos de actuaci\u00f3n do plan que son o financiamento, aspectos legais e a fiscalidade; a prevenci\u00f3n da seguridade, sa\u00fade e hixiene elaborando protocolos claros e plans de garant\u00eda sanitaria; a dixitalizaci\u00f3n e a competitividade centradas no liderado empresarial e fortalecemento a trav\u00e9s da capacitaci\u00f3n, innovaci\u00f3n e emprendimiento; o fomento da demanda de produtos e servizos tur\u00edsticos da provincia ligados ao consumo local e a adaptaci\u00f3n da promoci\u00f3n do destino R\u00edas Baixas.<\/p>\n<p>Da an\u00e1lise de tendencias realizadas mediante o Plan de Reactivaci\u00f3n do destino Pontevedra provincia p\u00f3dese extraer xa que para garantir o \u00e9xito \u00e9 preciso cumprir con tres requisitos: &#8220;a garant\u00eda sanitaria e todo o que ten que ver coa seguridade e hixiene e a non masificaci\u00f3n, a flexibilizaci\u00f3n en canto \u00e1s cancelaci\u00f3ns ou cambios de plans e a confianza que ser\u00e1n os que determinen que as persoas turistas dec\u00e1ntense por un lugar determinado&#8221;, asegurou Carmela Silva. Neste campo, a presidenta fixo fincap\u00e9 na importancia de estar &#8220;moi alerta para atender \u00e1 demanda nova e adiantarnos provocando cambios na oferta&#8221; tendo en conta, ademais que, nestes momentos, &#8220;estudos, portais de turismo e expertas e expertos sit\u00faannos como un dos destinos m\u00e1is atractivos para este ver\u00e1n&#8221;.<\/p>\n<p>Silva adiantou que se aprobou xa un plan de continxencia para as oficinas adheridas a Turismo R\u00edas Baixas para a contrataci\u00f3n de persoal, cun orzamento de 250.000 euros, para financiar a contrataci\u00f3n de 27 persoas para tarefas de informaci\u00f3n nestas oficinas situadas en 21 concellos da provincia.<\/p>\n<p>En canto \u00e1 comercializaci\u00f3n e adaptaci\u00f3n da promoci\u00f3n do destino o aspecto prioritario \u00e9 ofertar actividades ligadas a experiencias locais e sustentables, evitando aglomeraci\u00f3ns e apostando pola natureza e espazos ao aire libre, polo turismo responsable, inclusivo e sustentable, reforzando m\u00e1rcaa R\u00edas Baixas. Ao respecto da comercializaci\u00f3n, Carmela Silva adiantou que esta semana se licitou, por valor de 116.000 euros para o 2020 e prorrogable a outros tres anos m\u00e1is, a asistencia t\u00e9cnica integral para a celebraci\u00f3n de workshops e misi\u00f3ns comerciais sectoriais no mercado nacional e norte de Portugal, en sinton\u00eda co Cl\u00faster de Turismo de Galicia.<\/p>\n<p>En canto \u00e1 promoci\u00f3n, lembrou que est\u00e1n en marcha campa\u00f1as de produtos de proximidade e o arranque da nova campa\u00f1a de comercio local. Neste mesmo campo, est\u00e1 en funcionamento a adaptaci\u00f3n do plan de comunicaci\u00f3n do destino, centrado tam\u00e9n no mercado de proximidade, ao que se destinan 150.000 euros para a promoci\u00f3n da provincia como destino seguro a trav\u00e9s dunha nova campa\u00f1a online e off line.<\/p>\n<p>Outra das medidas en marcha \u00e9 a colaboraci\u00f3n con eventos tur\u00edsticos, ben sexan deportivos, festivais musicais ou audiovisuais e relacionados coa organizaci\u00f3n de congresos e eventos (MICE). &#8220;Imos destinar recursos tanto aos que se celebren este ano como a aqueles que pasan ao 2021, para garantir que non se perdan eventos que te\u00f1en tanta capacidade de atracci\u00f3n tur\u00edstica&#8221;, asegurou a presidenta da Deputaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Finalmente, entre as medidas xa lanzadas pola Deputaci\u00f3n de Pontevedra para reactivar o turismo at\u00f3pase a capacitaci\u00f3n do sector e a necesidade de apostar pola dixitalizaci\u00f3n dos negocios para garantir a s\u00faa competitividade. Ademais, e neste aspecto, a presidenta explicou que &#8220;imos continuar coa formaci\u00f3n online iniciada en abril cos establecementos adheridos ao SICTED, temos en marcha unha aceleradora que comeza a s\u00faa andaina a partir do 25 de maio e lanzamos sesi\u00f3ns formativas orientadas ao turismo&#8221;. Tam\u00e9n informou que continuar\u00e1n os asesoramentos a pemes e persoas aut\u00f3nomas con informaci\u00f3n pr\u00e1ctica sobre cuesti\u00f3ns fiscais, laborais ou de comercializaci\u00f3n e adiantou que se est\u00e1 elaborando un documento para facilitar e garantir a transparencia, viabilidade e supervivencia e tecido empresarial tur\u00edstico da provincia, as\u00ed como o emprego.<\/p>\n<blockquote><p>\n<a href=\"https:\/\/clusterturismogalicia.com\/wp-content\/uploads\/2020\/05\/PDF-PLAN-REACTIVACI\u00d3N.pdf\" target=\"_blank\">Plan de Reactivaci\u00f3n de Turismo R\u00edas Baixas (pdf)<\/a><\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Deputaci\u00f3n de Pontevedra presentou o avance do Plan de Reactivaci\u00f3n do destino Pontevedra Provincia Seguridade e confianza, pero tam\u00e9n adaptaci\u00f3n da comercializaci\u00f3n e da promoci\u00f3n do destino e colaboraci\u00f3n e capacitaci\u00f3n para o sector. Estas son algunhas das claves do avance do Plan de Reactivaci\u00f3n do destino Pontevedra provincia, impulsado pola Deputaci\u00f3n da Pontevedra &#8230; <a title=\"A garant\u00eda sanitaria, a flexibilizaci\u00f3n e a confianza, elementos craves para a reactivaci\u00f3n do turismo na provincia de Pontevedra\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/a-garantia-sanitaria-a-flexibilizacion-e-a-confianza-elementos-craves-para-a-reactivacion-do-turismo-na-provincia-de-pontevedra\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre A garant\u00eda sanitaria, a flexibilizaci\u00f3n e a confianza, elementos craves para a reactivaci\u00f3n do turismo na provincia de Pontevedra\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29261","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29261","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29261"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29261\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29261"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29261"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29261"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}