{"id":29315,"date":"2020-06-15T17:46:44","date_gmt":"2020-06-15T17:46:44","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/galicia-estrea-a-nova-normalidade\/"},"modified":"2020-06-15T17:46:44","modified_gmt":"2020-06-15T16:46:44","slug":"galicia-estrea-a-nova-normalidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-estrea-a-nova-normalidade\/","title":{"rendered":"Galicia estrea a &#8220;nova normalidade&#8221;"},"content":{"rendered":"<h4>Aforamentos ao 75% en Galicia, m\u00e1scaras e distanciamento social marcar\u00e1n o comezo desta nova fase tras o final da estado de alarma para os nosos territorios<\/h4>\n<p>Galicia alcanzou a denominada &#8220;nova normalidade&#8221; adiant\u00e1ndose practicamente unha semana ao resto do territorio espa\u00f1ol, tras obter a autorizaci\u00f3n do Goberno Central para dar por conclu\u00eddo o estado de alarma no noso territorio. A <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2020\/20200613\/AnuncioC3K1-120620-1_gl.html\" target=\"_blank\">resoluci\u00f3n publicada no DOGA do 13 de xu\u00f1o<\/a> recolle as medidas que se observar\u00e1n superada a fase 3 e durante este per\u00edodo que agora se abre de ?nova normalidade? co que conviviremos seguramente nos pr\u00f3ximos meses, marcados pola mascarillla, o destanciamiento social e a prevenci\u00f3n e a hixiene individual para evitar novos rebrotes da pandemia.<\/p>\n<p>A resoluci\u00f3n da Xunta recolle as\u00ed unha serie de restrici\u00f3ns marcadas polos l\u00edmites de aforamento ao 75% en establecementos pechados e do 80% en terrazas e supo\u00f1en a apertura de Galicia a comunidades aut\u00f3nomas con situaci\u00f3ns epidemiol\u00f3xicas iguais. Neste sentido, o presidente galego\u00a0pediu que o Goberno central estableza &#8220;as cautelas necesarias para que a mobilidade no territorio nacional se cont\u00e9mple unha vez que todas as comunidades aut\u00f3nomas esteamos na mesma situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica&#8221;. &#8220;Eu quero que a xente ve\u00f1a a Galicia, por suposto, pero levantar o estado de alarma non significa que poidan vir \u00e1 comunidade aquelas persoas que est\u00e1n nunha situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica distinta&#8221;, insistiu Feij\u00f3o.<\/p>\n<p>Se se cumpren as previsi\u00f3ns e non se producen rebrotes, a maior parte das comunidades aut\u00f3nomas pasar\u00edan \u00e1 &#8220;nova normalidade&#8221; a partir do 22 de xu\u00f1o, mentres que Madrid, Barcelona e as provincias de Castela e Le\u00f3n que se atopan en Fase 2 alcanzar\u00edan a nova normalidade d\u00faas semanas despois do fin do estado de alarma: o luns 6 de xullo.<\/p>\n<p><strong>Hoteis ao 75% da s\u00faa capacidade<\/strong><br \/>\nNos hoteis e aloxamentos tur\u00edsticos non poder\u00e1 superarse o 75% da s\u00faa capacidade, polo que cada establecemento debe establecer a capacidade dos distintos espazos com\u00fans e os lugares nos que se poden realizar eventos, ademais das condici\u00f3ns m\u00e1is seguras para a s\u00faa realizaci\u00f3n conforme \u00e1 capacidade m\u00e1xima e as medidas de hixiene e protecci\u00f3n.<\/p>\n<p>As actividades de animaci\u00f3n ou as clases grupales tam\u00e9n deben dese\u00f1arse e planificarse cunha capacidade m\u00e1xima de 25 persoas e deben respectarse as distancias de seguridade interpersoal entre os asistentes ou utilizar m\u00e1scara en caso contrario.<\/p>\n<p>Como establecen os protocolos para evitar o contaxio por Covid-19 en hoteis e establecementos tur\u00edsticos, realizarase a correspondente desinfecci\u00f3n das instalaci\u00f3ns. No caso das destinadas ao uso deportivo ou as piscinas ou ximnasios aplicaranse as medidas especificamente dese\u00f1adas para estes espazos.<\/p>\n<p><strong>Os albergues, ao 50% de ocupaci\u00f3n<\/strong><br \/>\nO aforamento ser\u00e1 inferior nos albergues tur\u00edsticos, polas s\u00faas caracter\u00edsticas especiais. Permitirase unha capacidade m\u00e1xima do 50% da s\u00faa capacidade total. As persoas titulares dos establecementos deben adoptar as medidas organizativas oportunas para evitar aglomeraci\u00f3ns e para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal no interior dos establecementos ou, na s\u00faa falta, utilizaranse as medidas de protecci\u00f3n f\u00edsica dos clientes.<\/p>\n<p><strong>Bares e restaurantes ao 75% e terrazas ao 80%<\/strong><br \/>\nOs establecementos de hostalar\u00eda e restauraci\u00f3n non poder\u00e1n superar o 75% da s\u00faa capacidade para o consumo no interior do local, que poder\u00e1 realizarse en barra ou en mesa, ou en agrupaci\u00f3ns de mesas, e deber\u00e1 asegurar o mantemento da distancia de seguridade.<\/p>\n<p>Por outra banda, nas terrazas ao aire libre o aforamento limitarase ao 80% das mesas permitidas con respecto ao ano anterior. A mesma norma seguirase nos espazos que, a\u00ednda que estean cubertos, estean rodeados lateralmente por un m\u00e1ximo de d\u00faas paredes e muros.<\/p>\n<p><strong>Museos e salas de exposici\u00f3ns<\/strong><br \/>\nO museos e salas de exposici\u00f3ns de titularidade p\u00fablica poder\u00e1n acoller as visitas ao p\u00fablico, exposici\u00f3ns temporais e actividades culturais ou did\u00e1cticas sen superar o l\u00edmite do 75% da capacidade permitida para cada unha das salas e espazos p\u00fablicos. Este l\u00edmite aplicarase tam\u00e9n naqueles eventos que impliquen concorrencia de varias persoas nun mesmo espazo, concertos e programas p\u00fablicos.<\/p>\n<p><strong>Praias con distancia interpersoal<\/strong><br \/>\nNas praias, os usuarios deber\u00e1n facer un uso responsable das instalaci\u00f3ns, tanto desde o punto de vista ambiental como sanitario. A ocupaci\u00f3n m\u00e1xima no uso de duchas e aseos ou vestiarios ser\u00e1 dunha persoa. Ademais, os concellos poder\u00e1n establecer l\u00edmites de acceso e de capacidade das praias, co fin de asegurar que se poida respectar a distancia interpersoal.<\/p>\n<p><strong>Actividades de natureza e tur\u00edstica<\/strong><\/p>\n<p>Poderanse realizar actividades de uso p\u00fablico en todos os espazos naturais que integran a rede galega de espazos protexidos, de conformidade co que dispo\u00f1an os seus respectivos instrumentos de planificaci\u00f3n e no presente acordo. Os visitantes dos espazos naturais protexidos deber\u00e1n procurar a circulaci\u00f3n pola s\u00faa dereita no seu tr\u00e1nsito por cami\u00f1os e pasarelas co obxecto de manter a distancia de seguridade interpersoal e un tr\u00e1nsito flu\u00eddo.<\/p>\n<p>Poder\u00e1n realizarse actividades de turismo activo e de natureza, organizadas por empresas habilitadas como empresas de turismo activo, contemplando as medidas de seguridade interpersoal ou de protecci\u00f3n f\u00edsica con uso de m\u00e1scara. A capacidade dos centros de interpretaci\u00f3n e visitantes ser\u00e1 do 75%.<\/p>\n<p><strong>Gu\u00edas tur\u00edsticos<\/strong><br \/>\nPoder\u00e1 realizarse a actividade de gu\u00eda tur\u00edstico, para grupos de at\u00e9 un m\u00e1ximo de vinte e cinco persoas, e deber\u00e1n establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade ou, na s\u00faa falta, medidas alternativas de protecci\u00f3n f\u00edsica con uso de m\u00e1scara. En calquera caso, deber\u00e1n respectarse as condici\u00f3ns en que deba desenvolverse a actividade de visita a monumentos e outros equipamentos culturais e procurarase evitar o tr\u00e1nsito por zonas ou lugares susceptibles de xerar aglomeraci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Centros recreativos tur\u00edsticos, zool\u00f3gicos e acuarios.<br \/>\nPoder\u00e1n realizar a s\u00faa actividade sempre que se limite a s\u00faa capacidade total aos dous terzos e ao cincuenta por cento nas atracci\u00f3ns, mantendo as debidas distancias ou, na s\u00faa falta, usando as alternativas de protecci\u00f3n f\u00edsica (m\u00e1scara). As visitas de grupos ser\u00e1n dun m\u00e1ximo de at\u00e9 25 persoas, inclu\u00eddo o monitor ou gu\u00eda<\/p>\n<p><strong>Discotecas e resto de establecementos de lecer nocturno<\/strong><br \/>\nOs locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno poder\u00e1n manter abertas ao p\u00fablico exclusivamente as terrazas ao aire libre cun m\u00e1ximo de aforamento do 75% das mesas permitidas no ano anterior, para consumo sentado en mesa, nas condici\u00f3ns que se indican a continuaci\u00f3n, xa que do mesmo xeito que as verbenas e as atracci\u00f3ns de feira, non se contempla a s\u00faa reapertura completa at\u00e9 o 1 de xullo.<\/p>\n<p><strong>Establecementos e locais de xogo e apostas.<\/strong><br \/>\nOs casinos, establecementos de xogos colectivos de di\u00f1eiro e de azar, sal\u00f3ns de xogo, salas de bingo, sal\u00f3ns recreativos, rifas e t\u00f3mbolas, locais espec\u00edficos de apostas e outros locais e instalaci\u00f3ns asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poder\u00e1n realizar a s\u00faa actividade sempre que non se superen os dous terzos da capacidade permitida, mantendo a distancia de seguridade interpersoal nas s\u00faas instalaci\u00f3ns, especialmente na disposici\u00f3n e uso das m\u00e1quinas ou de calquera outro dispositivo de xogo nos locais e establecementos en que se desenvolvan actividades ou, na s\u00faa falta, para a utilizaci\u00f3n de medidas alternativas de protecci\u00f3n f\u00edsica con uso de m\u00e1scara.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Aforamentos ao 75% en Galicia, m\u00e1scaras e distanciamento social marcar\u00e1n o comezo desta nova fase tras o final da estado de alarma para os nosos territorios Galicia alcanzou a denominada &#8220;nova normalidade&#8221; adiant\u00e1ndose practicamente unha semana ao resto do territorio espa\u00f1ol, tras obter a autorizaci\u00f3n do Goberno Central para dar por conclu\u00eddo o estado de &#8230; <a title=\"Galicia estrea a &#8220;nova normalidade&#8221;\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/galicia-estrea-a-nova-normalidade\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre Galicia estrea a &#8220;nova normalidade&#8221;\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29315","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29315","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29315"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29315\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29315"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29315"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29315"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}