{"id":29363,"date":"2020-06-30T10:04:19","date_gmt":"2020-06-30T10:04:19","guid":{"rendered":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/o-turismo-eixe-central-das-actuacions-da-deputacion-de-pontevedra-para-os-vindeiros-meses\/"},"modified":"2020-06-30T10:04:19","modified_gmt":"2020-06-30T09:04:19","slug":"o-turismo-eixe-central-das-actuacions-da-deputacion-de-pontevedra-para-os-vindeiros-meses","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-turismo-eixe-central-das-actuacions-da-deputacion-de-pontevedra-para-os-vindeiros-meses\/","title":{"rendered":"O turismo, eixe central das actuaci\u00f3ns da Deputaci\u00f3n de Pontevedra para os vindeiros meses"},"content":{"rendered":"<h4>A presidenta da Deputaci\u00f3n anuncia un plan de reactivaci\u00f3n tur\u00edstica dotado con 3,5 mill\u00f3ns de euros<\/h4>\n<p>Como sector fundamental para a provincia, tal e como o valorou a presidenta da Deputaci\u00f3n de Pontevedra, Carmela Silva, a Deputaci\u00f3n presentou o seu <strong>Plan de Reactivaci\u00f3n do Turismo<\/strong> dotado con 3,5 mill\u00f3ns de euros co que o ente supramunicipal busca &#8220;dar respostas \u00e1s necesidades do sector tur\u00edstico da provincia ante a importancia de sumar esforzos entre o tecido empresarial e as distintas administraci\u00f3ns&#8221;.<\/p>\n<p>A presidenta detallou ademais que se trata dunha iniciativa transversal con medidas concretas vertebradas en cinco eixos centrais: aspectos legais e financeiros para garantir a solvencia financeira \u00e1s empresas; prevenci\u00f3n, seguridade, sa\u00fade e hixiene, con formaci\u00f3n e adopci\u00f3n de protocolos de garant\u00eda sanitaria; dixitalizaci\u00f3n e competitividade, con actuaci\u00f3ns encami\u00f1adas a converter ao TIC en ferramentas de xesti\u00f3n do sector tur\u00edstico, tanto para os concellos como para o sector persoal; fomento da demanda de produtos e servizos tur\u00edsticos coa posta en marcha de acci\u00f3ns para reactivar o consumo local e estimular a atracci\u00f3n de turistas en todas as comarcas da provincia e, por \u00faltimo, promoci\u00f3n do destino R\u00edas Baixas co impulso dun paquete de comunicaci\u00f3n e comercializaci\u00f3n a nivel galego e nacional, as\u00ed como tam\u00e9n en Portugal, cunha campa\u00f1a &#8220;ligada \u00e1 proximidade e centrada na promoci\u00f3n da provincia como destino seguro, de natureza, de cultura e onde gozar con toda a confianza&#8221;, explicou Silva.<\/p>\n<p>Na s\u00faa elaboraci\u00f3n involucrouse tanto a Deputaci\u00f3n como a Mesa Provincial de Turismo como concellos e o propio sector tur\u00edstico, a trav\u00e9s de enquisas que permitiu co\u00f1ecer a situaci\u00f3n real do sector definida pola paralizaci\u00f3n da actividade e limitaci\u00f3ns na mobilidade, a necesidade de liquidez das empresas, os propios ERTE, a crise de confianza, os novos h\u00e1bitos de consumo e a perda de poder adquisitivo das familias&#8221;.<\/p>\n<p>Ante esta situaci\u00f3n o plan fai fincap\u00e9 na necesidade de centrarse na sa\u00fade, hixiene e seguridade; nos ODS, na innovaci\u00f3n e dixitalizaci\u00f3n e no turismo de experiencias asociado \u00e1 natureza e a sustentabilidade. Ademais, o plan recolle a necesidade de apostar por un incremento da venda online con flexibilidade, na seguridade e confianza no transporte p\u00fablico e na necesidade de crear un modelo de xesti\u00f3n e gobernanza tur\u00edstica coordinado a nivel local, nacional e europeo.<\/p>\n<p>O Plan de Reactivaci\u00f3n tam\u00e9n detecta fortalezas e necesidades do sector tur\u00edstico na provincia de Pontevedra como a necesidade de reforzar m\u00e1rcaa R\u00edas Baixas como destino seguro, a importancia de garantir a viabilidade e supervivencia do tecido empresarial e do emprego, a potenciaci\u00f3n e competitividade das persoas traballadoras e empresas e o impulso da demanda e do turismo de proximidade. Tam\u00e9n contempla catro posibles escenarios, desde un escenario optimista, a un central, de recuperaci\u00f3n e de posible rebrote. A\u00ednda que se trata dun documento vivo coa finalidade de adaptarse \u00e1s situaci\u00f3ns que se poidan dar en cada momento, o Plan parte dun posible escenario de recuperaci\u00f3n r\u00e1pida do turismo nacional e unha recuperaci\u00f3n lenta do internacional, cunha ca\u00edda de visitantes no 2020 do 53,96% e no 2021 do 22,51%.<\/p>\n<p><strong>Enquisa sobre a situaci\u00f3n do sector como consecuencia da Covid-19<\/strong><br \/>\nO estudo realizado no marco do Plan de Reactivaci\u00f3n do destino Pontevedra provincia, no que participaron 200 empresas das diferentes comarcas da provincia, destaca que o 47% delas ti\u00f1an menos de 6 persoas traballadoras; o 86% das empresas tiveron que deter a s\u00faa actividade por completa e soamente un 13% puido manter o 25% da actividade; o 29% tivo que acollerse a un ERTE de forza maior e o 25% por causas produtivas.<\/p>\n<p>De face ao segundo semestre do 2020, o 40% cren que ter\u00e1n menos dun 25% de actividade, un 37% entre un 25-50% de actividade e un 17% que non poder\u00e1n renovar a s\u00faa actividade. As empresas sinalan, ademais, que ampliar\u00e1n as medidas de prevenci\u00f3n, seguridade e protecci\u00f3n, reorientar\u00e1n os seus produtos e servizos e incrementar\u00e1n a dixitalizaci\u00f3n de canles de venda. Tam\u00e9n, a trav\u00e9s das enquisas, fixeron fincap\u00e9 na necesidade dunha maior coordinaci\u00f3n entre administraci\u00f3ns para a promoci\u00f3n de novos produtos e servizos de proximidade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A presidenta da Deputaci\u00f3n anuncia un plan de reactivaci\u00f3n tur\u00edstica dotado con 3,5 mill\u00f3ns de euros Como sector fundamental para a provincia, tal e como o valorou a presidenta da Deputaci\u00f3n de Pontevedra, Carmela Silva, a Deputaci\u00f3n presentou o seu Plan de Reactivaci\u00f3n do Turismo dotado con 3,5 mill\u00f3ns de euros co que o ente &#8230; <a title=\"O turismo, eixe central das actuaci\u00f3ns da Deputaci\u00f3n de Pontevedra para os vindeiros meses\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/o-turismo-eixe-central-das-actuacions-da-deputacion-de-pontevedra-para-os-vindeiros-meses\/\" aria-label=\"Le m\u00e1is sobre O turismo, eixe central das actuaci\u00f3ns da Deputaci\u00f3n de Pontevedra para os vindeiros meses\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-29363","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29363","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29363"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29363\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29363"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29363"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/desarrollo.clusterturismogalicia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29363"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}