{"id":29306,"date":"2020-06-09T13:02:31","date_gmt":"2020-06-09T13:02:31","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/os-albergues-publicos-da-xunta-a-catedral-de-santiago-e-a-oficina-do-peregrino-coordinaranse-para-reabrir-o-1-de-xullo\/"},"modified":"2020-06-09T13:02:31","modified_gmt":"2020-06-09T12:02:31","slug":"os-albergues-publicos-da-xunta-a-catedral-de-santiago-e-a-oficina-do-peregrino-coordinaranse-para-reabrir-o-1-de-xullo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-albergues-publicos-da-xunta-a-catedral-de-santiago-e-a-oficina-do-peregrino-coordinaranse-para-reabrir-o-1-de-xullo\/","title":{"rendered":"Os albergues p\u00fablicos da Xunta, a Catedral de Santiago e a Oficina do Peregrino coordinaranse para reabrir o 1 de xullo"},"content":{"rendered":"<h4>A trav\u00e9s do programa &#8220;Cami\u00f1o Seguro&#8221; a Ruta Xacobeo contar\u00e1 cun manual integral para dar confianza aos peregrinos e apoiar a traballadores e empresas<\/h4>\n<p>Avanza a reactivaci\u00f3n do Cami\u00f1o de Santiago e unha das primeiras medidas palpables ser\u00e1 a reapertura coordinada dos albergues p\u00fablicos da Xunta de Galicia, a Oficina do Peregrino e a Catedral de Santiago, que ter\u00e1n lugar o pr\u00f3ximo 1 de xullo. Tr\u00e1tase dunha das medidas tomadas no marco da Comisi\u00f3n Organizadora do Xacobeo 2021, onde a Xunta de Galicia, a Igrexa compostel\u00e1 e o Concello de Santiago acordaron establecer unha data com\u00fan para esta apertura, no marco do programa &#8220;Cami\u00f1o Seguro&#8221;, co que se quere dar seguridade tanto aos peregrinos como \u00e1s empresas e concello vinculados ao Cami\u00f1o.<\/p>\n<p>Co fin precisamente, a Xunta ten en marcha iniciativas, tanto de formaci\u00f3n como de financiamento, para acompa\u00f1ar no proceso de adaptaci\u00f3n ao novo escenario, especialmente dirixidas aos albergues e empresas vinculadas, neste proceso de retorno gradual \u00e1 actividade. Neste sentido, desde a Xunta asegurou que ?queremos que os peregrinos poidan volver pronto ao Cami\u00f1o de Santiago?, ?pero a prioridade absoluta \u00e9 garantir a seguridade para os que percorren a ruta, e para os profesionais ou voluntarios que est\u00e1n presentes no seu d\u00eda a d\u00eda?, polo que confirmou que os albergues da rede p\u00fablica cuxa xesti\u00f3n dependa exclusivamente do Goberno auton\u00f3mico abrir\u00e1n de maneira gradual, en funci\u00f3n da oferta de prazas de aloxamento totais nos albergues de cada concello, unha medida que foi suxerida desde os propios albergues.<\/p>\n<p><strong>Seguridade sanitaria<\/strong><br \/>\nNo que se refire ao programa Cami\u00f1o Seguro, cuxo obxectivo \u00e9 a coordinaci\u00f3n entre os organismos xestores e axentes presentes na ruta?, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez sinalou que o manual preventivo para o Cami\u00f1o esta practicamente terminado, a falta da s\u00faa validaci\u00f3n definitiva por parte das autoridades sanitarias. Elaborado en coordinaci\u00f3n co Instituto para a Calidade Tur\u00edstica Espa\u00f1ola (ICTE), servir\u00e1 como protocolo integral de actuaci\u00f3n nos itinerarios xacobeos, agrupando nun \u00fanico documento medidas e recomendaci\u00f3ns nos diferentes servizos e infraestruturas que o peregrino atopa ao longo do Cami\u00f1o. Este documento, desenvolvido a iniciativa de Galicia, foi xa posto a disposici\u00f3n do resto de comunidades aut\u00f3nomas no Consello Xacobeo.<\/p>\n<p><strong>Formaci\u00f3n e axudas directas<\/strong><br \/>\nEntre as medidas de cami\u00f1o Seguro, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez referiuse tam\u00e9n aos cursos en li\u00f1a de formaci\u00f3n en materia de seguridade hixi\u00e9nico-sanitaria dirixido a traballadores de albergues, que comezaron a impartirse cunha oferta inicial de 500 prazas.<\/p>\n<p>Igualmente lembrou a convocatoria de axudas directas, por valor de 6 mill\u00f3ns de euros para que o sector tur\u00edstico e da restauraci\u00f3n poida adaptar os seus negocios, unha li\u00f1a que tam\u00e9n est\u00e1 aberta para os establecementos do Cami\u00f1o. Estes te\u00f1en a s\u00faa disposici\u00f3n o servizo de asesoramento a trav\u00e9s do tel\u00e9fono gratu\u00edto 900 815 334 e o correo electr\u00f3nico a <a href=\"mailto:info-galiciadestinoseguro@xunta.gal\" target=\"_blank\">info-galiciadestinoseguro@xunta.gal<\/a>, para resolver d\u00fabidas de seguridade sanitaria.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A trav\u00e9s do programa &#8220;Cami\u00f1o Seguro&#8221; a Ruta Xacobeo contar\u00e1 cun manual integral para dar confianza aos peregrinos e apoiar a traballadores e empresas Avanza a reactivaci\u00f3n do Cami\u00f1o de Santiago e unha das primeiras medidas palpables ser\u00e1 a reapertura coordinada dos albergues p\u00fablicos da Xunta de Galicia, a Oficina do Peregrino e a Catedral &#8230; <a title=\"Os albergues p\u00fablicos da Xunta, a Catedral de Santiago e a Oficina do Peregrino coordinaranse para reabrir o 1 de xullo\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/os-albergues-publicos-da-xunta-a-catedral-de-santiago-e-a-oficina-do-peregrino-coordinaranse-para-reabrir-o-1-de-xullo\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Os albergues p\u00fablicos da Xunta, a Catedral de Santiago e a Oficina do Peregrino coordinaranse para reabrir o 1 de xullo\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29306","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29306","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29306"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29306\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29306"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29306"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29306"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}